Noticias

Las mujeres que se atrevieron a denunciar acoso laboral protagonizan la campaña del BNG del 8 de marzo, Día Internacional de la Mujer

La portavoz nacional del BNG, Ana Pontón, denuncia que las mujeres están más desprotegidas por la normativa aprobada por el PP y anuncia que preguntará a Feijóo en el Parlamento por el incremento de la desigualdad. El BNG convierte a las mujeres que se atrevieron a denunciar acoso laboral en protagonistas de su campaña del 8 de marzo, Día de la Mujer.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:

Baixo o lema O acoso laboral é desigualdade, é violencia: Erradiquémolo, o BNG pon en marcha a campaña con motivo do 8M centrada na loita contra o acoso laboral e da man de mulleres que sufriron esta forma de violencia e tiveron a coraxe de denunciar e defender os seus dereitos: Nélida Pisco e Maribel Coto que, xunto coa portavoz nacional, Ana Pontón, e a portavoz parlamentaria de Igualdade, Noa Presas, puxeron o foco sobre este problema en vésperas da celebración do Día Internacional da Muller.

Nélida e Maribel, -nun relato contundente e clarificador da súa situación persoal de acoso laboral e de acoso sexual no traballo-, denunciaron a indefensión na que se ven tanto por parte das empresas como por parte dos poderes públicos, e instaron ás mulleres a denunciar por ser a única maneira de mudar as cousas.

“O importante é loitar porque recuperas a túa autoestima, porque cando loitas as cousas cambian aínda que non che dean a razón”, subliñou Maribel. “Non estou triste, estou enfadada, pero estou aquí polas miñas nenas, que son mulleres, e cando miro para elas digo, isto non pode ser así, por elas xa merece a pena loitar”, explicaba Nélida.

A portavoz nacional puxo sobre a mesa a escalada de asasinatos de mulleres, -16 en dous meses-, a causa do terrorismo machista como expresión extrema de desigualdade e de violencia e criticou a falta de implicación da Administración pública que non ve nestes crimes un problema de Estado. “Que pasaría se en lugar de 16 mulleres asasinasen a 16 deputados ou deputadas? Minutos de silencio?”, interpelou, como primeira reflexión na presentación da campaña do Bloque para o 8M.

Pontón salientou que a crise agudizou a discriminación e a desigualdade laboral das mulleres. “Coa crise medrou a desprotección das mulleres no ámbito laboral, agora máis vulnerables, e o Estado en vez de amparalas o que fixo foi aprobar normas que nos restan mecanismos para defender os nosos dereitos”, indicou. Citando o informe 2016 do Fondo Mundial Económico, ao ritmo actual precísanse 170 anos para acadar a igualdade económica entre homes e mulleres.

A dirixente nacionalista explicou as medidas do Bloque para combater o acoso sexual no traballo e o acoso laboral por razón de sexo, en particular as que poden implementarse na Administración pública, “para dar exemplo”.

NoticiaAsí, o BNG propón que as administracións rescindan as contratacións con empresas que teñan condenas por acoso sexual e moral e incluír nos pregos de contratación penalizacións e rescisión de contratos por causa de discriminación por xénero ou orientación sexual.

Igualmente, sancións a todas as empresas que vulneren a igualdade de xénero e promover escolas infantís nas compañías de máis de 300 empregos para que os país e as nais podan deixar aos fillos e fillas. “Hai que ter en conta que Galiza é a segunda comunidade que máis denuncias acumula por vulneración da conciliación familiar, segundo o informe do Consello Xeral do Poder Xudicial”, explicou Pontón.

O Bloque tamén pide que se faga un estudo de avaliación da Lei galega de igualdade, tras doce anos de funcionamento e unha revisión dos protocolos de actuación e protección das mulleres que sofren acoso laboral. A portavoz nacional interpelará ao presidente da Xunta polo incremento da desigualdade entre as mulleres na próxima sesión de control no Parlamento e, en nome do BNG, convida a participar na manifestación organizada en Santiago este domingo con motivo do Día internacional da Muller.

Fotografía: Gabinete de Comunicación del BNG

R., 2017-03-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES