
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) publica a adxudicación das subvencións ao desenvolvemento e promoción do talento audiovisual galego, a través das que destina 145.000 euros a impulsar 13 novos proxectos: cinco de escrita de guión, outros cinco de realización de curtametraxes e tres de longametraxes.
Este programa de axudas ao talento, pioneiro no seu ámbito dentro do panorama audiovisual español, busca favorecer a incorporación de novos creadores á industria audiovisual galega, coa finalidade de promover a xeración de propostas narrativas de especial valor cinematográfico e de contribuír ao enriquecemento cultural de Galicia mediante as distintas formas de expresión audiovisual.
A Agadic mantén o seu investimento nestas subvencións respecto ao ano pasado e volve destinar 90.000 euros a tres proxectos de longametraxes de realizadores que están comezando a súa traxectoria profesional neste formato cinematográfico: 9 fugas, de Fon Cortizo; Ursúas, de Roi Fernánez, presentado por Laura Villaverde; e Manoliño Nguema, de Antonio Grunfeld, presentado por Filmika Galaika.
Outros 25.000 euros distribúense a partes iguais entre cinco propostas de escrita individual de guión. Os títulos subvencionados son Anguías, de Nuria Mosqueira Varela; Os días calados do señor Steven, de César Souto Vilanova; Só (unidade mínima), de Antonio Chouza López; Dúas vellas, sete gatos, tres máquinas de coser, de Marta Pérez Pereiro, e O corpo aberto, de Ángeles Huerta.
Os 30.000 euros restantes repártense entre outros cinco proxectos de realización de curtametraxes, que percibirán 6.000 euros en cada caso. Trátase de Matria, de Álvaro Gago; A carta xeométrica, de Miguel Mariño; Exhalación, de Alberto Díaz López; Sendeiro, de Lucía Estévez, e Tódalas mulleres que coñezo, de Xiana Gómez-Díaz.
A relación completa de proxectos adxudicatarios e contías outorgadas ao abeiro desta convocatoria, publicada no Diario Oficial de Galicia o 23 de decembro de 2016, está dispoñible para a súa consulta a través das seccións de axudas e avisos deste web.
O proxecto Lugopoética dá un novo paso na difusión da poesía galega coa publicación do libro Lugopoética 2026, unha obra que recolle a creación e as reflexións de doce poetas participantes na terceira edición deste ciclo literario, desenvolvido na sede da UNED de Lugo durante o primeiro semestre do ano. A publicación reúne os contidos dun programa que busca achegar a poesía á cidadanía, favorecer o encontro entre autores e lectores e contribuír á difusión da literatura en lingua galega. A iniciativa consolídase así como un espazo de diálogo arredor da palabra poética, no que conviven traxectorias consolidadas e novas voces da creación literaria.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Consello aprobou hoxe a Estratexia Galega de Innovación Empresarial, 'con horizonte 2028 e dotada de máis de 400 millóns de euros'. O obxectivo é apoiar ao tecido produtivo para que 'a innovación forme cada día máis parte das empresas', algo fundamental para 'ser máis competitivos e non quedar atrás' nun mundo cada vez máis global e tecnolóxico. Baixo o nome Galicia, fábrica de Innovación, a nosa Comunidade contará por primeira vez cunha estratexia específica para a innovación, un conxunto de medidas cun marco común para coordinar e reforzar os instrumentos de apoio existentes e incorporar outros cunha prioridade: industrializar a innovación.