
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del Ayuntamiento de Santiago:
Unha vez presentado o documento, ábrese un prazo para o debate e a aportación de suxestións por parte de todas as Administracións e membros participantes. Nas vindeiras semanas iranse incorporando novas propostas co fin de mellorar o documento.
No transcurso da reunión tamén se deu conta dos actos previstos para conmemorar os 25 anos da creación do Consorcio. E aprobáronse varias liñas de axudas no marco do Programa de Recuperación Urbana do organismo e unha serie de convenios con fins culturais.
A Comisión aprobou as bases reguladoras e a convocatoria para a concesión de axudas á rehabilitación dos elementos especiais de madeira e reixas nos inmobles situados no ámbito do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica. Con esta iniciativa búscase mellorar a eficiencia enerxética das vivendas, co consecuente aforro económico para os cidadáns, xunto co seu illamento acústico. O importe global destas subvencións ascende aos 150.000 euros.
Por outro lado, deuse luz verde á convocatoria para a concesión de subvencións no marco do Programa Localízate 2017, centrado na mellora dos locais comerciais da cidade histórica. Este ano destinaranse 150.000 euros en axudas para optimizar a accesibilidade, a eficiencia enerxética, a imaxe exterior e o acondicionamento interior dos locais.
Terán preferencia as obras destinadas a mellorar a accesibilidade e primarase así mesmo a apertura de novos locais actualmente sen uso. Ademais, búscase favorecer a redución do consumo enerxético (o que afecta ás instalacións de iluminación, electricidade e acondicionamento de aire), a mellora da imaxe externa e do interior, o acondicionamento acústico e tamén se subvencionan os honorarios de redacción do proxecto e dirección técnica da obra.
Na xuntanza aprobáronse varios convenios con diferentes organismos e entidades culturais e educativas da cidade, por un valor global de 809.588,23 euros. No caso do Concello de Santiago, levarase a cabo o proxecto de restauración e mellora do itinerario fluvial "De ponte a ponte polo río Sarela", co fin de recuperar e poñer en valor a riqueza patrimonial e ambiental desa zona. E co Concello continúa o acordo para a realización do espectáculo dos fogos do Apóstolo deste ano.
Co Auditorio de Galicia aprobouse un convenio para o desenvolvemento de diversas actividades culturais e outro para a celebración do festival de cine Cineuropa 2017. Coa Fundación Granell mantense o acordo para a posta en marcha de iniciativas culturais na súa sede. Pola súa parte, segue a colaboración con Música en Compostela, o curso universitario internacional de música española que cada ano se celebra en Santiago durante o mes de agosto.
Ademais, renóvase o convenio co Instituto Arcebispo Xelmírez I para seguir coa restauración dos fondos bibliográficos da súa biblioteca histórica. Ao longo do ano pasado xa se avanzou moito nas tarefas de recuperación e conservación e agora, nesta segunda fase, desenvolverase a restauración dunha primeira edición completa de L´Encyclopédie ou Dictionnaire Raisonné des Sciences, des Arts et des Métiers do século XVIII e o tratamento dunha serie de láminas e mapas antigos. Está previsto ademais realizar unha exposición co material máis valioso que atesoura a biblioteca.
A Comisión Executiva do Consorcio aprobou as bases para convocar a praza de director técnico da Real Filharmonía de Galicia, ao quedar vacante na derradeira convocatoria. Nos candidatos valorarase, entre outros aspectos, a experiencia profesional en tarefas de máxima responsabilidade técnica nunha orquestra pública e/ou nun organismo de carácter cultural.
Ao remate da xuntanza, os membros da Comisión Executiva despediron ao secretario do Consorcio e do Concello de Santiago, Javier Castiñeira Izquierdo, que en breve abandonará o cargo en ámbolos dous organismos con motivo da súa xubilación.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.