Noticias

El PPdeG aprueba en solitario implicar al Gobierno gallego y las universidades para analizar cómo retirar el Pazo de Meirás a la familia Franco

Los votos del PPdeG fueron los únicos que respaldaron la propuesta parlamentaria de pedir a la Xunta de Galicia que, en colaboración con las universidades, estudie todos los mecanismos que permitan incorporar al patrimonio público el Pazo de Meirás, actualmente en manos de la familia Franco. La oposición, en bloque, se ha abstenido, después de intentar una vez más que el Parlamento reclame la ilegalización de la fundación que lleva el nombre del dictador. El PSdeG pide terminar con esta anomalía. Una petición que también apoya el BNG que habla de "vergoña democrática" y símbolo de la "impunidad" de la familia Franco.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:

O Parlamento de Galicia aprobou a proposición non de lei do Grupo Popular, coa abstención de todos os grupos da oposición, a través da que se demanda á Xunta que realice un estudo xurídico, en colaboración coas universidades galegas, que analice a posibilidade e mecanismos que, respectando a legalidade vixente, permitan incorporar ao patrimonio público a propiedade das Torres de Meirás, sen que isto implique un novo custo para o pobo de Galicia, que xa o asumiu no ano 1938.

O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, subliñou que o obxectivo principal é a “recuperación para o patrimonio público do Pazo de Meirás a través dunha documentación xurídica que probe e determine como levar adiante este proceso”. Por este motivo, “avogamos por que este informe sexa elaborado por unha comisión de expertos o máis plural e técnica posible, que estableza xuridicamente os pasos a seguir, incluíndo a posible modificación das leis cumprindo sempre coa lexislación vixente”.

Puy lamentou que “a intransixencia dos socialistas privara da aprobación por unanimidade dun acordo para a creación desta comisión de expertos que estude as posibilidades de incorporar o Pazo de Meirás ao patrimonio público”. En primeiro lugar, o portavoz popular chegou a propoñer a retirada da súa proposición de lei para votar unicamente a proposición socialista e, unha vez que os socialistas incorporaron as emendas de En Marea e BNG á súa proposición de lei, tamén se negaron a que se votara por puntos esta iniciativa.

Deste xeito, finalmente aprobouse a proposición non de lei do Grupo Popular, sen ningún voto en contra por parte da oposición. “Da división amosada hoxe no Parlamento, auspiciada polo Grupo Socialista, os únicos que poden sacar proveito son os propietarios do Pazo de Meirás”, indicou Pedro Puy.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:

A portavoz de Cultura do Grupo Socialista, Concepción Burgo, reclamou a reversión da propiedade do Pazo de Meirás á titularidade pública como forma de “rematar xa” coa “anomalía democrática”. O PP rexeitou esta proposta socialista transaccionada co resto dos grupos para pedir tamén a ilegalización da Fundación Franco, que actualmente xestiona as visitas ao BIC.

A responsable socialista urxiu a recuperar este ben, nunha situación agravada polos “incumprimentos da familia Franco” á hora de permitir unhas visitas ao inmoble xestionadas pola Fundación Franco mentres “fai apoloxía do Franquismo”. Advertiu que se trata dun “botín de guerra” adquirido polo ditador en plena Guerra Civil deixando “probas documentais múltiples” de que se trata dunha “propiedade ilexítima”.

Os socialistas reclamaban a constitución dunha comisión técnica especial coa participación de Xunta, Deputación de Coruña e os concellos de Sada e A Coruña, garantindo “pluralidade institucional e política” para dirixir o traballo de expertos en historia e dereito para abrir vías á recuperación do inmoble. Explicou que esta Comisión podería suxerir as reformas legais necesarias para garantir a recuperación do ben.

Burgo explicou que se trata dunha “inxustiza histórica que non pode manterse” e puxo como exemplo “países que viviron períodos dirixidos por ditadores”, e sinaladamente o caso de Alemaña, que “atopou a maneira de devolverlle aos xudeus as propiedades usurpadas polo nazismo”.

Os socialistas reivindicaron unha “fórmula que inclúa a todos”, e por iso aceptaron as emendas presentadas polo resto de grupos da oposición, que sen embargo foron rexeitada polo PP. Finalmente foi aprobada unha iniciativa “insuficiente” do PP que non contemplaba nin a constitución da dita Comisión nin a posibilidade de abrir vías para a reforma legal, e que contou por iso coa abstención do PSdeG.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:

O deputado do BNG, Luís Bará criticou que o Partido popular defenda crear unha comisión sobre o Pazo de Meirás cando xa existe unha iniciativa impulsada pola Deputación da Coruña, concellos e asociacións para a recuperación da memoria histórica traballando para a devolución do Pazo e dos bens espoliados ao pobo galego polo que pediu á Xunta de Galiza apoiar e sumarse a esta iniciativa. Hoxe, dixo o nacionalista, estamos a falar da devolución do Pazo de Meirás despois de 80 anos do seu roubo e 42 anos da morte do ditador e preguntou como é posible que “bens roubados” sigan en mans da familia Franco. Estamos, ante “unha anomalía histórica e unha vergoña democrática” que pon en evidencia as “complicidades co franquismo, complicidades que tamén existiron durante a Transición e diso sabe moito o Partido popular, “7 fundadores de Alianza Popular foron ministros do franquismo”.

Meirás, afirmou o deputado do BNG, é o símbolo da “impunidade” que segue desfrutando a familia do caudillo ao que sumou os títulos nobiliarios do Señorío de Meirás e Ducado de Franco, unha “vergoña para unha democracia”. Hai que coñecer a verdade dun espolio, dun roubo perpetrado por un réxime “ilegal, saído dun golpe de Estado” e o espolio dunha organización corrupta que foi a que roubou Meirás e os bens ao pobo galego. Agora, explicou Bará, o Partido popular fai unha proposta “limitada e con moitos erros e inexactitudes” como manobra para acalar o clamor social a favor da devolución dos bens roubados. Vostedes, dixo, dirixíndose ás bancadas populares, negáronse a tramitar a declaración BIC do Pazo de Meirás e mesmo Feijóo chegou a declarar que non era un Pazo, que eran só unhas torres.

O PP rexeitou sistematicamente todas as iniciativas para a devolución de Meirás e demostrou a súa complicidade coa familia e Fundación Franco mesmo “regalándolle 53.000 de subvención para abrir o pazo”. Agora, reiterou veñen cunha iniciativa de “boicot e contra programación á iniciativa tomada pola Deputación da Coruña xunto outras institucións e concellos para crear unha xunta pro-devolución do Pazo ”.

O deputado volveu pedir que o Parlamento formulara unha condena da Fundación Franco. Que o Partido popular condene as declaracións de apoloxía do franquismo e evite que o guía das visitas ao pazo de Meirás sexa “un policía represor”. Bará volveu pedir a ilegalización da Fundación Franco por apoloxía do xenocidio e do franquismo.

O obxectivo, remarcou, é recuperar Meirás e todos os bens espoliados e ademais, “expulsar o franquismo de Galiza e da democracia”. O goberno galego debe sumarse a iniciativa impulsada pola Xunta pro devolución do Pazo de Meirás e non boicotear iniciativas que xa están en marcha. A proposición non de lei para crear a comisión saíu adiante só cos votos do grupo popular.

R., 2017-09-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (radio-na-biblio.jpg) O programa Radio na Biblio, que vai polo noveno ano en funcionamento, chega este curso a 245 centros de ensino que contan cun laboratorio de radio no que traballan as competencias vencelladas á alfabetización mediática, lingüísticas ou de expresión escrita e oral, entre outros. Con nove cursos en marcha, trátase dun programa consolidado que aproveita a posta en marcha dunha emisora de radio na biblioteca para traballar habilidades e destrezas e que permite o tratamento de contidos curriculares mediante metodoloxías activas e innovadoras que facilitan a aprendizaxe. Ademais, as actuais tecnoloxías da información e da comunicación facilitan o uso da radio como ferramenta pedagóxica de gran alcance para a difusión dos proxectos e iniciativas do centro educativo.
Foto de la tercera plana (aitor-martinez.jpg) Tivo lugar a na cerimonia de entrega dos XVIII Premios Nacionais de Artesanía 2025, na que resultaron premiadas dúas candidaturas galegas. O artesán Aitor Martínez López de Arbina (Tomiño), especializado en tornería de madeira, resultou gañador na categoría Produto e a Fundación Artesanía de Galicia obtivo o recoñecemento na categoría Promociona para Entidades Públicas polo seu proxecto 'Artesanía no Prato'.

Notas

O encontro 'Tecnoloxía en galego: resultados de ILENIA– Proxecto Nós' serviu para dar a coñecer os resultados dos últimos tres anos de traballo do Proxecto Nós no marco de ILENIA, unha iniciativa orientada a avanzar en recursos e capacidades en tecnoloxías lingüísticas, en particular para as linguas do Estado. Datos, casos de uso e ferramentas abertas de tradución automática, síntese de voz e modelos lingüísticos en galego déronse a coñecer neste foro que se desenvolveu no Centro de Estudos Avanzados.
O Centro de Arte Fundación Maria José Jove (FMJJ) en colaboración con Normal, o Espazo de Intervención Cultural da Universidade da Coruña (UDC), celebran hoxe xoves a terceira edición do encontro Dentro–Fora, que se enmarca no programa de residencias artísticas que ambas as institucións desenvolven conxuntamente.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES