Noticias

El BNG pide a Bruselas que expediente a España tras detectar una falta de control en relación al accidente de tren de Angrois

Bruselas analizará la denuncia presentada por el BNG y confirma que ha pedido un informe a la Agencia Ferroviaria Europea sobre la aplicación de la seguridad ferroviaria en España. El BNG argumenta que España incumplió la normativa de seguridad ferroviaria porque la línea 082 en la que tuvo lugar el siniestro carecía de la evaluación de riesgos.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:

O BNG rexistrou ante a Comisión Europea unha denuncia contra o Estado español, -en concreto contra o Goberno, Ministerio de Fomento, Dirección Xeral de Ferrocarriles, ADIF e Renfe Operadora-, por infracción do Dereito Comunitario e incumprimento das obrigas aplicables á avaliación do control de riscos da líña 082 do tren de alta velocidade Alvia, siniestrado en Santiago e no que perderon a vida 80 persoas.

A denuncia foi presentada pola portavoz parlamentaria do Bloque en Europa, Ana Miranda, na Secretaria xeral do Executivo comunitario, previo ao encontro que a nacionalista manterá o vindeiro luns cos responsables de Transporte da UE en mans da comisaria Violenta Bulc, coa que xa mantivo un encontro en abril para tratar a posible apertura dun procedimento de infracción contra o Estado español que agora se materializa.

A presentación da denuncia coincide coa data na que a Axencia Ferroviaria Europea (ERA) entregara á Asociación de Víctimas do Alvia 04155 e ao BNG o informe que cuestiona a independencia da investigación realizada pola CIAF.

A denuncia por procedimento de infracción é un exhaustivo documento no que se solicita á Comisión Europea que abra un expediente contra o Estado español por vulneración da normativa comunitaria aplicable no momento do accidente do tren Alvia sobre seguridade e interoperabilidade ferroviarias.

En concreto, en relación ao aspecto do control integral dos riscos e en relación cos cambios na seguridade ferroviaria que se fixeron no proxecto da Liña Ourense-Santiago, tren Alvia de Viaxeiros de Longa Distancia 150/151 de Renfe Operadora, composto de 13 vehiculos, así como nas condicións de seguridade do proxecto na Bifurcación A Grandeira onde tivo lugar o dramático accidente o 24 de xulio de 2013.

O BNG argumenta na denuncia que, segundo a normativa comunitaria, o Estado español debía ter velado porque RENFE e ADIF aplicaran obligatoriamente as medidas necesarias de control de riscos coa responsabilidade de que houbera unha explotación segura do sistema ferroviario e do seu control de riscos, tal como esixe a Directiva marco de Seguridade Ferroviaria de 2004 e o Regulamento do Método Común de Seguridade de 2012.

En concreto, esta normativa base esixe realizar unha avaliación de riscos integral nos sistemas estructurais. -infraestructura, enerxía, control de mando e sinalización, sistemas de xestión do tráfego ferroviario-. Tanto RENFE como ADIF eran responsables da súa parte do sistema e da explotación segura. Estas normativas foron vulneradas, porque o Ministerio de Fomento non realizou este control obligatorio.

Igualmente, o Bloque entende que o Estado tamén vulnerou a Directiva de Interoperabilidade do sistema ferroviario de 2008, aplicable no momento do accidente, que no artigo 15 sinala que, en caso de autorizarse subsistemas, deben facerse de xeito seguro, sendo o Estado o que está obrigado a comprobar, antes da entrada de servizo dos mesmos, que cumplen a disposición sobre explotación e mantimento.

Asimesmo, tampouco se cumpriu o regulamento relativo á adopción dun método común de seguridade para a avaliación e valoración do risco de 2008, que era obligatorio para todos os cambios significativos que afecten aos vehiculos que foron modificados no sistema híbrido, e tamén a todos os cambios significativos relativos aos sistemas estructurais.

O BNG denuncia que Fomento non garantiu o control de riscos, a efectividade do sistema de xestión de seguridade (SGS), que debian ser feitas antes de que a liña entrara en servizo, sobre o deseño dos conductores do tren e do deseño do material rodante do tren Alvia e suas posteriores modificacións.

"Existindo un risco de descarrilamento evidente a nivel técnico por non existir sistemas de seguridad complementarios, deixando o tren só nas mans do maquinista, non se aplicou nengunha medida de seguridade complementaria para xestionar este risco" afirma Miranda.

O BNG auspiciou o encontro da asociación de vítimas cos reponsables europeos da seguridade ferroviaria, facilitou a presentación das denuncias ante a Comisión Europea e solicitou os encontros bilaterais coa ERA.

Miranda reiterou que o Bloque seguirá traballando "ata que se dé unha resposta ás víctimas e á sociedade en xeral para que no futuro se eviten accidentes tan graves”, e confía en que prospere a denuncia contra o Estado español “porque de ter feita unha avaliación dos riscos posibles, existirian medidas de seguridade que podían ter evitado o accidente e a morte de 81 persoas, así como todas as vidas truncadas na traxedia de Angrois”.

Fotografía: Gabinete de Comunicación del BNG

R., 2017-07-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260619-xunta.JPG) O programa formativo Medrando Xuntas permitiu que as mulleres participantes traballasen habilidades clave como a comunicación, a organización, o liderado, a toma de decisións, a participación interna e a mellora da confianza profesional, ao tempo que se fomentou a creación dunha rede de mulleres que se apoian, colaboran e comparten recursos e que se deron a coñecer proxectos que están a transformar a economía. En primeiro lugar, Medrando Xuntas contou cun programa formativo para reforzar a súa participación nas entidades de economía social. En segundo lugar, a formación para directivas estaba dirixida a mulleres con responsabilidades de dirección ou proxección cara ao liderado.
Foto de la tercera plana (medio-ambiente.jpg) Unha alianza entre o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) e as compañías Naturgy InnovaHub e Flythings Technologies desenvolverá unha plataforma enerxética que transformará residuos en produtos de alto valor engadido. Neste caso transformaranse residuos como lodos de depuradora, restos orgánicos e biomasas, en produtos de alto valor engadido como biocombustibles (hidrochar e biometano) e vectores enerxéticos sostibles (hidróxeno e syngas). Para iso, a nova unidade mixta combinará distintas tecnoloxías e incorporará sistemas híbridos de almacenamento con baterías e supercondensadores, ademais de empregar ferramentas como Internet das cousas, os xemelgos dixitais e a aprendizaxe automática.

Notas

A Real Filharmonía de Galicia presentou a súa tempada 2026/27, 'Memoria', unha proposta artística que convida a reflexionar sobre a relación entre a música e a memoria, sobre a forma na que as obras do pasado continúan vivas no presente e sobre como a creación contemporánea dialoga permanentemente coa tradición. Concibida arredor da idea da memoria, a nova programación reúne grandes obras do repertorio sinfónico e algunhas das voces máis destacadas da creación actual.
A sala Normal acolleu a presentación da publicación 'De Esmelle a Ítaca', unha reflexión de Emma Pedreira e María Besteiros sobre a pegada de Begoña Caamaño na escritura mítica feminista, editada polo Servizo de Publicacións da institución académica. O acto, protagonizado por unha das autoras, María Besteiros, foi aberto pola vicerreitora de Divulgación, Cultura e Deportes da Universidade da Coruña, Cristina Naya.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES