
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:
Un ano máis o monte volve a arder sen que a Xunta teña os deberes feitos, a contrario, limitouse a desfacer as medidas adoptadas para acabar coas causas estruturais do lume, non foi capaz de desenvolver unha política de posta en valor do monte e segue combatendo os incendios como fai décadas pese ao cambio de patrón e a desestacionalización dos lumes.
Tras poñer en valor o traballo do persoal anticiendios e solidarizarse coas persoas afectadas, a portavoz nacional, Ana Pontón, explicou as medidas do BNG, inmediatas e a medio prazo, convidando a fuxir do cortoprazismo e do rédito político ante un tema de país. Eu nunca me farei unha foto cunha mangueiriña, explicou graficamente.
No curto prazo, e á vista das 2.200 hectáreas que xa foron pasto das lapas, o BNG fai tres propostas. Primeiro, que a Xunta poña en funcionamento o 100% do operativo de loita contra os lumes garantindo o seu carácter público e a súa profesionalidade. Segundo, convocatoria inmediata da liña de axudas para a limpeza de montes con rozas masivas e un incremento das franxas de protección, para priorizar a preservación de vivendas e infraestruturas.
E, en terceiro lugar, aprobación do Plan de Prevención e Defensa Contra os Incendios Forestais de Galicia (Pladiga) 2017 sen esperar ao mes de maio. Como medidas a medio prazo, Pontón aposta por non usar os lumes dun xeito partidario e chama a sacar adiante un gran acordo contra os incendios forestais e en defensa do monte. Ese acordo debe pasar por diversificar o aproveitamento do territorio sen hipotecalo á estratexia de ENCE e ao monocultivo do eucalipto e debe incluír un plan para revitalizar o rural.
Para o BNG a loita contra o lume é unha cuestión de país, fai falta unha proposta seria e é fundamental que todas as forzas políticas e todos os axentes sociais implicados nos poñamos a traballar en defensa do noso medio rural e cun gran acordo do país, porque non vale mirar para outro, hai que facer propostas, alegou.
O BNG considera que se trata dun problema con múltiples caras: abandono do medio rural, despobación e envellecemento, unha industria do lume e intereses espurios arredor da extinción, un goberno carente dunha política que poña en valor o monte, citou Pontón.
Un monte ordenado e produtivo é o mellor antídoto contra os incendios porque un monte limpo, ordenado, ao que se lle saca proveito é máis difícil que arda e se o fai sería máis fácil apagar o incendio, argumentou a dirixente do Bloque, quen tamén pediu incrementar a implicación social e máis dotación pública para loitar contra as persoas incendiarias.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.