
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:
O informe dos expertos designados polas CCAA para un novo modelo de financiamento fixo saltar as alarmas no BNG porque a proposta que se formula, lonxe de avanzar en capacidade fiscal e financeira, abre a porta a que Galiza reciba menos ingresos. Imos para atrás como os cangrexos, advertiu a portavoz nacional, Ana Pontón.
É prexudicial para este país porque non aporta máis recursos, nin máis capacidade financeira para blindar servizos públicos, nin para poñer en marcha unha fiscalidade máis xusta onde paguen máis os que máis teñen, salientou Pontón.
É un despropósito que podamos ir a un modelo que nos deixe peor do que estamos, sintetizou, porque por primeira vez a reforma do sistema non ven acompañada de recursos adicionais por parte do Estado, e as vías para conseguir recursos adicionais son a subida do IVE e aplicar novos copagamentos a servizos básicos. Nun país cuxos salarios están entre os máis baixos, a proposta é subir o regresivo imposto do IVE no que paga igual unha traballadora da hostalería que Amancio Ortega, criticou.
Ante esta situación, o Bloque pide ao Goberno que remita ao inicio do período de sesións a súa proposta para o futuro modelo de financiamento autonómico, para que sexa debatido con todas as forzas políticas. Ao mesmo tempo ratifica a súa aposta polo concerto económico que aportaría 3.500M adicionais a Galiza, cos que blindar e os servizos públicos e mellorar a calidade de vida dos galegos e das galegas.
Pontón considera que se trata dun moi mal punto de partida nunha cuestión vital na que hai moito en xogo, e chamou a atención sobre o feito de que a Xunta fose, ao lado de Asturias e Murcia, as únicas que aceptaron integramente o contido do informe fronte aos votos particulares presentados polo resto dos expertos designados polos gobernos autonómicos.
Pontón tamén fixo referencia á visita do ministro de Fomento acompañado do presidente da Xunta, en plena polémica polo segundo veto de Rajoy á transferencia da AP9.
Hoxe o ministro non pode irse de Galiza sen levantar o vergoñento veto á AP9 demostrando respecto por este país anunciando que a transferencia se vai axilizar, porque a xestión directa desde aquí é o primeiro paso para dar un mellor servizo e acabar coa estafa das peaxes, reclamou.
Igualmente, reclamou de Feijóo que exerza de presidente galego e deixe de facerlle os coros ao ministro de Fomento para pasar a defender os intereses do país.
A imaxe de Feijóo e De La Serna colocando primeiras pedras nunha autovía que leva dúas décadas de retraso retrata a discriminación do Estado con este país. Vemos os 1.000M para axilizar o AVE a Euskadi, os 3.500 M para rescatar as radiais madrileñas e acaba de desbloquearse o corredor do Mediterráneo e para Galiza anuncio de 11,7 quilómetros para unha autovía que tiña que estar en funcionamento fai 20 anos e cuxas obras duran máis cas do Escorial, alegou.
Ante o regueiro de incumprimentos do Estado, o Bloque demanda un plan urxente de investimentos cun calendario serio que acabe co agravio, ao tempo que, no curto prazo, reclama man firme con AUDASA empezando por sancionar á concesionaria por unha xestión deficiente e abusiva, esixirlle que levante as barreiras das peaxes se as colas superan o quilómetro porque o que non pode e facer caixa atrapando a miles de usuarias e usuarios nas peaxes, e baixar as peaxes nos tramos en obras.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.