
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:
O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, dixo que a negativa de Feijóo a convocar oposicións en Galicia responde á súa incapacidade política e escaso peso no seu partido. Criticou que ceda diante da chantaxe política do Goberno central, que liga as OPEs á aprobación dos Orzamentos sen base legal.
Si que ten base legal, explicou, a taxa de reposición do cen por cen aínda vixente ligada a uns orzamentos que están prorrogados- e que obriga a convocar todas aquelas prazas que teñan quedado vacantes. Sinalou ademais a OPE complementaria como vía para cambiar as prazas precarias por outras estables e comezar a recuperar os postos de traballo amortizados coa escusa da crise.
Engadiu que Feijóo non soamente pode, senón que debe convocar unha OPE en educación e sanidade por un mínimo dun cen por cen das prazas vacantes para cubrir a taxa de reposición, o que é a súa única responsabilidade. Urxiu á convocatoria das prazas de ensino nun prazo máximo de 3 semanas para chegar a tempo ao próximo curso escolar, no mes de setembro.
Reclamou unha acción rápida e decidida do goberno galego para salvar un proceso de precarización sen precedentes dos servizos públicos, e puntualizou que non suporía incremento do gasto porque trátase de transformar precarios en estables.
Apuntou que en Galicia hai actualmente 15.000 persoas preparando exames para ensino, unha cifra que posiblemente se multiplique por dous ao sumar os de sanidade e servizos sociais. Con esta estratexia, dixo, están garantindo o deterioro dos servizos públicos, incentivan ás privatizacións e precarizan as condicións laborais de a lo menos 7.000 traballadores da sanidade pública e ou tras 4.000 no ensino.
Acusou a Feijóo de intentar deixar no tellado de outros a responsabilidade sobre unha convocatoria de oposicións que en realidade descansa no tellado do seu partido, do seu goberno e do seu propio, se tivera o peso que di ter. O presidente do goberno e o ministro de Facenda, dixo, toman como reféns a comunidades autónomas, aos usuarios dos servizos públicos e a milleiros de opositores coas súas ameazas de cuestionar as convocatorias nos tribunais.
Dixo que a negativa a convocar prazas depende da súa vontade, xa que o goberno central pode tramitar un decreto Lei para fixar novas taxas de reposición en comunidades autónomas e concellos. Este mecanismo, sinalou, foi o que utilizou precisamente para modificar o Salario Mínimo Interprofesional e actualizar as pensións, que unicamente tería que pasar polo Congreso, onde non atoparía ningún problema.
O responsable socialista sinalou que a resposta do goberno e do presidente galego, responde a unha deriva recentralizadora por parte do goberno de Rajoy en contra dos servizos públicos. A súa imposición de taxas de reposición leoninas, explicou, alimentou a precarización e os recortes durante a crise e nunha fase de expansión supón un corsé que asfixia aos servizos públicos.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.