
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:
O BNG aproveitou a comparecencia dos portavoces das Plataforma de vítimas do Alvia ante a Comisión de Peticións da Eurocámara para pedir que o Parlamento europeo solicite a reapertura da investigación polo accidente de Angrois tras coñecer o informe da propia Comisión Europea, en concreto da Axencia Ferroviaria Europea, no que se cuestionaba a imparcialidade da investigación levada a cabo polas autoridades españolas.
A portavoz nacionalista en Bruxelas, Ana Miranda, puxo en valor o traballo do BNG tanto para a elaboración e difusión dese informe como polo feito de que as vítimas podan explicarse ante a Eurocámara, superando por fin o boicot do PP e do PSOE a que esta Comisión de Peticións se celebrase.
O BNG, xunto cos portavoces da vítimas, vai manter mañá un terceiro encontro co director xeral da Axencia Ferroviaria Europea ao que Miranda solicitará que acceda a declarar no novo proceso de investigación aberto para esclarecer causas e responsabilidades do sinistro, que non se lle poden atribuír exclusivamente ao maquinsta, dixo, ao tempo que contrapuxo a actitude do Parlamento europeo escoitando á vítimas, co das autoridades españolas.
Fotografía: Gabinete de Comunicación del BNG
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.