Noticias

El Concello de Santiago de Compostela aprueba la programación de las fiestas de la Ascensión que se celebran en mayo. Arranca la Feria del Libro en la capital gallega

La Junta de Gobierno aprobó la memoria general de actividades de las Fiestas de la Ascensión 2017, con un presupuesto de algo más de 200.000 euros. El alcalde, Martiño Noriega, explicó que la programación "seguirá en la línea de los últimos años, apostando por la descentralización y por actividades para públicos de distintas edades". Compostela también acoge la Feria del Libro 2017 que regresa a la Alameda.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del Concello de Santiago de Compostela:

Aínda que a programación se presentará en detalle na primeira semana de maio, o alcalde avanzou que "teremos un escenario principal na praza da Quintana, un escenario secundario noutro punto da cidade histórica, con actividades a diario, e actividades específicas para o público infantil".

A Feira do Libro abre as súas portas no paseo central da Alameda de Santiago, e poderase visitar ata o 7 de maio. A tenente de alcalde, María Rozas; o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; e o vicepresidente da Federación de Libreiros de Galicia, Antón Pedreira, presentaron hoxe a 36ª edición desta cita, que leva por lema "A ledicia de ler", en homenaxe ao autor ao que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas, Carlos Casares.
O vicepresidente da Federación de Libreiros de Galicia, Antón Pedreira, explicou que nesta edición da Feira haberá 13 casetas, e están previstas máis de trinta actividades distintas. A inauguración será este sábado, a partir das 12.30 do mediodía, cun concerto da Banda Municipal de Música. A pregoeira será a historiadora Encarna Otero e, tras o seu discurso, inaugurarase tamén a exposición Compostela: 20 fotos con historia, organizada por Alvarellos Editora.

Antón Pedreira salientou que pola Feira pasarán máis de 50 persoeiros vinculados dalgún xeito ao mundo do libro, "sexan escritores, editores ou xornalistas". Entre os nomes propios, o vicepresidente da Federación de Libreiros de Galicia citou a Moncho Borrajo, Fernando Cimadevila, Manuel Núñez Singala, ou Héctor Cajaraville.

Ademais das presentación e firmas de libros, haberá demostracións de acuarela a cargo de Eduardo Baamonde; un obradoiro de elaboración de gominolas ou un taller de caligrafía chinesa. Unha das actividades máis destacadas será unha sesión sobre produtos e cociña de proximidade, con Conchi Docampo, Rita Pesqueira, Kike Piñeiro, Fabián Lorenzo e Rafael Brantúas. Será o xoves 4, a partir das 18:30 horas.

O peche da Feira do Libro terá un marcado carácter musical, co concerto de Grüzvilla.

Na programación da Feira do Libro deste ano ten unha grande importancia o público infantil. Así, mañá mesmo haberá un concerto de Maimiñas, a partir das 19:00 horas. O domingo, á mesma hora, presentarase o espectáculo musical O mundo de Carliños, baseado na figura de Carlos Casares. Tamén está previsto que se celebren talleres de encuadernación para nenos e nenas e sesións de contacontos.

R., 2017-04-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES