
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Universidade de Santiago de Compostela (USC):
O curso 2017-2018 será tempo de renovar o noso compromiso coa sociedade. Un compromiso que debe compatibilizar a defensa dos intereses da nosa universidade, coa obriga de satisfacer as demandas sociais. Juan Viaño concretou nestas liñas a filosofía que rexerá o novo curso académico e que coincidirá co último tramo do actual mandato reitoral. Quédanos pois, arredor dun semestre para a conclusión do plan de goberno maioritariamente votado en 2014 e que debe ser o primeiro paso da etapa de crecemento e consolidación do modelo da Universidade de Santiago de Compostela para o primeiro cuarto do século XXI. Viaño asume como unha obriga para este tempo crear as bases dunha nova etapa universitaria onde o debate non estea polarizado polo financiamento, senón polo coñecemento.
O noso compromiso coa sociedade e a crecente complexidade dos retos a afrontar obrígannos a unificar esforzos achegando o mellor de cada quen para conseguir construír esa universidade que ideamos, afirmou o reitor compostelán no seu discurso de apertura do curso. Chegamos á idea, pero agora, como dicía Sophie Germain, influínte matemática francesa do século XIX, o importante é que cheguemos lonxe dela.
Á vista dos principais fitos na vida da institución universitaria compostelá dos últimos anos, Juan Viaño considera que a USC está hoxe en condicións de demostrar unha excelencia académica e investigadora sólida e incontestable, que dimana da calidade, do talento e da dedicación do seu profesorado, dos seus investigadores e investigadoras, do seu persoal de administración e servizos e do seu estudantado.
Ao longo deste últimos anos, tivemos que tomar medidas difíciles que afectaron ao noso quefacer diario. Tíñamos clara unha cousa: precisabamos combinar os axustes no gasto, a redución da débeda e a eliminación do déficit co crecemento económico sustentable, coa internacionalización da nosa actividade e coa revitalización do cadro de persoal, incorporando e estabilizando talento, engadiu no seu discurso o reitor. Fronte ao punto de partida, Viaño adiantou que remataremos 2017 cun resultado positivo, que fará que reduzamos o déficit en 8 millóns de euros (50%). Tamén minguamos a débeda en preto de 14 millóns de euros (aproximadamente un 30%) e ampliamos os nosos ingresos en 27 millóns de euros (un incremento do 5%).
Nesta ocasión, a lección inaugural impartiuna o catedrático Juan Lema Rodicio co título A Enxeñaría Química ao servizo da sociedade. O profesor Lema aproveitou a ocasión para reivindicar o papel decisivo da química e, máis particularmente, da enxeñaría química, disciplina que trata de levar á práctica procedementos descubertos a escala laboratorio. Xustificando este enfoque, Juan lema afirmou que o seu colectivo séntase en ocasións incomprendido e pouco valorado cando, acotío, observamos que para o gran público a química vén sendo un sinónimo de artificial, molesto, contaminante ou mesmo perigoso.
Coa súa lección inaugural deste curso 2017-2018 o conferenciante tratou de convencer ao seu público de que os profesionais da Enxeñaría Química temos xogado un papel moi relevante no benestar da humanidade e do noso planeta, co desenvolvemento de produtos e procesos sen os cales non só seriamos unha sociedade menos desenvolvida senón tamén menos xusta e sustentable.
A secretaria xeral, Consuelo Ferreiro, foi a encargada de presentar a memoria do pasado curso académico na que destacou a presenza da muller na universidade. Ademais, o documento fixo un percorrido polos principais indicadores da actividade universitaria durante 2016-2017 nun relatorio que comezou coa dimensión docente, tanto dende o punto de vista do estudantado como do profesorado e as titulacións, e que continuou aludindo á actividade investigadora da USC, así como á labor de xestión e a actividade cultural.
Fotografía: Gabinete de Comunicación de la Universidade de Santiago de Compostela (USC)
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.