Noticias

La Diputación Provincial de Ourense analiza la posibilidad de crear un premio de teatro con el nombre de Carlos Casares

La Diputación de Ourense estudia crear un premio de teatro infantil y juvenil en gallego que lleve el nombre del escritor Carlos Casares, al que se le dedicó el Día das Letras Galegas este año. La propuesta fue planteada por la Asociación Galega de Literatura Infantil e Xuvenil (GÁLIX) y consistiría en un premio anual que se convocaría coincidiendo con la fecha de nacimiento de Casares, el 24 de agosto.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Diputación Provincial de Ourense:

A Deputación de Ourense estuda crear un premio de teatro infantil e xuvenil en lingua galega que leve o nome do escritor ourensán Carlos Casares, autor a quen se lle dedicou este ano o Día das Letras Galegas. A proposta é unha iniciativa da Asociación Galega de Literatura Infantil e Xuvenil (Gálix) que foi analizada na reunión que mantivo o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, co presidente desta entidade cultural e da Organización Española para la Literatura Infantil (OEPLI), Xosé A. Perozo; co ilustrador Antonio Seijas, vicepresidente de Gálix; e cos editores Mercedes Pachego, de Auga Editora, e David Cortizo, de Urco.

O presidente do goberno provincial destacou a importancia "de seguir potenciando a figura de Carlos Casares, un dos grandes das nosas letras, escritor cuxa obra é para todos os públicos, motivo polo cal, entre todos temos a obriga de difundila e achegala ao maior número de persoas por medio de diferentes formatos literarios e artísticos, ademais de promover a creación e a innovación no ámbito cultural", afirma Manuel Baltar.

Este premio de teatro infantil e xuvenil tería carácter anual e a súa convocatoria coincidiría coa data de nacemento de Carlos Casares, o 24 de agosto, así como o ditame do xurado, na mesma data, en 2018. O Teatro Principal de Ourense acollería posteriormente, no nadal dese ano, a representación da obra premiada.

A Deputación de Ourense e Gálix valoran levar a cabo conxuntamente esta iniciativa cultural co obxectivo de fomentar a produción de textos dramáticos en galego dirixidos ao público infantil e xuvenil e propiciar a posta en escena dos mesmos, así como a súa edición en formato libro. Deste xeito a Deputación de Ourense segue o ronsel dunha vella tradición de fomento do teatro galego, que no século pasado tivo na provincia ourensá unha grande importancia para a cultura galega.

R., 2017-07-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (lugopoetica-2026.jpg) O proxecto Lugopoética dá un novo paso na difusión da poesía galega coa publicación do libro Lugopoética 2026, unha obra que recolle a creación e as reflexións de doce poetas participantes na terceira edición deste ciclo literario, desenvolvido na sede da UNED de Lugo durante o primeiro semestre do ano. A publicación reúne os contidos dun programa que busca achegar a poesía á cidadanía, favorecer o encontro entre autores e lectores e contribuír á difusión da literatura en lingua galega. A iniciativa consolídase así como un espazo de diálogo arredor da palabra poética, no que conviven traxectorias consolidadas e novas voces da creación literaria.
Foto de la tercera plana (industria.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Consello aprobou hoxe a Estratexia Galega de Innovación Empresarial, 'con horizonte 2028 e dotada de máis de 400 millóns de euros'. O obxectivo é apoiar ao tecido produtivo para que 'a innovación forme cada día máis parte das empresas', algo fundamental para 'ser máis competitivos e non quedar atrás' nun mundo cada vez máis global e tecnolóxico. Baixo o nome Galicia, fábrica de Innovación, a nosa Comunidade contará por primeira vez cunha estratexia específica para a innovación, un conxunto de medidas cun marco común para coordinar e reforzar os instrumentos de apoio existentes e incorporar outros cunha prioridade: industrializar a innovación.

Notas

A Conferencia internacional de investigación en linguas celebrou o ano pasado a súa primeira edición, un evento que marcou o fito inaugural do Instituto de Investigación iLingua. O simposio nacía con vocación de continuidade e así será, porque en novembro terá lugar a segunda edición. O programa do CIIL26 incluirá, ademais de conferencias plenarias convidadas, comunicacións presentacións e exposicións de pósteres.
Quince centros educativos galegos participarán no VII programa Talentos Inclusivos do CITIC, tal e como se recolle na resolución publicada pola Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa. Dez centros da provincia da Coruña, dous de Lugo, un de Ourense e dous de Pontevedra súmanse a esta iniciativa, orientada ao desenvolvemento de solucións tecnolóxicas que contribúan a mellorar a autonomía e a calidade de vida das persoas con discapacidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES