Noticias

Las fiestas de la Ascensión, de la capital de Galicia, comienzan con un concierto de Los 40

Las Fiestas de la Ascensión 2017, en Santiago de Compostela, arrancan el miércoles 24 de mayo con un concierto de Los 40, según anunció el alcalde, Martiño Noriega, durante la presentación del programa oficial de estas fiestas que tendrán como escenarios musicales princiapales en A Quintana y O Toural.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del Concello de Santiago:

O alcalde presentou a programación das festas da Ascensión, que se celebrarán do 24 ao 28 de maio. Martiño Noriega explicou que o programa "reforzará as propostas máis tradicionais das que son as festas picheleiras por excelencia, ao tempo que incluirá novas actividades pensadas para todos os veciños e veciñas". Como principal novidade, o rexedor destacou o escenario que estará instalado na praza do Toural, polo que pasarán grupos do censo Compostela É! Música, posto en marcha hai uns meses.
Os principais concertos da Ascensión terán lugar no escenario da praza da Quintana, todos eles de balde. Por el pasará, no día grande das festas, o xoves 25, Myles Sanko, un cantante de Ghana afincado no Reino Unido que con tres discos no mercado é xa un referente no soul actual. A súa actuación estará precedida pola de Eladio y los Seres Queridos, que veñen de gañar o premio ao Mellor Álbum en Galego nos galardóns MIN.

O día 27, será a vez de Kiko Veneno, nun concerto que arrancará coa actuación do trío liderado por Marcos Teira, Translatios Trío, co pianista Alejandro Vargas e o bailarín Isaías Montero como invitados.

As propostas da praza da Quintana completaranse co Concerto dos 40 o primeiro día das festas, o mércores 24, que xuntará a Miss Cafeína, Luis Brea y el Miedo e Shinova. O venres 26 será o día reservado para a Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Jonathan Webb, e o domingo 28 será a xornada para os nenos e as nenas, cun concerto con María Fumaça e a Pequena Grande Orquestra.

O alcalde salientou que todos os concertos serán de balde, "porque queremos que a Ascensión sexa unha festa para toda a veciñanza, sen trabas, e aínda que iso supoña ter que poñer máis limitacións á hora de deseñar a programación".

O alcalde salientou a aposta do Goberno "pola música feita aquí", e o interese en darlles aos grupos composteláns a oportunidade de actuar nas festas da cidade. De aí a novidade desta programación: a instalación dun escenario específico na praza do Toural que "estará a disposición dos músicos da cidade que forman parte do censo que se puxo en marcha hai uns meses". Por ese escenario pasarán Carla Green & The Demons, Cachas & Cousins, Roberto Sobrado Grupo e Gergelyes.

Ademais, mantéñense citas musicais consolidadas como o Folc na Rúa, coa participación das agrupacións tradicionais Brincadeira, Cantigas e Agarimos, Colexiata de Sar e Ultreia o xoves 25; e as Corais na Rúa, coa participación de oito agrupacións o sábado 27. Tamén actuarán a Banda Municipal de Música de Santiago os días 25 e 28, e a Banda de Lalín, o día 27.

Haberá igualmente dúas propostas vinculadas aos Orzamentos Participativos na área de Mocidade, cunha festa no Toural o xoves 25 na que participarán Trópico de Grelos e Brinkadelia Troupe; e co Cancelas Fest, o venres 26.

Na programación da Ascensión 2017 non faltan as citas máis tradicionais destas festas, como a Feira Cabalar que se celebrará en Amio o xoves 25; as actuacións das orquestras na Alameda, o LXI Torneo da Chave das Festas da Ascensión, ou a XX Festa dos Maiores, o sábado 27. O alcalde salientou que as entradas estarán á venda a partir do 15 de maio no Teatro Principal en horario de mañá, mantendo o seu prezo nos sete euros dos dous anos anteriores.

O cartel das festas da Ascensión deste ano é obra de Jano Viñuela, un artista que forma parte da MIIC, Mostra Internacional de Ilustración que se pode ver no Auditorio de Galicia ata o 25 de xuño.

R., 2017-05-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES