Noticias

La película "María y los demás" y la miniserie "Dalia, a modista" acaparan el mayor número de nominaciones a los XV Premios Mestre Mateo

El filme María y los demás y la miniserie de la TVG Dalia, a modista encabezan la lista de nominados a los XV Premios Mestre Mateo en los que destacan con 13 y 12 candidaturas, respectivamente. La serie "Serramoura" y la pelícual "Cen anos de perdón" son otras de las producciones más nominadas a estos premios que está previsto que se entreguen el 4 de marzo en A Coruña.

Nota de prensa de la Academia Galega do Audiovisual:

A Academia Galega do Audiovisual deu a coñecer as obras e artistas nomeados para a décimoquinta edición dos premios Mestre Mateo que cada ano revisan a produción audiovisual galega. A Academia deu a coñecer os finalistas nesta edición dos premios nun acto celebrado na sede da Fundación SGAE en Santiago que estivo presentado pola actriz María Vázquez e o actor Federico Pérez, e no que tamén participou o presidente da AGA, Carlos Ares.

Trala primeira rolda de votacións a longametraxe María y los Demás obtivo o maior número de nominacións (13), entre elas as de Mellor Longametraxe, Interpretación feminina protagonista, Interpretación feminina de reparto, Dirección e Guión.

A segunda produción máis nomeada foi a serie de televisión Dalía, a Modista, con 12, entre elas as de Mellor serie de televisión, Interpretación feminina protagonista, Interpretación masculina de reparto, Interpretación feminina de reparto, Dirección e Dirección de fotografía.

Por número de candidaturas tamén destacan a serie de televisión Serramoura e a longametraxe Cen Anos de Perdón, con oito nominacións cada unha.

Os membros da AGA iniciarán agora unha segunda rolda de votacións para elixir aos gañadores en cada unhas das 25 categorías. Os resultados daranse a coñecer na Gala dos premios Mestre Mateo que se celebrará o 4 de marzo no Palacio de Exposicións e Congresos (Palexco) da Coruña.

Listado de nominados por categorías:

María y los Demás (13)
Mellor Longametraxe (Frida Films–Avalon–TVG-­‐Movistar Plus-­‐TVE), Interpre-­‐ tación feminina protagonista (Bárbara Lennie), Interpretación feminina de reparto (María Vázquez), Dirección (Nely Reguera), Guión (Nely Reguera, Diego Ameixeiras, Eduard Sola, Valentina Viso e Roger Sogues), Dirección de Fotografía (Aitor Etxeberria), Dirección de Produción (Sergio Frade), Dirección de Arte (Andrea Pozo), Montaxe (Aina Calleja), Música Orixinal (Nico Casal), Son (Juan Gay, Diego Staub e Miguel Barbosa), Vestiario (Aránzazu Domínguez), Maquillaxe e Perruquería (Susana Veira e Beatriz Antelo)

Dalia, a Modista (12)
Mellor serie TV (TVG-­‐CTV), Interpretación feminina protagonista (María Mera), Interpretación masculina de reparto (Xoán Forneas), Interpretación feminina de reparto (Covadonga Berdiñas), Dirección (Giselle Llanio), Dirección de fotografía (Suso Bello), Dirección de Arte (Suso Montero), Música Orixinal (Manu Conde), Son (Iván Ogando), Vestiario (Ana López), Maquillaxe e Perruquería (María Illobre), Dirección de produción (Concha Fontenla).

Cen Anos de Perdón (8)
Mellor longametraxe (Vaca Films-­‐Morena Films-­‐Telecinco Cinema-­‐Telefónica Studios-­‐K&S Films-­‐Marenostrum Productions), Interpretación masculina protagonista (Luís Tosar), Dirección (Daniel Calparsoro), Guión (Jorge Gerricaechevarría), Dirección de Fotografía (Josu Inchaustegui), Dirección de Arte (Juan Pedro de Gaspar), Montaxe (Antonio Frutos), Vestiario (Patricia Monné).

Serramoura (8)
Mellor serie TV (Voz Audiovisual-­‐TVG), Interpretación masculina protagonista (Miguel Ángel Blanco), Interpretación masculina de reparto (Alfonso Agra), Interpretación masculina de reparto (Monti Castiñeiras), Dirección de arte (Ángel Amaro), Dirección de Produción (Paula Fernández), Son (Alfonso Couceiro, Víctor Seixo, Santi Jul, Iván Laxe), Maquillaxe e Perruquería (Natalia Arcay, Noelia Arcay).

Mimosas (5)
Mellor longametraxe (Zeitun Films-­‐La Prod e Rouge International), Dirección (Oliver Laxe), Guión (Oliver Laxe, Santiago Fillol), Dirección de Produción (Felipe Lage Coro, Rafael Álvarez), Son (Emilio García, Amanda Villavieja, Sergio González).

Esquece Monelos (4)
Mellor Documental (Danga Danga Audiovisuais), Dirección de Fotografía (Jaime Pérez), Montaxe (Sandra Sánchez), Música Orixinal (Sergio Pena).

Migas de Pan (4)
Mellor longametraxe (Xamalú Filmes-­‐RCI Producciones), Guión (Manané Rodríguez, Xavier Bermúdez), Montaxe (Sandra Sánchez), Maquillaxe e Perruquería (Susana Veira, Yolanda Sousa, Mariana Correa, Sandra Ramos, María Laura Rebora).

Pazo de Familia (3)
Interpretación masculina de reparto (Antonio Durán Morris), Interpretación feminina de reparto (Beatriz Serén), Interpretación feminina de reparto (Carmen Méndez).

Sicixia (3)
Interpretación masculina protagonista (Monti Castiñeiras), Interpretación feminina protagonista (Marta Lado), Fernanda Alfonsín (Montaxe).

Augasquentes (2)
Interpretación feminina protagonista (María Vázquez), Música Orixinal (Manuel Riveiro).

Deportes Imposibles (2)
Mellor programa de TV (Daruma Media), Realización (Gaspar Broullón Pastoriza).

Era Visto (2)
Mellor serie de TV (Producións Zopilote-­‐TVG), Interpretación masculina protagonista (Federico Pérez).

Land Rober Tunai Show (2)
Comunicador/a de TV (Roberto Vilar), Realización (José Villaverde).

Obras ou programas con unha nominación
Nós (Serie de TV)
A Viaxe -­‐ The Trip (Serie Web)
Dalle Jas (Serie Web)
Galicia Crime (Serie Web)
Mamá pon la Webcam (Serie Web)
Buscando Ardebullo (Mellor programa de TV)
Zigzag Diario (Mellor programa de TV) As Vacas de Wisconsin (Curtametraxe) Einstein-­‐Rosen (Curtametraxe)
Lurna (Curtametraxe)
Quinta Provincia (Curtametraxe)
Actividade Cinexética (Curtametraxe de animación) Cartas a Supermán (Curtametraxe de animación) Decorado (Curtametraxe de animación)
The Magic Oven (Curtametraxe de animación)
A Seara (Documental)
Manuel María. Paixón de Palabra e Terra (Documental)
Pelegrinaxes (Documental)
Abanca – Imposible sen ti (Anuncio publicitario)

Beard Mourning – El Final que tu Barba Merece (Anuncio publicitario)
Cambados, Feito a Man (Anuncio publicitario)
Cando chega o Inverno (Anuncio publicitario)
A cidade (Vídeoclip, Magín Blanco e Uxía Domínguez Senlle)
Cedeira (Vídeoclip, Guadi Galego)
Drop (Vídeoclip, Skygaze)
Restos de un naufragio (Vídeoclip, Igloo)
A Revista Fin de Semana (Comunicador/a de TV, María Solar)
O País Máis Grande do Mundo (Comunicador/a de TV, Rodrigo Vázquez)
Desafío nos Fogóns (Comunicador/a de TV, Xosé Barato)
Que Casas! (Realización, Gael Herrera Batallán e Lautaro Herrera Batallán)
Verbenalia (Realización, Teo Manuel Abad)
Urxencia Cero (Vestiario, Saturna)

R., 2017-02-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) CiberLabFP configúrase como un espazo de aprendizaxe, experimentación e desenvolvemento de competencias en contornos reais que integran tecnoloxías da información (IT) e de operación (OT) para así adaptar a Formación Profesional aos novos escenarios de transformación dixital. Entre as súas funcionalidades destacan a formación especializada do profesorado, a simulación de ciberataques e defensa en contornos virtuais, a análise forense industrial ou a validación de sistemas. Ademais, contará cunha estación móbil que permitirá levar a tecnoloxía a centros educativos e realizar demostracións en empresas e feiras.
Foto de la tercera plana (costa-litoral-illas-cies.jpg) Celebrouse hoxe a sesión constitutiva do Foro do Litoral de Galicia, que será o máximo órgano colexiado de consulta e participación do conxunto da sociedade co fin de optimizar a xestión e ordenación da costa galega. Nel están representadas a Administración autonómica e as locais así como os sectores social, científico, económico e medioambiental e as entidades implicadas na protección do patrimonio natural co fin último de garantir unha gobernanza que permita unha participación suficiente de todos os sectores da sociedade interesados no litoral. A constitución do foro facilitará a partir de agora facer un seguimento das normas, políticas e instrumentos do litoral.

Notas

Baixo o lema A inclusión no centro: perspectivas internacionais para o cambio institucional desenvolverase entre os días 4 e 8 de maio a International Staff Week 2026, unha iniciativa coa que a Vicerreitoría de Internacionalización persegue un triplo obxectivo: fortalecer as relacións internacionais da UVigo: explorar novas oportunidades de colaboración académica; e compartir boas prácticas en materia de mobilidade internacional.
Un estudo realizado por persoal investigador do grupo de Neurobioloxía Celular e Molecular da Enfermidade de Parkinson do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CiMUS) e da Universidade de Cambridge, coa colaboración doutras institucións europeas como o Instituto Karolinska, propón unha nova forma de entender como se dana e se repara o cerebro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES