
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:
O responsable socialista propón, como medida para acelerar o remate das obras, licitar de forma conxunta o proxecto e obra do tramo do AVE, Taboadela Ourense Empalme. Esta infraestrutura permitiría a integración do novo acceso ferroviario na cidade de Ourense coas características técnicas e de calidade no servizo das demais liñas de Alta Velocidade Ferroviaria.
Os socialistas galegos reclaman retomar e convocar de xeito urxente a Comisión de Seguimento, que foi acordada no acordo de 2009 para manter encontros anuais coa participación dos portavoces e os grupos da oposición do Parlamento de Galicia.
Este órgano ficaría encargado de avaliar as previsións do actual Goberno de España no que atinxe á programación dos orzamentos para o ano 2017 e seguintes, para garantir o cumprimento efectivo da execución das obras nos distintos tramos do AVE a Galicia nos prazos comprometidos.
Ademais, esíxelle ao goberno galego que reivindique diante do Executivo a reactivación da información con actualización mensual na web do Ministerio de Fomento, ofrecendo datos sobre a situación dos procedementos de licitación, de adxudicación e a execución de proxectos e obras dos diferentes tramos do AVE a Galicia, clarificando a porcentaxe de obra executada e certificada en cada tramo.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.