Noticias

Exposiciones, estudios críticos o traducciones, entre las actividades programadas para conmemorar el Día das Letras Galegas 2017 en homenaje a Carlos Casares

El conselleiro de Cultura, Educación y Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, presentó en la sala Eisenman del Gaiás el avance de la programación de la Xunta para conmemorar las Letras Gallegas 2017, dedicadas al ourensano Carlos Casares Mouriño. Entre ellas, muestras, iniciativas de participación social, ediciones conmemorativas, estudios críticos o traducciones, así como una programación divulgativa y académica.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, presentou na sala Eisenman do Gaiás o avance da programación da Xunta de Galicia para conmemorar as Letras Galegas 2017, dedicadas ao ourensán Carlos Casares Mouriño. Persoeiro que, en palabras do titular de Cultura representa “a cerna do galeguismo que queremos”, destacando del que “foi unha persoa íntegra e conciliadora, que entendeu Galicia como proxecto de suma de vontades.”

Así mesmo, Román Rodríguez afirmou que o Día das Letras é unha conmemoración á que a Xunta, canda a promotora da celebración, a Real Academia Galega, e en conxunto con outras administracións, entidades e organismos, se suma co espírito de loa e promoción social da nosa literatura e da nosa lingua propia. Procurando ademais un traballo transversal na dinamización e uso do galego a nivel social.

A programación conxunta das Letras Galegas inclúe mostras, iniciativas de participación social como roteiros, concursos e homenaxes, edicións conmemorativas, estudos críticos ou traducións, así como unha programación dobre, con orientación divulgativa e académica, actividades de dinamización lingüística nos centros educativos e de promoción e difusión da obra de Casares nas bibliotecas de Galicia.

Ademais do conselleiro de Cultura e Educación, participaron na rolda de prensa o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero; o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares Paz; o presidente da Fundación Carlos Casares, Xavier Casares Mouriño; a directora da Televisión de Galicia, Rosa María Vilas Núñez; o director do Centro PEN Galicia, Luís González Tosar; o director xeral de Galaxia, Francisco Castro Veloso; o deputado provincial de Cultura da Deputación de Ourense, Manuel Doval Soto; a concelleira de Educación, Cultura, e Comercio do Concello de Ourense, Belén Iglesias Cortés; e o concelleiro de Turismo de Xinzo de Limia, Carlos Gómez. Igualmente, estiveron presentes Anxo Lorenzo e Valentín García, secretarios xerais de Cultura e Política Lingüística, respectivamente.
Exposicións e divulgación exterior

En canto ao eido expositivo, a Xunta promove a mostra “Casares na Biblioteca de Galicia”. Este centro custodia a biblioteca e o arquivo persoal de Carlos Casares, con preto de 6.000 volumes, entre os que se inclúen primeiras edicións e coleccións completas de destacados autores da literatura galega, ademais de manuscritos, cartas, fotografías etc. Unha selección destes fondos poderase ver nesta exposición conmemorativa das Letras Galegas.

A maiores, desde o Goberno galego apoiarase outros importantes proxectos expositivos temporais e itinerantes que achegarán a figura de Casares ao público, como son “Os mundos de Carlos Casares”, “O Principiño ao redor do mundo”, “Carlos Casares e a fotografía” ou “As caras dos libros”.

Para completar ese coñecemento, ademais do traballo que se realice en Galicia, cómpre facer un labor de divulgación fóra. Para isto a Secretaría Xeral de Cultura, en coedición con Small Stations Press, promove a primeira versión en inglés da obra “Ilustrísima”. A maiores, os Centros de Estudos Galegos da Secretaría Xeral de Política Lingüística desenvolverán, en universidades de todo o mundo durante o mes de maio, diversas actividades de promoción do autor ourensán.

No caso da programación divulgativa e académica, haberá diversos faladoiros, ciclos de conferencias e xornadas que terán o seu colofón no “Simposio Carlos Casares”. A Real Academia, o Consello da Cultura e a Fundación Carlos Casares, co apoio da Xunta de Galicia, desenvolverán durante o mes de novembro nas cidades de Santiago, Ourense e A Coruña un ciclo de conferencias e de relatorios sobre todos os aspectos salientables da vida e obra de Casares.

Ademais, Casares terá tamén unha oferta plural de iniciativas na Internet que levarán a súa figura á rede, universalizando o acceso e descubrindo novas facetas do persoeiro. Por unha banda, Galiciana −o repositorio dixital da nosa comunidade, dependente da Biblioteca de Galicia e integrado no proxecto comunitario Europeana− prepara un micrositio dedicado a Carlos Casares, para mellorar a difusión dos valiosos fondos bibliográficos en formato dixital de ou sobre Casares, potenciando a súa accesibilidade universal na rede.

E por outra desenvolverase o proxecto “As Letras no patrimonio documental”. O Sistema de Arquivos de Galicia custodia un patrimonio escrito de diversas épocas que fai referencia ao Día das Letras e aos seus protagonistas. Para dalo a coñecer, o Arquivo de Galicia realizará unha selección destes documentos que publicará en formato electrónico e que se porá a disposición pública.

Dentro da programación para a Dinamización Lingüística, cómpre destacar dous proxectos para o uso e promoción do galego entre a infancia e a mocidade: “A galiña azul” e “O tren que me leva.”

FalaRedes, o programa de dinamización lingüística da Xunta, incorpora en 2017 unha proposta escénica para fomentar o lecer en galego dos máis pequenos, cun espectáculo teatral baseado no libro “A galiña azul”. A función, baixo a dirección de Galaxia, percorrerá 21 concellos da Rede de Dinamización Lingüística ao longo do ano.

Ademais, en colaboración con Renfe porase en marcha un programa de rutas, “O tren que me leva”, que ten entre os seus obxectivos educativos achegarlle o galego á mocidade e dar a coñecer a figura de Casares. Está dirixido a alumnado de 5º e 6º de primaria e de educación secundaria de centros de titularidade autonómica.

Así mesmo, entre as actividades para o ámbito educativo cómpre destacar o “Concurso-Exposición das Letras Galegas 2017”. A Secretaría Xeral de Política Lingüística convocou un concurso aberto aos centros de ensino non universitario galegos para a realización dunha mostra de carteis divulgativos sobre a obra e a época de Carlos Casares.

As propostas gañadoras para primaria e secundaria, acompañadas das correspondentes unidades didácticas, serán editadas e distribuídas en máis de 1.600 puntos de Galicia e do exterior, entre centros educativos, bibliotecas e casas da cultura, centros galegos da emigración etc.

Fotografía: Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia

R., 2017-02-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (lugopoetica-2026.jpg) O proxecto Lugopoética dá un novo paso na difusión da poesía galega coa publicación do libro Lugopoética 2026, unha obra que recolle a creación e as reflexións de doce poetas participantes na terceira edición deste ciclo literario, desenvolvido na sede da UNED de Lugo durante o primeiro semestre do ano. A publicación reúne os contidos dun programa que busca achegar a poesía á cidadanía, favorecer o encontro entre autores e lectores e contribuír á difusión da literatura en lingua galega. A iniciativa consolídase así como un espazo de diálogo arredor da palabra poética, no que conviven traxectorias consolidadas e novas voces da creación literaria.
Foto de la tercera plana (industria.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Consello aprobou hoxe a Estratexia Galega de Innovación Empresarial, 'con horizonte 2028 e dotada de máis de 400 millóns de euros'. O obxectivo é apoiar ao tecido produtivo para que 'a innovación forme cada día máis parte das empresas', algo fundamental para 'ser máis competitivos e non quedar atrás' nun mundo cada vez máis global e tecnolóxico. Baixo o nome Galicia, fábrica de Innovación, a nosa Comunidade contará por primeira vez cunha estratexia específica para a innovación, un conxunto de medidas cun marco común para coordinar e reforzar os instrumentos de apoio existentes e incorporar outros cunha prioridade: industrializar a innovación.

Notas

A Conferencia internacional de investigación en linguas celebrou o ano pasado a súa primeira edición, un evento que marcou o fito inaugural do Instituto de Investigación iLingua. O simposio nacía con vocación de continuidade e así será, porque en novembro terá lugar a segunda edición. O programa do CIIL26 incluirá, ademais de conferencias plenarias convidadas, comunicacións presentacións e exposicións de pósteres.
Quince centros educativos galegos participarán no VII programa Talentos Inclusivos do CITIC, tal e como se recolle na resolución publicada pola Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa. Dez centros da provincia da Coruña, dous de Lugo, un de Ourense e dous de Pontevedra súmanse a esta iniciativa, orientada ao desenvolvemento de solucións tecnolóxicas que contribúan a mellorar a autonomía e a calidade de vida das persoas con discapacidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES