Noticias

Medio centenar de actores y actrices participan en las pruebas para la producción Martes de Carnaval, del Centro Dramático Galego-CDG

Cincuenta actores y actrices participarán en las pruebas para el elenco de "Martes de Carnaval", del CDG. En las audiciones, que se celebran del 13 a 16 de febrero, se escogen los 10 intérpretes que encarnarán 35 personajes. El montaje está previsto que se estrene el 20 de abril en el Salón Teatro de Santiago de Compostela. La AAAG cuestiona el proceso de selección impuesto por Agadic.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

El Centro Dramático Gallego (CDG) desarrolla del 13 a 16 de febrero, las pruebas de interpretación para seleccionar el elenco de su próxima producción, ‘Martes de Carnaval', de Ramón María del Valle-Inclán. Un total de 50 actores y actrices concurrirá la estas audiciones, en las que se decidirán los 10 profesionales (4 protagonistas y 6 principales) que encarnarán los 35 personajes de las dos piezas del espectáculo: ‘Las galas del difunto' y La hija ‘del capitán'.

La pontevedresa Marta Pazos, directora, actriz y artista plástica de la compañía Voladora, artífice de espectáculos como ‘Calypso', ‘Don Juan', ‘Waltz' o La Tempestad,' ‘será la directora de escena de las dos obras que componen el montaje, después de que Tito Asorey, inicialmente propuesto para asumir ‘Las galas del difunto', renunciara a su participación por no llegar a un acuerdo sobre los determinantes legales que rigen el proceso de selección de actores, de obligado cumplimiento para la Administración pública.

Esta renuncia supuso una revisión y reorganización de las fechas de las pruebas, por lo que los ensayos darán comienzo el 27 de febrero. ‘Martes de Carnaval' se estrenará finalmente el 20 de abril en el Salón Teatro de Santiago de Compostela y mantendrá los días de representación en los restantes escenarios gallegos en los que está programada.
Presentadas 244 personas

Los candidatos y candidatas que concurrirán a las audiciones superaron la primera parte de selección del proceso, consistente en la valoración del currículo profesional. Fueron 244 las personas que se presentaron la esta convocatoria, publicada el pasado 19 de diciembre.

‘Martes de Carnaval' es la producción propia para 2017 del CDG, unidad dependiente de la Consellería de Cultura, Educación y Ordenación Universitaria, con la que la compañía pública se suma a la puesta en escena de Valle-Inclán en gallego en el año en el que la obra del autor arousano pasa a dominio público y puede ser traducida la cualquier lengua.

Nota de prensa de la Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG):

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), asociación sindical que aglutina a preto de 300 actores e actrices, lamenta os atrancos que está a vivir a produción do Centro Dramático Galego (CDG) Martes de Carnaval, tras as dimisións de tres membros do tribunal do concurso público desenvolvido pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). Entre esas dimisións, atópase a de Tito Asorey, quen ía dirixir As Galas do defunto (unha das dúas partes nas que se configura a produción Martes de Carnaval), quen nun comunicado enviado aos medios e, recollido entre outros pola Erreguete, sinala que os motivos da súa dimisión proceden da “falta de acordo coa administración” en canto ao procedemento xurídico que regula a selección do elenco desta montaxe, xa que a aplicación deste proceso “dificultaba enormemente” o proceso artístico do propio Asorey como director.

Ante estes feitos, a AAAG lamenta os atrancos que se están a producir nesta montaxe, a única anunciada para desenvolver ao longo do ano 2017, e aproveita a ocasión para cuestionar unha vez máis o proceso de selección que a Agadic impuxo para o CDG. Un proceso ante o cal a AAAG sempre manifestou a súa oposición ao considerar que non é o máis axeitado para unha institución coma o CDG, xa que pasa por alto as particularidades laborais e artísticas dos actores e actrices e directores e directoras, tal e como indica Asorey no seu comunicado. Cómpre lembrar que a AAAG transmitiu en diversas ocasións á directora do CDG, Fefa Noia, e ao director da Agadic, Jacobo Sutil, estas preocupacións así como as posibles consecuencias, que agora se materializan e entorpecen o funcionamento desta institución de teatro público, fundada fai 33 anos grazas ao entendemento entre o sector e a administración daquela altura.

A AAAG detectou o descontento xeneralizado que existe na profesión diante do proceso e en base a multitude de reclamacións que recibiu por parte dos seus asociados/as ao respecto de presuntas irregularidades que se estarían a producir na selección de intérpretes no citado proceso. A AAAG, ao recibir esta comunicacións esixiulle ao director da Agadic, Jacobo Sutil, explicacións -tanto por escrito coma nunha xuntanza- do que estaba a acontecer, así como se lle lembrou que a AAAG está en desacordo con este proceso para escoller os elencos, pero que no momento en que puxeron en marcha un concurso público destas características, cumpría facelo coa máxima corrección e transparencia. Consideramos que a Agadic non cumpriu coa necesaria transparencia e evitou ofrecer explicacións públicas das dimisións, así como as razóns que as motivaron e proseguiu co proceso cunha aparente normalidade que, vendo as informacións publicadas na prensa, dista de toda realidade.

A AAAG, ante estas circunstancias e co obxectivo de garantir que a situación non implique baixo ningún concepto a parálise da institución e que neste 2017 se vexa materializada Martes de Carnaval -montaxe chamada a ser a segunda adaptación ao galego de Valle-Inclán estreada tras a liberación dos seus textos- insta á Agadic a que realice as explicacións públicas oportunas e suficientes.

Así mesmo, a AAAG agarda un compromiso firme da Agadic para que esta sexa a derradeira ocasión en que se desenvolva un concurso destas características e que a partir de agora -e recuperando o espírito fundacional de diálogo entre a administración e profesión co que naceu o CDG-, busquemos entre todos/as un novo modelo que satisfaga a todas as partes implicadas: actores e actrices, directores e directoras e a propia administración.

Con esa meta, a AAAG sinala como unha necesidade urxente que o Centro Dramático pase a ser na maior brevidade posible unha institución independente, cunha personalidade xurídica propia e autónoma, cuns estatutos propios. Así mesmo, a AAAG anuncia a súa intención de traballar para ofrecer alternativas que satisfagan a todas as partes e para iso iniciará unha rolda de consultas dentro do sector, comezando por escoitar e analizar diferentes propostas cos directores e directoras teatrais, así como do seu corpo asociativo.

Consideramos, ademais, que é o momento idóneo para abordar este asunto coa administración por tres motivos. O primeiro, dadas as circunstancias actuais, todas as partes han entender que unha situación como actual non se poder repetir. O segundo, a disposición da actual directora do Centro Dramático, que procura sustentar o seu labor no diálogo fluído coa profesión, intención que aplaudimos e á que respondemos sempre coa esperanza de que algún día sexa máis efectivo cá estético. O terceiro motivo vén dado polo anuncio realizado o pasado 23 de xaneiro na entrega dos Premios da Cultura Galega por parte do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen adiantou a próxima creación dun plan para o sector cultural.

Fotografía: Archivo GD / Xunta de Galicia

R., 2017-02-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) CiberLabFP configúrase como un espazo de aprendizaxe, experimentación e desenvolvemento de competencias en contornos reais que integran tecnoloxías da información (IT) e de operación (OT) para así adaptar a Formación Profesional aos novos escenarios de transformación dixital. Entre as súas funcionalidades destacan a formación especializada do profesorado, a simulación de ciberataques e defensa en contornos virtuais, a análise forense industrial ou a validación de sistemas. Ademais, contará cunha estación móbil que permitirá levar a tecnoloxía a centros educativos e realizar demostracións en empresas e feiras.
Foto de la tercera plana (costa-litoral-illas-cies.jpg) Celebrouse hoxe a sesión constitutiva do Foro do Litoral de Galicia, que será o máximo órgano colexiado de consulta e participación do conxunto da sociedade co fin de optimizar a xestión e ordenación da costa galega. Nel están representadas a Administración autonómica e as locais así como os sectores social, científico, económico e medioambiental e as entidades implicadas na protección do patrimonio natural co fin último de garantir unha gobernanza que permita unha participación suficiente de todos os sectores da sociedade interesados no litoral. A constitución do foro facilitará a partir de agora facer un seguimento das normas, políticas e instrumentos do litoral.

Notas

Baixo o lema A inclusión no centro: perspectivas internacionais para o cambio institucional desenvolverase entre os días 4 e 8 de maio a International Staff Week 2026, unha iniciativa coa que a Vicerreitoría de Internacionalización persegue un triplo obxectivo: fortalecer as relacións internacionais da UVigo: explorar novas oportunidades de colaboración académica; e compartir boas prácticas en materia de mobilidade internacional.
Un estudo realizado por persoal investigador do grupo de Neurobioloxía Celular e Molecular da Enfermidade de Parkinson do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CiMUS) e da Universidade de Cambridge, coa colaboración doutras institucións europeas como o Instituto Karolinska, propón unha nova forma de entender como se dana e se repara o cerebro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES