Noticias

La oposición política gallega critica la operación de compra del Banco Popular por el Santander y hablan de expolio a Galicia

Los partidos políticos que conforman la oposición en el Parlamento de Galicia critican la compra del Banco Popular por parte del Santander. El PSdeG muestra su preocupación por los efectos que tendrá en los empleados y en la concentración bancaria, mientras que En Marea habla de "expolio" a Galicia y califica a Feijóo como "cómplice" del proceso. El BNG también denuncia la "trama político financiera" que provocó la caída del Popular en beneficio del Santander y el presidente gallego pide sensibilidad al comprador.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de En Marea:

En Marea denunciou “o novo espolio no que unha vez máis gaña a Banca e perden os traballadores e traballadoras, Galicia e a súa cidadanía, a posibilidade de desenvolvemento económico do noso país”, aseguraron a deputada no Congreso, Yolanda Díaz, e o deputado no Parlamento de Galicia, Manuel Lago.

“A situación é dramática. Perdimos o que durante décadas e décadas acumulamos para o noso patrimonio no noso país e que serviu para financiar o desenvolvemento industrial e económico galego e que agora desaparece” denunciou Lago, que asegurou que “hoxe a economía galega está máis débil que onte”.

A venda do Banco Pastor trae como consecuencia que o sistema financeiro galego pase a estar en mans de dúas entidades, Abanca e Banco Santander, algo inusual nun país democrático e moderno. Lago puxo o exemplo de Alemania onde os cinco principais bancos acumulan unha cota do 31 por cento fronte ao 80 por cento que teñen estas dúas entidades en Galicia.

Outra das consecuencias directas sinaladas por Manuel Lago e Yolanda Díaz fai referencia ao despedimento de centos de traballadores/as que se van producir, “unha das primeiras graves consecuencias desta absorción” ao que se suma o peche de oficinas onde unha vez máis as vilas e poboacións máis pequenas serán as máis afectadas co incremento importantísimo da exclusión financeira dunha grande parte da sociedade galega.

Así mesmo, está en xogo a supervivencia da Fundación Barrié de la Maza, que como sinalaron os deputados de En Marea “ten xogado un papel importante no noso país e agora está en grave risco”.

Esta operación pon en cuestión radicalmente os mecanismos de control financeiro do noso país. “Como é posible que unha entidade superara a proba de resistencia en situacións de crise e seis meses despois teña que ser liquidada por ter un patrimonio negativo? Cal foi o papel dos inversionistas a baixa que especularon contra o valor do banco? Onde estaba Luís de Guindos mentres tanto? traballando para o Banco Santander directamente? Onde estaba Feijóo e o conselleiro de Economía?” preguntouse Manuel Lago.

“Esta é unha historia dun espolio, dun problema económico gravísimo que debilita a economía, que vai provocar despedimentos e peches de oficinas, que reforza o oligopolio da Banca e nos fai máis débiles porque nos deixa en mans de dúas entidades” incidiu Lago e Díaz, e asegurou que este proceso tivo lugar “coa complicidade e o silencio do poder político e dos supostos órganos reguladores”.

A deputada de En Marea no Congreso, Yolanda Díaz, insistiu en que “hoxe é un día de loito para Galicia” e referiuse á iniciativa que o seu grupo ven de rexistrar no Congreso para pedir información e na defensa do que vai quedar do Banco Pastor e a Fundación Barrié.

“Hoxe Galicia queda liquidada, xa non ten un sistema financeiro grazas ás políticas do Partido Popular pero especialmente do señor Feijóo” afirmou Díaz que denunciou o silencio do presidente da Xunta de Galicia. Así mesmo, salientou que En Marea solicitará información sobre o papel de Feijóo durante todo este tempo, no que xa se sabía do risco da supervivencia do Banco Pastor.

Yolanda Díaz lembrou a comparecencia do Ministro de Guindos hai escasos días no Congreso onde foi preguntado pola situación destas entidades e respondeu con absoluta tranquilidade que non corría ningún risco. Días despois coñecíase a información da venda da mesma e a súa desaparición. “En Marea esixirá na comparecencia do Ministro e pedirá responsabilidades sobre as súas declaracións e sobre a información que tiña e non quixo dar” anunciou Díaz.

En Marea insta ao Goberno a través dunha PNL a adoptar “todas as medidas necesarias para que este proceso de compra e absoorción non requira de ningunha aportación financeira de fondos públicos en forma de axudas ou recoñecemendo de obrigas”.

Ademais, piden que se adopten todas as medidas precisas para garantir os postos de traballo e evitar que se pechen oficinas bancarias do Pastor naqueles municipios galegos “con insuficiencia de servizos bancarios”.

Esta iniciativa tamén insta ao Goberno a “esclarecer as responsabilidades de calquer tipo nas que se poideron incorrer os equipos directivos das entidades”.

“O mantemento dos postos de traballo,das oficinas no rural sobre todo, a pervivencia da Fundación Barrié e a depuración de responsabilidad, son para En Marea cuestións fundamentais e que tanto o grupo no Congreso como no Parlamento esixirán aos respectivos gobernos do PP”, insistiu a deputada Yolanda Díaz.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón cualificou de “mala noticia” a venda do Banco popular que deixa a Galiza “sen músculo financeiro” e avanza nun proceso centralizador que nos desprotexe aínda máis. Neste sentido asegurou que existe “unha trama política financeira” que provocou a caída do Banco Popular e da que sae beneficiado o Banco Santander.

Para a nacionalista, o balanzo de Feijóo respecto do sistema financeiro galego é “desolador”, primeiro coa privatización das caixas de aforros galegas vendidas a prezo de saldo a un banco venezolano por 1.000 millóns de euros que recuperarían con beneficios, no primeiro ano, e agora ante a consumación da crónica dunha morte anunciada: “Desaparece definitivamente o Banco Pastor ao se vender o Popular por 1 euro , e con esa operación dáselle a estocada de morte a banca privada galega”, afirmou.

A líder do BNG manifestou que so problemas da banca persisten e constatan o fracaso da reestruturación bancaria. O Partido popular e o PSOE, explicou, pactaron un modelo de “privatización, concentración e centralización do sector financeiro” privatizando as caixas de aforros que provocou “nefastas consecuencias” para Galiza. O goberno é reponsable do que está pasando por non ter estoupado a burbulla financeira. “Permiten manter os activos inmobiliarios como activos financeiros esperando futuros negocios e os problemas seguen aí”, recalcou a nacionalista.

O Banco de España e a Comisión Nacional de Valores son responsables da caída do Banco Pastor e da absorción por parte do Banco popular con “graves problemas financeiros” derivados da especulación inmobiliario e a prezo dun euro, “o Banco Santander asumirá todo o patrimonio do Banco Santander”.

Por outra parte, Pontón cualificou de “tomadura de pelo” as declaracións do ministro de Economía, Luís de Guindos por afirmar que a venda do Popular non terá custe para o Estado. A primeira consecuencia, serán as 350.000 persoas accionistas “vítimas dunha nova modalidade de estafa bancaria” e que non son grandes inversores, senón pequenos aforradores que se fixeron coas accións avaladas polo propio Banco de España e o Ministerio de Economía, os segundos afectados serán todos os traballadores e traballadoras que tamén foron incitados a mercar accións para manter a súa actividade e que agora verán como esas accións teñen valor cero polo tanto, “dende Galiza non saúdamos nin nos parece boa noticia a venda do Popular”.

Para a portavoz do BNG, “Galiza non pode permanecer de brazos cruzados” polo que propuxo investigar todo o proceso dende a venda do Banco Pastor ate a trama de decisión que desembocou na compra “por un euro” do Banco popular, negociar co banco Santander o mantemento do emprego e da rede de oficinas así como o compromiso dos créditos e crear unha oficina de “atención ás persoas, minoristas ou que mercaron accións nos últimos meses para que recuperen os seus aforros”.

