
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:
A deputada do Grupo Popular Teresa Egerique afirmou no Parlamento que a nova proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) está enmarcada nun proceso de cambio normativo co único obxectivo de mellorar o sistema educativo español.
Egerique manifestou que estamos a traballar nun Pacto de Estado pola Educación e iso conleva negociacións e acordos cuxos resultados non se poden estar pedindo permanentemente e haberá que dar marxes de tempo, recibir as aportacións das diferentes comunidades autónomas e ser rigorosos diferenciando os criterios técnicos dos criterios políticos.
Así mesmo, a deputada popular asegurou que a seguridade xurídica dos alumnos está garantida e respectamos e comprendemos a reacción da Valedora do Pobo, a quen xa se lle remitiron as explicacións pertienentes. Neste sentido, loubou o traballo da Comisión Interuniversitaria de Galicia (Ciug) nun proceso de cambio e adaptación nas probas de acceso á universidade, garantindo a vontade de coordinación entre as universidades galegas e a Xunta buscando sempre a seguridade dos alumnos.
Teresa Egerique dirixiuse aos socialistas para criticar que o que vostedes chaman improvisación non é tal, xa que se trata de adaptarse ás modificacións pertinentes coa man tendida e a colaboración permanente, tendo claro que a situación é froito dun proceso de diálogo, a seguridade xurídica dos alumnos está garantida, a resolución publicada pola Consellería recolle certezas e orienta, e desde o primeiro momento a Ciug e a Consellería traballaron en coordinación para paliar todas as confusións xeradas.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.