
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de CC.OO.-Galicia:
CCOO critica que o anteproxecto se elaborou «de costas» á representación legal das traballadoras e dos traballadores da sanidade. Os sindicatos non foron consultados en momento ningún, é máis, o texto do anteproxecto foi publicado no Portal de Transparencia da Xunta horas antes de llelo remitir formalmente ás organizacións sindicais. «Así é como concibe o noso Goberno a negociación e a transparencia», censura Ángel Cameselle, secretario xeral de CCOO-Sanidade.
A Federación de Sanidade de CCOO rexeita a supresión das áreas sanitarias de Monforte de Lemos, O Barco de Valdeorras, Burela e O Salnés. A conversión destas áreas en distritos «supón unha penalización», asevera Cameselle. O sindicalista prevé que esta decisión obrigue os doentes a se desprazaren a outros hospitais, ao tempo que aumenten a «precariedade e marxinación» dos centros de saúde dos futuros distritos.
Canto ao aspecto laboral, Cameselle censura que o anteproxecto non clarexe as repercusións para o persoal en materias como ofertas públicas de emprego (OPE), mobilidade voluntaria e forzosa ou novas contratacións, entre outras.
Outro argumento da Xunta é o suposto achegamento da sanidade e dos seus profesionais á cidadanía, para converter o doente no «centro» do sistema. Porén, «farán xustamente o contrario», asegura Cameselle: «con menos medios nos hospitais comarcais, a alternativa será desprazarse a Lugo, Ourense ou Pontevedra, incluso acudir a centros privados».
Amais de rexeitar o anteproxecto e reivindicar unha negociación «real», CCOO-Sanidade esixe máis e mellores recursos para a sanidade pública, comezando por unha «OPE excepcional» que permita reducir a eventualidade e recuperar o emprego perdido nos últimos anos.
O sindicato pide tamén dotar de servizos e persoal os centros precarizados, especialmente as catro áreas sanitarias que se prevé suprimir, así como os hospitais de Verín, O Barbanza e Cee; acabar cos peches de camas e abrir tanto os quirófanos como os servizos centrais laboratorios, radioloxía e consultas na quenda de tarde; contratar persoal para os hospitais en vez de lles dar prioridade ás peonadas e nos centros de atención primaria rematando coa voluntariedade; dotar de persoal e recursos a atención primaria; por último, reverter as privatizacións e concertos na sanidade pública.
Fotografía: Gabinete de Comunicación de CC.OO.-Galicia
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.