Noticias

Galicia celebra el Día das Letras 2017 homenajeando a Carlos Casares y reclamando el derecho a vivir en gallego sin restricciones

"Optimisma, pero no conformista". Así se muestra el presidente de la Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, sobre la situación del gallego: el tema central de debate durante la celebración del Día das Letras Galegas que en esta edición de 2017 homenajea al escritor Carlos Casares. La manifestación convocada por "Queremos Galego" también reclamó el derecho a vivir en gallego "sin restricciones" y denunciando el retroceso del gallego en la enseñanza. La Real Academia Galega (RAG) cerró en Xinzo de Limia los actos conmemorativos del Día das Letras 2017.

Nota de prensa de Queremos Galego:

A plataforma cidadá Queremos Galego, composta por máis de 500 colectivos sociais de todo tipo, convocou unha manifestación para o 17 de maio baixo o lema “en galego sen límites”, que percorreu as rúas de Santiago de Compostela.

O voceiro de Queremos Galego, Marcos Maceira, acompañado de membros da Xestora da plataforma cidadá, sinalaron que co lema “en galego sen límites” a plataforma cidadá pretende pór en evidencia os innumerábeis obstáculos para vivirmos en galego con normalidade, e a exclusión sistemática do idioma da maioría dos espazos. Para o portavoz da plataforma, “esta exclusión mostra o Apartheid lingüístico legalizado no que aínda vive o pobo galego”.

Para o voceiro de Queremos Galego e presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, “a sociedade galega é cada vez máis consciente de que a exclusión da súa lingua é a negación do seu dereito a existir con dignidade”. Para Maceira, “isto é o que explica o aumento da demanda de galego en todos os ámbitos”. Porén, sinalou, “esta demanda non só non é atendida senón que nos últimos anos sufrimos un importante retroceso acelerado por quen precisamente ten a obriga legal do contrario, o presidente da Xunta de Galiza, Alberto Núñez Feixó.

O representante de Queremos Galego indicou que as promesas incumpridas de posibilidade de uso pleno e normal da lingua propia, contidas no Estatuto e na Lei de normalización lingüística, xunto cos importantes retrocesos, son os que ademais provocaron unha reacción social a favor do galego cada vez máis ampla e máis estendida que se visualizará unida, máis unha vez, este 17 de maio. “Esta reacción colectiva é a que permitirá reverter o proceso de substitución lingüística” afirmou, e engadiu que “a garantía de futuro do galego está na forza e na dignidade do pobo galego. Esta forza e dignidade inmensa a de todas as galegas e galegos sen distinción é a que convocamos para este 17 de maio en Compostela. Entre todas e todos podemos mudar a situación e por iso será unha grande manifestación de unidade en torno ao noso idioma.

Fronte a esta resposta de dignidade colectiva, Maceira denunciou que o goberno de Feixó “non só non actúa senín que camiña na dirección contraria: sabedores da enorme contestación social e a reacción unánime en todos os ámbitos, dentro e fóra das nosas fronteiras , que tivo e ten o decreto de plurilingüísmo, nunha nova mostra de desprezo ao seu cargo e de servilismo ao goberno central, aínda o manteñen a sabendas de que mesturado coa LOMCE nin tan sequera permite que o galego chegue aos límites máximos nos que reclúe o galego”. “En vez de avanzarmos cara un ensino co galego como lingua vehicular, avanzamos cara ao afogamento no castelán omnipresente, como se ve nos datos de exclusión do galego no ensino infantil”.

Para Queremos Galego a situación no ensino é indicativa do que tamén acontece noutros moitos ámbitos como a administración, o económico ou o laboral. Os problemas na administración son crecentes grazas, en parte, á chamada Lei de transparencia que obriga a que administracións que como os concellos deran importantes pasos cara á normalización, teñan que publicar toda a documentación en castelán. Curiosamente, indicou Maceira, “moitos dos defensores no Estado de que só hai transparencia coa eliminación da lingua propia, están hoxe na cadea ou camiño dela”. O presidente da Mesa e voceiro de Queremos Galego insistiu en que “ademais ese é tamén o PP que decretou que o galego non pode existir e comezou a campaña de odio á nosa lingua que executou Feixó”. “Son os sectores que odian todo aquilo que non senten non bandullo”, acrecentou, lembrando o coñecido deseño de Castelao.

“Por iso lle pedimos ao señor Feixó que mostre por fin a dignidade que debería de ter o seu cargo e corresponda a dignidade coa que o pobo galego mantén viva a súa lingua malia ser todo en contra, mesmo un goberno como o da Xunta que prometeu cumprir a obriga de promover o uso do galego. Coa actitude contraria ao galego mostran estar tamén en contra da súa propia existencia como goberno”.

Tamén se referiu Maceira a situacións como as que limitan o uso do galeo no ámbito socieconómico mesmo favorecendo situacións de deslocalización e despedimentos como os que denuncian as e os traballadores dos centros de chamadas, que melloraría a súa situación só con que a opción de galego estivese sempre presente. Neste sector a única resposta que se está a ver en 36 anos de autonomía é a das propias organizacións sociais que impulsan iniciativas como a ILP para o recoñecemento dos dereitos lingüísticos no ámbito socieconómico.

Nota de prensa de la Real Academia Galega (RAG):

O secretario da Real Academia Galega participou no acto literario co que a Universidade de Santiago de Compostela conmemorou o Día das Letras Galegas dedicado a Carlos Casares. Henrique Monteagudo impartiu unha conferencia sobre a traxectoria nesta institución do protagonista deste 17 de maio, na que estudou nos anos 60 da pasada década.

O acto, celebrado no salón nobre de Fonseca, estivo presidido polo reitor Juan Viaño, quen destacou que no Día das Letras Galegas "celebramos a festa da nosa identidade, a festa da nosa personalidade". A xornada serviur de presentación do volume Casares en Compostela. Universidade e literatura, a cargo do director do Departamento de Filoloxía Galega da USC, Francisco Cidrás Escáneo. Deseguido, Henrique Monteagudo repasou na súa conferencia a etapa de estudante en Santiago de Carlos Casares, etapa na que entrou en contacto co galeguismo histórico e na que viu saír do prelo o seu primeiro libro, Vento ferido.

O académico rematou a intervención referíndose á tese de doutoramento sobre a Xeración Nós que Casares nunca chegou a rematar. "A Minerva compostelá perdeu a ocasión de contar cun excelente profesor de literatura galega", lamentou. Hoxe, asegurou, a súa pegada continúa viva na USC, "aínda que só fose pola súa contribución a alumar o camiño da liberdade nos tenebrosos tempos da Ditadura e por deixar indeleble rexistro creativo da súa experiencia na Minerva compostelá nos seus maxistrais Xoguetes para un tempo prohibido", concluíu.

Fotografía: Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

R., 2017-05-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-titeres-redondela-2026.jpg) A programación desta nova edición volverá combinar espectáculos de sala, funcións de rúa, instalacións, música e propostas participativas arredor do mundo dos monicreques, con compañías galegas como Tanxarina Títeres, Títeres Alakrán, Babaluva, Mircromina, Trécola Producións, Troula Animación ou Bico de Toupa, xunto a formacións chegadas de diferentes puntos do Estado e de países como Francia, Italia, Portugal, Uruguai ou Arxentina. Entre as montaxes destacadas figura A Biblioteca Galáctica contra IA Fantástica, de Tanxarina Títeres, recoñecida nos Premios María Casares 2026, ademais de propostas premiadas como Gloria Bendita, de Arteria Producciones, ou Érase unha vez… dous pés!, da italiana Teatro dei Piedi.
Foto de la tercera plana (medio-ambiente.jpg) Os bos resultados acadados nos últimos anos en biotecnoloxía sitúan a Galicia nunha posición de referencia neste sector, con moita proxección de futuro. A biotecnoloxía pasou de ser unha aposta estratéxica a converterse nun sector económico e científico con masa crítica, capacidades diferenciais e resultados medibles. Así o amosan os resultados acadados na execución da Estratexia de consolidación do sector en Galicia 21-25. Entre eles, destaca a creación de 30 novas empresas biotecnolóxicas, acadando a cifra de 162 compañías actuais; unha facturación de 2.037 millóns de euros, que cuadriplica a de 2021 e se sitúa no 2,6% do PIB; ou o aumento do emprego cualificado vencellado ao sector, acadando as 5.693 persoas traballadoras, tres veces máis desde 2021.

Notas

Xornalista, escritora, activista e un dos discursos máis destacados do feminismo galego contemporáneo. Todas estas voces emanan da figura de Begoña Caamaño a quen neste 2026 se lle dedica o Día das Letras Galegas. A USC a través da Biblioteca Universitaria e da Área de Cultura súmase a esta homenaxe cunha mostra que percorre a traxectoria vital da autora e o seu compromiso co pensamento crítico, coa lingua e cos dereitos das mulleres.
A UVigo afianza o seu compromiso coa divulgación científica e co fomento das vocacións STEM entre a mocidade, especialmente entre as nenas, coa publicación da sexta edición do catálogo Quero ser investigadora, unha publicación que recolle a historia de dez científicas da UVigo para inspirar as investigadoras do futuro. Ilustrado pola artista Alba Casanova, a través da técnica do collage debúxase a historia de dez novas referentes, dez científicas, mulleres, dez nenas que contribúen a construír un relato da ciencia máis xusto e representativo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES