Noticias

El BNG denuncia el triunfalismo de Feijóo con el paro y el silencio con la corrupción. El PSdeG habla de datos dramáticos para el empleo gallego

La última sesión parlamentaria centró parte de la discusión política en la situación del empleo en Galicia. El PSdeG hace balance de la gestión de Núñez Feijóo y habla de un legado de 136.700 personas menos con un puesto de trabajo en Galicia desde el año 2009. El BNG también fue crítico con las políticas de empleo de la Xunta y denunció el triunfalismo de Feijóo con los datos del paro, frente a su silencio en los temas de corrupción. El BNG también pide un acuerdo político para "decir" no al "recortazo" de los PGE.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:

O parlamentario do BNG, Luís Bará solicitou, a través dunha proposición non de lei, un acordo da Cámara galega para rexeitar o proxecto de Orzamentos do Estado 2017 polo recortazo nas inversións en Galiza e os recortes sociais que presentan. Bará defendeu uns orzamentos que “respecte a Galiza e ao seu pobo” e que permitan o seu desenvolvemento. Estas cifras, dixo, respondendo ao portavoz do Partido popular, “son frustrantes” se as comparamos con outros territorios que están a negociar grandes vantaxes como Canarias ou Euskadi e mentres tanto temos que ver como o Partido popular e Núñez Feijóo limítanse a “calar, outorgan e aplauden coas orellas estes acordos”.

Para o deputado, os “agravios con Galiza” seguen medrando e puxo como exemplo a “estafa” da AP-9 que coincide co rescate multimillonario das catro autoestradas madrileñas con 3.500 millóns de euros que se incluirán nos orzamentos do Estado 2017-2018, o sistema de financiamento local e autonómico “discriminatorio para Galiza” ou a sucesión de “enganos e retrasos do AVE”. O parlamentario tamén indicou que mentres en Galiza hai un descenso dun 33% nos investimentos os gastos militares e da Casa Real foron incrementados. “Para iso si que hai cartos”, denunciou.

Os doce deputados e deputadas galegas no Congreso “non sabemos que pintan porque só saben dicir amén a todo o que lles mandan”. Aquí en Galiza, vemos como o Partido popular aplaude un recorte de 442 millóns de euros que nos devolven á etapa “máis negra da era e do goberno de Aznar” cuns investimentos que en Galiza tocaron fondo.

Pero ademais, engadiu, vostedes tamén aplauden que durante estes anos quedaran sen executar 2.000 millóns de euros polo que volvemos a propoñer “un acordo” para recuperar eses investimentos para un plan de infraestruturas que aposte polo ferrocarril, a rede de estradas e a modernización dos portos e aeroportos.

O deputado preguntou que pensaría o PP se o acordo co PNV fora aprobado por outro goberno e respondeu que Feijóo e o Partido popular galego o consideraría “un aldraxe” e se o recorte de 442 millóns de euros fixéraa outro goberno seguro que non o aplaudirían como están a facer agora.

O nacionalista pediu ao Partido popular que escollera á hora de votar a iniciativa do BNG, “estar ao lado dos intereses do PP de Madrid e Rajoy ou dos intereses de Galiza e do Pobo galego”. Nós recalcou, “sabemos de que lado estamos”. Os votos do grupo maioritario do Partido popular impediron que prosperara a iniciativa nacionalista que reclamaba o acordo da Cámara para rexeitar o proxecto de Orzamentos do Estado 2017 polo “recortazo” nas inversións en Galiza.

A portavoz nacional, Ana Pontón, trasladou á sesión de control ao presidente da Xunta os dous problemas que, segundo o último barómetro do CIS, máis preocupan aos galegos e as galegas: paro e corrupción, ambos “sinais de identidade” da maneira de gobernar do PP. “Paro, porque as súas políticas traen destrución de emprego, precariedade e emigración. Corrupción, porque o PP está inmerso nunha sucesión de casos illados de corrupción”, ironizou Pontón, “o último a Operación Lezo, que afecta de cheo aos intereses de Galiza” a través da imputación de Villar Mir polo presunto financiamento ilegal ao partido do Goberno.

A dirixente nacionalista foi moi crítica coa posición de Feijóo ante ambas cuestións, botándolle en cara o seu “triunfalismo oficial” no caso de paro e o seu “silencio cómplice” ante os casos de corrupción, en particular fronte aos “intereses escuros” do empresario agora investigado.

Pontón radiografou a situación do mercado laboral: O 60% das persoas que engrosaron as listas do paro no primeiro trimestre do ano eran galegas, un 15% das persoas asalariadas son pobres e en Galiza 132.000 persoas están en situación de pobreza extrema.

Ante este panorama, pediu a Feijóo un cambio de política económica, deixar de mirar para os que están peor e propostas para mellorar a vida dos e das galegas, como as que formula o BNG.

Para empezar, “digamos non ao orzamento do recortazo de 442M€, que nos discrimina mentres outros territorios conseguen millóns en investimentos”, alegou. Ademais, un concerto económico que aportaría 3.500M€ “que agora quedan no peto de Montoro”, sacar beneficio dos recursos enerxéticos cunha tarifa galega, aposta estratéxica pola I+D+i e un Plan Retorna para traer á mocidade emigrada e ao talento investigador. “Estas medidas si permitirían crear emprego no país, e non o seu triunfalismo oficial”, sentenciou.

A dirixente do Bloque reprochou a Feijóo o seu empeño en reinventar a sesión de control ao Goberno “facendo oposición da oposición”, ao tempo que lle replicaba que “pouca estabilidade política pode ofrecer un PP trufado de corrupción, mentres vostede fuxe da prolongación desa corrupción a Galiza a través da Operación Lezo e dos intereses escuros de Villar Mir. Ese silencio o fai cómplice, señor Feijóo”.

Neste sentido, Pontón reiterou a petición de investigar todas as concesións públicas ao propietario de Ferroatlántica, tras desvelar que foi o actual presidente da Xunta quen renovou “a dedo” en 2012 a concesión de tres centrais eléctricas no Xallas que agora a multinacional pretende vender de xeito ilegal.

“Pode explicarnos por que lle fixo este agasallo a Villar Mir? Pode asegurarnos que, como presidente, non vai aceptar unha chantaxe que supón perder 300 empregos na Costa da Morte?”, interpelou a portavoz nacional ante o total mutismo do dirixente popular. Pontón convidou a Feijóo a ir máis aló do “titular do telexornal” tanto na loita contra o desemprego como na defensa dos intereses de Galiza, seguindo o exemplo do presidente do País Vasco “agora que vostede se declara fan de Urkullu” tras a súa negociación dos orzamentos do Estado.

“Sabe por que Euskadi ten unha taxa de paro do 11,9% e Galiza do 17,4%? Porque ten un modelo de financiamento como o que o BNG defende para Galiza no que recada e xestiona o 100% dos seus recursos, porque ten unha aposta estratéxica pola I+D+i, e porque teñen un presidente que exerce como tal e aquí está vostede de marioneta de Rajoy”.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, sinaloulle ao presidente da Xunta que “non ten nada do que presumir e si moito do que preocuparse” logo de constatar que hoxe hai 136.7000 persoas menos traballando que en 2009. O responsable socialista levou os “dramáticos” datos de paro de Galicia á sesión de control ao presidente, celebrada hoxe no Parlamento.

Fernández Leiceaga sinalou que os últimos datos da EPA que dan unha “clamorosa chamada de atención á súa política laboral e, por extensión, económica”, e “certifican outra vez o seu fracaso”. No último ano, dixo, o ritmo de crecemento do emprego é a metade do español, e o descenso no paro nin sequera chega a tanto, ficando no 40 por cento da media.

O portavoz socialista reclamoulle a Feijóo que “abandone esa mala praxe parlamentaria de facer oposición da oposición” para comezar a “discutir sensatamente o que está sucedendo”. Afeoulle así a súa tendencia a “emborracharse coas cifras” para agochar que mentres España xa igualou o nivel de paro de 2009, Galicia está un 35 por cento por enriba con, reiterou, 136.700 ocupados menos.

Alertou ademais de que, ao ritmo do último ano, España tardará dous anos en recuperar o nivel de emprego de 2009, mentres Galicia necesitará “outros 11 anos”, mentres “a sociedade galega non pode agardar, a mocidade debe ter outras expectativas, e o custe das pensións será insoportable”.

Fernández Leiceaga acusou ao presidente da Xunta de incumprir o seu contrato con Galicia de 2009, no que se comprometía a ofrecer “emprego para todos”, mentres polo momento se queda á metade do seu compromiso de investidura de crear entre 80 e 100.000 empregos en toda a lexislatura. Desafiouno a asegurar que “cando deixe a Presidencia en 2020 teremos o emprego de 2009”.

Explicou que “algo están facendo mal” cando o crecemento económico do 3 por cento tradúcese en tan só un 1 por cento de creación de emprego. Sinalou que, de ter acdado un comportamento semellante á media estatal, Galicia tería 85.400 empregos máis, dándolle traballo a tódolos parados de máis de dous anos, e 46.400 parados menos, eliminando o paro da mocidade entre 25 e 34 anos.

O portavoz socialista responsabilizou ao presidente da Xunta da “grande diverxencia con España en materia de emprego” que, engadiu, “se agranda dende que o señor Conde é conselleiro de Economía, en 2012.

Fernández Leiceaga sinalou ao comportamento do emprego na mocidade, onde “tamén é peor que en España”, cunha taxa de paro que pasou dun 16,9 ata un 23,5 por cento. Ademais, dende a súa chegada á Xunta, “perdemos un 43 por cento de emprego xuvenil –fronte ao 35 por cento de España- e no último ano o emprego dos mozos e mozas caeu un 4,4 por cento”.

Criticou que a súa única proposta sexa un Programa de Garantía Xuvenil que “non se atreven a presentar porque non poden dar as cifras” que evidencian un “absoluto fracaso” que demostra a súa incapacidade de xestionar con axilidade os fondos europeos destinados a paliar o desemprego da mocidade.

Fotografía: Gabinete de Comunicación del BNG

R., 2017-05-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran-calor-ferrol.jpg) Galicia vén de pechar o mes de xullo máis cálido desde 1961, ano a partir do que se dispón na Comunidade de rexistros climatolóxicos. Esta é a principal conclusión do informe mensual elaborado por MeteoGalicia e que presentou esta mañá en Santiago a directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, Paula Uría. Tal e como explicou, o valor medio da temperatura máxima se situou en 29 graos, cunha anomalía positiva de 3,5 graos en comparación cos rexistros das estacións meteorolóxicas máis representativas da Comunidade. Ademais, no caso da temperatura media o dato situouse en 22,5 graos, 2,8 graos por riba do valor normal climatolóxico para este mes.
Foto de la tercera plana (deporte-remo.jpg) O Diario Oficial de Galicia publicou a orde pola que se actualiza a relación de deportistas de alto nivel, alto rendemento, rendemento deportivo de base e vitalicias, así como persoas adestradoras ou técnicas, xuízas e árbitras recoñecidas de alto nivel. Esta actualización súmase ás realizadas en xuño e establece un novo récord de persoas recoñecidas, que ascenden a 1.941, das que 835 son mulleres (43%) e 1.106 homes (57%). Arredor do 76 % das persoas -1.466- son deportistas galegos de alto nivel (623 mulleres e 843 homes). Ademais, figuran 201 deportistas de alto rendemento (101 mulleres e 100 homes), 183 deportistas de rendemento deportivo de base (86 mulleres e 97 homes), 47 persoas técnicas de alto nivel (catro mulleres e 43 homes), 29 persoas árbitras e xuízas (16 mulleres e 13 homes) e 15 deportistas galegos de alto nivel vitalicios.

Notas

A Reitoría da UDC acolleu a inauguración do congreso internacional 'New Frontiers in Cosmology', que terá lugar do 10 ao 14 de agosto. Este encontro, organizado polo Centro de Física Cosmolóxica de Berkeley, a Fundación Simons e a UDC, coa colaboración do CITIC, reúne nestes días a máis de 250 persoas investigadoras de referencia internacional no ámbito da cosmoloxía para analizar os principais retos e avances desta disciplina.
As comunidades que habitaron Colombia hai miles de anos lograron realizar extraordinarias obras de enxeñaría baseadas na cooperación entre grupos familiares, sen necesidade dun goberno centralizado, segundo demostra un novo estudo que acaba de publicar a revista Communications Sustainability e cuxa autoría corre a cargo dun equipo integrado por persoal investigador da USC, da Universidade de Cambridge e do Instituto Colombiano de Antropología e Historia (ICANH).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES