Noticias

El BNG denuncia una agenda oculta de Feijóo sobre la sanidad privada. El PPdeG hace un balance positivo del primer año de la nueva legislatura

La portavoz nacional del BNG, Ana Pontón, ha denunciado que el presidente gallego y su Gobierno mantienen "una agenda oculta de reuniones con la patronal de la sanidad privada". Pontón cree que es "urgente" que Feijóo dé explicaciones y acusa al PPdeG de favorecer que "empresas amigas" hagan "negocio" con la salud. El BNG considera que esta agenda de reuniones vulnera la "ley de transparencia" y la vincula con las "privatizaciones y los recortes" en sanidad. El PPdeG valora el primer año de la nueva legislatura.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón denuncia que no mes de maio Feijóo participou nunha “reunión privada” coa patronal da sanidade que coincidiu, poucos meses máis tarde, coa proposta para “aumentar o desvío de fondos públicos á sanidade privada.” Pontón anunciou que o BNG pedirá explicacións no Parlamento galego ao presidente da Xunta por “incumprir a lei de transparencia” e “favorecer empresas amigas”. Ademais, o BNG tamén preguntará si esta proposta chantaxe” se verá reflectida nos vindeiros orzamentos para desviar fondos públicos co fin de que “engorden empresas privadas.

Os recortes na sanidade non foron produto da crise, afirmou a nacionalista, foron privatizacións que responden a “un modelo económico” e unha posición “ideolóxico política” do Partido popular que resulta un fracaso. Recorrer á sanidade privada “non é a solución” e demostra que o único hospital privado cun área sanitaria como POVISA “duplica as listas de espera cirúrxica dos centros públicos galegos”.

Na comparecencia ante os medios de comunicación salientou que durante os últimos 8 anos, Núñez Feijóo, á cabeza do goberno galego, impulsou todo tipo de medidas e recortes que provocaron unha redución na sanidade pública de 2.000 millóns de euros, 2.000 profesionais menos, 700 camas pechadas e listas de espera que seguen medrando. Nos últimos catro anos, explicou incrementáronse en máis de 20.000 persoas o número de pacientes que agardan por seren atendidos, “decembro de 2012, 166.169 pacientes, no mesmo ano en 2016, 206.380”. Os recortes teñen unha gravísima repercusión nos servizos sanitarios e evidencian que a senda elixida por Núñez Feijóo “é un fracaso”, apostilou.

Ana Pontón denunciou “a axenda oculta” do Partido popular para privatizar cada vez máis a sanidade pública polo que pediu retirar a reforma da Lei que está a cociñar a Xunta e poñer en marcha un plan de choque contra as listas de espera desde a sanidade pública a través de máis recursos e persoal. As listas de espera poden reducirse se existe “vontade política” incrementando o rendemento da sanidade, recalcou.

Ante as recentes declaracións de Núñez Feijóo publicadas en diversos medios, a líder do BNG asegurou que temos un presidente sentado nun diván elucubrando entre “a psicanálise e o insulto”. Núñez Feijóo, dixo Pontón, “fáltalle ao respecto as galegos e galegos que non pensamos coma el” e recoméndolle que se sitúe en ser presidente da Xunta de Galiza. “Mellor nos iría se deixara de xogar a ser Sigmund Freud e o recadeiro de Mariano Rajoy”. Ao longo destes meses comprobamos como acepta submisamente todos “os desplantes e discriminación que o Estado ten co noso país”, neste sentido, a portavoz nacionalista lembrou o veto para a transferencia da AP-9, os retrasos no AVE, os recortes nos servizos públicos e financiamento ou o desmantelamento do sistema financeiro. Alberto Núñez Feijóo practica o “si bwana a todo o que ven de Madrid.

A diferencia das propostas do Partido popular, o BNG defende “non ter complexos de ningún tipo porque os galegos e galegas temos capacidade para tomar decisións sobre o que nos afecta” e que mellor que as tomenos nós e non deixemos que as tomen outros por Galiza. Pontón preguntou se Feijóo considera que as decisións debemos tomalas nós ou se prefire que as tome Rajoy, Montoro ou Merkel.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:

O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, cualificou este primeiro ano da X lexislatura como “frutífero en todos os sentidos”, aínda que recoñeceu que “queda moito por facer e continuaremos traballando para mellorar a situación xeral, especialmente daqueles que quedaron máis excluídos do mercado laboral como consecuencia da crise económica”.

Pedro Puy salientou que “a situación é significativamente mellor que hai un ano en todos os parámetros, tanto de emprego, como da marcha da economía, as exportacións ou na xestión directa da ampliación de bens públicos en sanidade, a dependencia ou as escolas infantís”.

Así mesmo, considerou “un ano perdido” para os grupos da oposición, xa que “estamos exactamente igual que ao inicio da lexislatura: sen que teñan establecidos os liderados, como é habitual nun momento postelectoral cando os resultados non acompañan”.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de En Marea:

O voceiro de En Marea, Luís Villares, fixo balance do primeiro ano de lexislatura de Alberto Núñez Feijóo, que cualificou de decepcionante. “O primeiro ano desta lexislatura podemos dicir que foi unha maioría decepcionante do PP para o conxunto da cidadanía de Galicia e unha alternativa en consolidación clara que ofrece un modelo ilusionante para o conxunto do país” asegurou Luís Villares.

A maioría de Feijóo non lle serviu a Galicia para sacar ningún proveito en prol da cidadanía como declarou o voceiro de En Marea que engadiu que só PP só pode ser cualificada como “ruinosa”.

“Temos un Partido Popular e un presidente Feijóo condenado a irrelevancia política xusto no momento no que esa maioría era máis valiosa e podería ter un maior peso político no conxunto do Estado, temos un Núñez Feijóo que non pinta absolutamente nada dentro do seu partido” afirmou Villares quen asegurou que é “un mal negocio para Galicia votar ao PP”.

Un ano despois daquela campaña na que Feijóo presumía de ser militante de Galicia e repetía unha e outra vez aquelo de: Galicia, Galicia, Galicia. “Un ano despois pasoulle como a San Pedro, renegou tres veces de Galicia non antes de que cantara o galo pero si antes de que pasase un ano” comentou o voceiro de En Marea. Unha afirmación que se constata en tres momentos concretos. En primeiro lugar renegou de Galicia en relación a AP9 a pesar de que non era unha posición unánime do Parlamento de Galicia e “tivo que recibir a fuciñada reiterada do seu propio partido unido, de Ana Pastor” unha situación que asegurou Villares “non pode ser considerada máis que de humillante para unha persoa que sustenta a única maioría absoluta do Estado español”.

Renegou de Galicia nunha segunda ocasión co tema do AVE e “veu o ministro de Fomento aqui a dicirlle na súa propia cara que non se ían cumprir os prazos que el sinalaba para despois ter que ir Feijoo a Madrid para recibir instrucións de cales serían os novos prazos”. Unha situación indignante que supón renegar absolutamente de Galicia.

E en terceiro lugar, cos orzamentos do Estado para 2017 que supuñan un 30 por cento menos de investimento para Galicia mentres outras comunidades “moito máis bravas” recibían 4.000 millóns de euros, “e Feijóo, caladiño”.

Estas cuestións evidencia que “a Galicia non lle compensa ter unha maioría do PP, non lle compensa ter un delegado do Goberno do Estado que se comporta de xeito unicamente sucursalista, e xa sabemos o que acontece coas sucursais como co Banco Pastor, que se acaban pechando”.

Un ano de lexislatura decepcionante, non só no plano externo tamén no interno xa que “as promesas do discurso de investidura do propio Feijóo foron totalmente incumpridas”. Luís Villares referiuse a tres. A primeira delas a afirmación de que esta ía ser a lexislatura do rural. Un ano despois queda na lexislatura de exterminio do medio rural. “O Goberno Feijóo está actuando en positivo para desactivar o medio rural” afirmou Villares e proba disto é o plan de transportes que deixa comarcas enteiras no rural incomunicadas, ou o anteproxecto de reforma do plan de saúde de Galicia que está a ser rexeitada “tamén polos que foron votantes do PP, agora decepcionados co Goberno Feijóo”.

O PP prometía tamén que ía ser a lexislatura do pacto contra o devalo demográfico, un ano despois non hai nada. Ía ser lexislatura do emprego, e está sendo a lexislatura da precariedade laboral sen que Feijóo nin o seu goberno faga nada para loitar contra esta situación.

Todo isto leva a afirmar que este primeiro ano de lexislatura “é decepcionante”. E fronte a isto, En Marea, unha forza nacida na emerxencia de atallar unha crise que era unha estafa estase a consolidar como unha verdadeira alternativa para o noso país. Un ano no que o grupo de En Marea non se conformou con estar coa xente na rúa e escoitar as súas demandas, senón que presentou propostas para solucionar os problemas da xente e na procura de mellorar a súa vida. Propostas en materia de sanidade, educación, en materia social, vivenda, enerxía, emprego e de xeito especial de xustiza social, “mentres Feijóo mira para outro lado”.

Fotografía: archivo GD/Xunta de Galicia.

R., 2017-09-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (emprego-oficina.jpg) Por que o universo dos activos dixitais semella un mundo masculino? Por que a maioría de ‘influencers’ do mundo cripto que saen á palestra son homes? Está equilibrada a proporción entre homes e mulleres nos consellos de administración das empresas? Estas son algunhas das preguntas ás que se deu resposta este luns na VI Xornada de igualdade de xénero e Dereito Mercantil, actividade dirixida desde a Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo polas docentes Sara Louredo e Ana Mª Aido e para a que, nesta ocasión, se contou coa participación de dúas profesoras expertas en Dereito Mercantil: Vanessa Jiménez, da Universidad de Salamanca, e Josefina Boquera, da Universidad de Valencia.
Foto de la tercera plana (20240423-xunta.jpg) Un total de 23 os equipos de 19 colexios e institutos participaron no lanzamento de satélites elaborados por parte de centros educativos galegos no marco da fase autonómica do programa da Axencia Espacial Europea Cansat 2024, que se desenvolveu no aeródromo das Gaivotas, en Cerceda. A xornada desenvolveuse arredor de tres actividades: un obradoiro de foguetes químicos e de auga impartida polo alumnado do Centro Público Integrado O Cruce (Cerceda), unha exhibición de drons a cargo de Aeromedia e o lanzamento dos satélites. O secretario xeral técnico da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Manuel Vila, acompañou os alumnos nesta xornada.

Notas

O Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero (CIFEX) da USC participa na organización do primeiro Congreso Internacional sobre Feminismos e Humor ‘HumorSofías’, que se desenvolverá os días 7 e 8 de maio na facultade compostelá de Filoloxía. A inscrición no encontro, organizado ademais pola Universidade Complutense de Madrid e o Middlebury College con financiamento da Deputación da Coruña, é gratuíta ate completar aforo.
Desde principios do ano 2023, persoal investigador das universidades de Vigo e Oviedo e da empresa EOSOL Ingeniería desenvolven o proxecto Antennas for Underground Communications. O seu obxectivo é proporcionar á Axencia Espacial Europea (ESA) o deseño conceptual dunha antena de comunicacións que poida funcionar no interior de covas da Lúa. A súa proposta vén de someterse con éxito a ensaios técnicos no campus de Ourense.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES