
Nota de prensa del Gabinete del Concello de Santiago de Compostela:
Tamén Xesús Ron, membro de Chévere, incidiu en que "celebrar o trinta aniversario en Santiago é reconciliarnos cunha cidade da que marchamos pola porta de atrás". Ron reivindicou o papel da compañía como "defensora da cultura galega e en galego, e como exemplo de humor, irreverencia e compromiso".
Xesús Ron explicou que a compañía non quería celebrar o seu aniversario cunha gran xira, senón "cunha festa que sexa un pouco máis efémera". Por iso, acordaron volver representar tres dos espectáculos máis míticos do repertorio de Chévere, que non se poderán ver xuntos de novo.
As tres montaxes elixidas para formar parte da coprodución co Concello de Santiago son Río Bravo, Annus Horribilis e a Ultranoite no País dos Ananos.
Río Bravo estreouse no Teatro Principal en 1990, e volverá ao mesmo escenario do día 4 ao 9 de xullo. As entradas, xa á venda, custan 15 euros.
En canto a Annus Horribilis, trátase dunha "pequena ópera portátil" creada e estreada en 1994, coa que Chévere percorreu toda España e tamén Portugal. A compañía traeraa ao Auditorio de Galicia entre os días 12 e 14 de xullo. As entradas custarán tamén 10 euros. Será unha representación especial, porque Chévere terá no recordo a Fran Pérez, Narf, o músico recentemente falecido que lle puxera música á obra. Por último, o Chévere 3.0 complétase coa posta en escena, na praza da Quintana e con entrada de balde, da Ultranoite no País dos Ananos.
Con estas tres obras búscase ofrecer unha panorámica musical, gamberra e festiva do que ten sido a traxectoria artística de Chévere nos 80, nos 90 e nos dous mil. As tres ofrecen miradas dispares sobre a Galicia desta época e as tres foron creadas en colectivo e contaron co apoio de milleiros de espectadores e espectadoras. Montar estas tres obras tamén é un agasallo para a cidade de Compostela, fogar e paisaxe emocional ao longo de tantos anos. Quen queira velas de novo, terá que vir á nosa cidade. Non se verán xuntas en ningún outro sitio.
Como extensión dos actos de celebración centralizados en Compostela, tamén durante o mes de xullo, a Mostra internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas acollerá unha función de Río Bravo o día 1 de xullo, mentres que a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia programará Annus Horribilis o día 16. Este espectáculo estará tamén presente no Tom de Festa de Tondela (Portugal) o 15 de xullo.
O programa Radio na Biblio, que vai polo noveno ano en funcionamento, chega este curso a 245 centros de ensino que contan cun laboratorio de radio no que traballan as competencias vencelladas á alfabetización mediática, lingüísticas ou de expresión escrita e oral, entre outros. Con nove cursos en marcha, trátase dun programa consolidado que aproveita a posta en marcha dunha emisora de radio na biblioteca para traballar habilidades e destrezas e que permite o tratamento de contidos curriculares mediante metodoloxías activas e innovadoras que facilitan a aprendizaxe. Ademais, as actuais tecnoloxías da información e da comunicación facilitan o uso da radio como ferramenta pedagóxica de gran alcance para a difusión dos proxectos e iniciativas do centro educativo.
Tivo lugar a na cerimonia de entrega dos XVIII Premios Nacionais de Artesanía 2025, na que resultaron premiadas dúas candidaturas galegas. O artesán Aitor Martínez López de Arbina (Tomiño), especializado en tornería de madeira, resultou gañador na categoría Produto e a Fundación Artesanía de Galicia obtivo o recoñecemento na categoría Promociona para Entidades Públicas polo seu proxecto 'Artesanía no Prato'.