
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del Concello de Santiago de Compostela:
A concelleira de Turismo, Marta Lois, acompañada dos representantes da Tropa Korriban, Manuel Ángel Gayoso e Andrés Torreiro, presentaron no Pazo de Raxoi o desfile que terá lugar polas rúas de Santiago e que rematará na praza do Obradoiro o 27 de maio.
O 21 de maio do 2010, Santiago acolleu o seu primeiro desfile de Star Wars, con motivo do trinta aniversario de O Imperio Contrataca. Un grupo de persoas organizou aquel evento, que foi un éxito de participación con máis de 20.000 asistentes. A partires daquel evento naceu a Tropa Korriban, asociación de fans de Star Wars de Galicia.
Dende o 2010, a Tropa Korriban ten organizado e participado en multitude de eventos arredor do da saga de Star Wars, entre os que destacan visitas solidarias a hospitais infantís, desfiles en festas e outros eventos lúdicos e culturais. No 2013 organizou o segundo desfile de Star Wars en Santiago, neste caso para celebrar o 30 aniversario de O retorno do Jedi.
Neste terceiro desfile celebrarase o 40 aniversario da estrea da primeira película da saga de Star Wars, que se proxectou por primeira vez no 1977 e coa que George Lucas comezou a crear un universo con millóns de seguidores en todo o mundo.
Para esta conmemoración, a Tropa Korriban convocará a asociacións e fans de Star Wars de toda España e doutros países, así como ao público en xeral, con caracterizacións dos distintos personaxes da saga de películas e o seu universo expandido. O evento incluirá unha homenaxe á figura da actriz Carrie Fisher, que encarnou á Princesa Leia.
Deste xeito, os membros da Tropa Korriban e de moitos outros colectivos de fans, desfilarán polas rúas do Casco Histórico de Compostela caracterizados como os personaxes dos filmes de George Lucas. Trátase dun evento lúdico, sen ánimo de lucro, e que conta co apoio do Concello de Santiago. Todas as persoas que desexen participar poden atopar máis información en: www.imperialstormtroopers.es.
Fotografía: Gabinete de Comunicación del Concello de Santiago de Compostela
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.