Finalmente, Pontón tamén reclamou garantías para manter a actividade da Fundación Barrié no labor social, cultural e educativo co retorno dunha parte dos beneficios a obra social. Por outra parte, advertiu que a operación financeira tamén pon en risco a restauración dunha das “maiores xoias patrimoniais, o Pórtico da Gloria”e a nova entidade debe ofrecer garantías investindo unha parte dos seus beneficios para non poñer en rico a restauración que xa leva acumulados varios anos de retraso.

Pola súa parte, a parlamentaria do BNG, Noa Presas recalcou que a venda do Banco Popular consolida unha reestruturación bancaria deseñada para concentrar o poder financeiro cada vez “baixo menos mans”. Primeiro foi a desaparición das caixas de aforro galegas e agora dan outro paso coa venda do Popular. Noa Presas salientou a grande implantación do banco en Galiza con cerca de mil traballadoras e traballadores, así como con 200 oficinas bancarias. A deputada asegurou que estas oficinas ofrecen un importante servizo, sobre todo no medio rural polo que reclamou un compromiso para seguir mantendo esta rede de oficinas.

R., 2017-06-08

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran-calor-ferrol.jpg) Galicia vén de pechar o mes de xullo máis cálido desde 1961, ano a partir do que se dispón na Comunidade de rexistros climatolóxicos. Esta é a principal conclusión do informe mensual elaborado por MeteoGalicia e que presentou esta mañá en Santiago a directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, Paula Uría. Tal e como explicou, o valor medio da temperatura máxima se situou en 29 graos, cunha anomalía positiva de 3,5 graos en comparación cos rexistros das estacións meteorolóxicas máis representativas da Comunidade. Ademais, no caso da temperatura media o dato situouse en 22,5 graos, 2,8 graos por riba do valor normal climatolóxico para este mes.
Foto de la tercera plana (deporte-remo.jpg) O Diario Oficial de Galicia publicou a orde pola que se actualiza a relación de deportistas de alto nivel, alto rendemento, rendemento deportivo de base e vitalicias, así como persoas adestradoras ou técnicas, xuízas e árbitras recoñecidas de alto nivel. Esta actualización súmase ás realizadas en xuño e establece un novo récord de persoas recoñecidas, que ascenden a 1.941, das que 835 son mulleres (43%) e 1.106 homes (57%). Arredor do 76 % das persoas -1.466- son deportistas galegos de alto nivel (623 mulleres e 843 homes). Ademais, figuran 201 deportistas de alto rendemento (101 mulleres e 100 homes), 183 deportistas de rendemento deportivo de base (86 mulleres e 97 homes), 47 persoas técnicas de alto nivel (catro mulleres e 43 homes), 29 persoas árbitras e xuízas (16 mulleres e 13 homes) e 15 deportistas galegos de alto nivel vitalicios.

Notas

A Reitoría da UDC acolleu a inauguración do congreso internacional 'New Frontiers in Cosmology', que terá lugar do 10 ao 14 de agosto. Este encontro, organizado polo Centro de Física Cosmolóxica de Berkeley, a Fundación Simons e a UDC, coa colaboración do CITIC, reúne nestes días a máis de 250 persoas investigadoras de referencia internacional no ámbito da cosmoloxía para analizar os principais retos e avances desta disciplina.
As comunidades que habitaron Colombia hai miles de anos lograron realizar extraordinarias obras de enxeñaría baseadas na cooperación entre grupos familiares, sen necesidade dun goberno centralizado, segundo demostra un novo estudo que acaba de publicar a revista Communications Sustainability e cuxa autoría corre a cargo dun equipo integrado por persoal investigador da USC, da Universidade de Cambridge e do Instituto Colombiano de Antropología e Historia (ICANH).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES