Noticias

El BNG reivindica que el Panteón de Galegos Ilustres sea de nuevo un espacio civil y laico y la Xunta reivindica una ley de consenso

El conselleiro de Educación e Cultura de la Xunta defiende que la "solución" para la gestión del Panteón de Galegos Ilustres es una ley consensuada en el Parlamento que reconozca el espacio en el que reposan los restos de personalidades como Rosalía de Castro o Castelao. El BNG apuesta por recuperar este espacio compostelano como un lugar "civil y laico".

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, invitou a lograr un consenso no Parlamento de Galicia para elaborar unha lei autonómica que recoñeza o Panteón de Galegos Ilustres como o cuarto símbolo de Galicia, xunto co himno, coa bandeira e co escudo. En resposta a unha pregunta do BNG, o responsable do departamento de Cultura da Xunta de Galicia explicou que “é na Cámara de representación dos galegos e galegas onde ten que xurdir o consenso arredor de algo que tende a converterse en símbolo de Galicia”.

Neste sentido, o conselleiro lembrou que toda proposta relativa ao Panteón debe ter como punto de partida a Proposta de lei elaborada en 2011 pola comisión interinstitucional coordinada polo Consello da Cultura Galega e, así mesmo, debe contar, tal e como recordou, co consenso e apoio de todas as institucións implicadas.

Deste xeito, avanzou que a Xunta de Galicia apoiará e colaborará na solución que, froito do máximo consenso posible, se aprobe no Parlamento galego, postura que, de feito, xa quedaba recollida no propio programa electoral do PPdeG. Así mesmo, Román Rodríguez animou ao BNG a sumarse a unha iniciativa de consenso que permita potenciar e recoñecer o Panteón de Galicia como un elemento singular da identidade galega.

En todo caso, tamén lembrou a negociación realizada no seu día pola Consellería de Cultura e Turismo co Arcebispado de Santiago para garantir o acceso público xeral a este espazo patrimonial esencial para Galicia, despois dun proceso xudicial que estableceu a súa titularidade a favor da Igrexa, e non do Concello. Nos últimos anos –subliñou– o Goberno galego traballou co obxectivo de garantir tanto a apertura ao público do Panteón, como o seu uso en condicións de plena normalidade por parte de toda a cidadanía.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:

O BNG volveu reclamar no Parlamento galego o uso civil, laico e titularidade pública do Panteón de Galegos Ilustres ante a imposibilidade de poder visitalo sen a pertinente autorización do Arcebispado de Santiago.

A través dunha pregunta parlamentaria ao goberno, a deputada do BNG, Olalla Rodil considerou paradóxico que non exista ningún problema para bautizar o actual aeroporto de Santiago de Compostela co nome da poeta nacional, Rosalía de Castro, e sen embargo, o Panteón de Galegos Ilustres, “un dos principais símbolos de Galiza” que acolle a tumba da figura clave do rexurdir cultural galego non poida ser visitada con liberdade sen a conseguinte autorización do Arcebispado de Santiago.

A deputada insistiu na necesidade de ofrecer unha solución ao actual emprazamento do Panteón polo que volveu a preguntar se existe algunha medida, por parte do goberno galego, para que de novo, o “panteón sexa de titularidade pública e cun uso civil e laico” porque coa titularidade da Igrexa, “non está sendo así”, recalcou Rodil.

Pola súa parte, o conselleiro Román Rodríguez respondeu que a Xunta está disposta a un acordo conxunto con todas as forzas políticas para unha “lei autonómica que recoñeza o Panteón de Galegos Ilustres como símbolo da Cultura galega” e como xa figura no propio programa electoral do Partido popular ao que a nacionalista replicou que é necesario buscar unha solución a un espazo que na súa orixe xa foi concebido como un espazo de “titularidade pública e laico” e polo tanto, reiterou, debe recuperar esa consideración.

Por outra parte, lembrou que o Museo do Pobo galego, situado no mesmo enclave que o Panteón é de titularidade pública, neste sentido, reclamou tamén esta condición para o Panteón de Galegos Ilustres. “Debe ser público, laico, de interese cultural, posto en valor e promovido para o seu coñecemento”.

Fotografía: Gabinete de Comunicación del BNG

R., 2017-02-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES