
Nota de prensa de la Real Academia Galega (RAG):
Os usuarios e usuarias de Twitter fixeron da decisión do Pleno da Real Academia Galega de dedicarlle o Día das Letras Galegas a María Victoria Moreno (Valencia de Alcántara, Cáceres, 1941 Pontevedra, 2005) un dos temas destacados a nivel estatal nesta rede social. Durante tres horas, os chíos referidos á escritora o pasado sábado 17 de xuño foron dos máis repetidos (trending topic) en España, segundo a medición realizada por Trendinalia España.
Só as dúas mensaxes emitidas desde os perfís en Twitter (@AcademiaGalega) e Facebook da Real Academia Galega sobre a elección da autora (un avance e a ampliación coa nova sobre o Pleno) puideron ser vistas por cerca de 60.000 persoas. A estas cifras hai que sumar os importantes fluxos xerados polos contidos xornalísticos que informaron da decisión, así como os chíos de cidadáns e cidadás que manifestaron a súa satisfacción pola homenaxe que se lle renderá á creadora de Anagnórise, un dos grandes éxitos da literatura xuvenil galega.
Tampouco faltaron as mensaxes que, ademais de recordar a súa obra literaria, lembraron con afecto a María Victoria como profesora, a profesión que a trouxo a Galicia en 1963 e que exerceu, despois dunha pequena estadía en Lugo, durante décadas en Pontevedra, a súa cidade de adopción.
Fotografía: Real Academia Galega (RAG)
O proxecto Lugopoética dá un novo paso na difusión da poesía galega coa publicación do libro Lugopoética 2026, unha obra que recolle a creación e as reflexións de doce poetas participantes na terceira edición deste ciclo literario, desenvolvido na sede da UNED de Lugo durante o primeiro semestre do ano. A publicación reúne os contidos dun programa que busca achegar a poesía á cidadanía, favorecer o encontro entre autores e lectores e contribuír á difusión da literatura en lingua galega. A iniciativa consolídase así como un espazo de diálogo arredor da palabra poética, no que conviven traxectorias consolidadas e novas voces da creación literaria.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Consello aprobou hoxe a Estratexia Galega de Innovación Empresarial, 'con horizonte 2028 e dotada de máis de 400 millóns de euros'. O obxectivo é apoiar ao tecido produtivo para que 'a innovación forme cada día máis parte das empresas', algo fundamental para 'ser máis competitivos e non quedar atrás' nun mundo cada vez máis global e tecnolóxico. Baixo o nome Galicia, fábrica de Innovación, a nosa Comunidade contará por primeira vez cunha estratexia específica para a innovación, un conxunto de medidas cun marco común para coordinar e reforzar os instrumentos de apoio existentes e incorporar outros cunha prioridade: industrializar a innovación.