
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:
O portavoz do Grupo socialista dirixiuse ao presidente da Xunta para recomendarlle que deixe de ser un obstáculo para que isto a Comisión de Investigación sobre Angrois- progrese no Congreso dos Deputados. Así o dixo en resposta a preguntas dos xornalistas sobre as críticas de Feijóo contra o apoio do PSdeG a unha Comisión de Investigación no Congreso.
Fernández Lecieaga explicou que sempre dixemos aquí que nos parecía ben realizar unha investigación técnica e que había que facer tamén unha investigación política no Congreso. Reclamoulle ao presidente da Xunta que atenda aos portavoces do PP que empezan a dicir que é neceario.
Recomendoulle ao presidente do PP que deixe de enredar e de buscar culpables noutros partidos e tome a decisión de dicirlle aos seus deputados en Madrid que voten a favor da Comisión, e se non o que debe é asumir cal é a súa posición de verdade.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.