
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:
A portavoz nacional, Ana Pontón, anunciou que o BNG vai solicitar por quinta vez a creación dunha comisión de investigación sobre o accidente de Angrois porque, aínda que valora como positiva a decisión das cortes de Castela-León, considera vergoñento que non se poda levar a cabo unha investigación precisamente por parte do Parlamento do país no que se produciu o accidente.
Alegrámonos que haxa un Parlamento que pida a creación dunha comisión, pero desde o BNG parécenos vergoñento que no país onde se produciu o accidente, onde todos e todas nos solidarizamos coas vítimas, á hora da verdade se lle pechen as portas as súas reclamacións, denunciou Pontón, quen reclamou ao PP e ao PSOE que muden a súa posición que, sistematicamente, teñen impedido levar á Camara este asunto.
Que teñan a honestidade para recoñecer que non houbo unha investigación independente e, en segundo lugar, recoñezan que é impresentable que non haxa unha investigación parlamentaria que dirima as responsabilidades políticas sobre o accidente ferroviario máis grave en Galiza, instou Pontón, quen fixo esta valoración precisamente desde a estación ferroviaria de Urzaiz en Vigo, onde compareceu para denunciar a falta de compromiso do Estado para modernizar a conexión por tren con Portugal.
A dirixente do Bloque interpelou expresamente ao presidente da Xunta para que levante o veto do PP no Parlamento. Chamo a Feijóo a reflexionar e que, senón quere apoiar a investigación, polo menos que non sexa un obstáculo e se absteña ante a nosa nova solicitude, porque queremos unha investigación independente porque temos unha débeda coas vítimas e con este país, e necesitamos ter a seguridade de que cando viaxamos en tren se fai nas mellores condicións e non se vai volver repetir un accidente destas características.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.