Noticias

El campeonato científico escolar D3Mobile arranca en el Campus Terra de la USC con el aval de la Unesco y el apoyo de Marc Márquez

La quinta edición de D3Mobile arranca con el apoyo explícito del vigente del campeón mundial de MotoGP, Marc Márquez, con el patrocinio de la Fecyt y el respaldo de la Unesco como programa que favorece la adquisición de competencias propias del siglo XXI, a través del fomento del aprendizaje, enseñanza y resultados educativos mediante lo uso de las TIC, además de emplear m-learning, y-learning y recursos educativos de libre acceso (OER), según la USC.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la USC:

O campionato científico escolar D3Mobile Metrology World League 2017, un certame de modelado 3D de precisión con teléfono móbil ou tablet organizado polo grupo USCAN3D e aberto á participación de profesores e estudantes de ensino medio, botou a andar este mércores na Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC. A quinta edición de D3Mobile arranca co apoio explícito do vixente do campión mundial de MotoGP, Marc Márquez, ademais de contar co patrocinio da Fecyt e o respaldo explícito da Unesco por tratarse dun programa que favorece a adquisición de competencias propias do século XXI, a través do fomento da aprendizaxe, ensinanza e resultados educativos mediante o uso das TIC, ademais de empregar m-learning, e-learning e recursos educativos de libre acceso (OER).

O director deste proxecto de divulgación científica escolar, o profesor da USC Juan Ortiz Sanz, salientou na presentación da quinta edición desta competición científica en liña que o obxectivo da D3Mobile é o de promover o interese pola ciencia entre os máis novos, ademais de introducir a estudantado preuniversitario no modelado 3D e nos novos métodos emerxentes de medición de precisión. O carácter gratuíto do certame, cuxos promotores proporcionarán formación en liña a través de guías, foros e un correo electrónico, e cuxa participación so require contar cun teléfono móbil ou tablet, un PC ou MAC con Windows, Linux u OSX, e unha conexión a internet, foron outras das consideracións salientadas por Ortiz.

O éxito da participación rexistrada nas anteriores edicións de D3Mobile, nas que se inscribiron máis de 4.000 estudantes de todo o mundo responde, en opinión de Ortiz, ao crecente uso cotiá do modelado 3D en áreas ligadas á cultura xuvenil (cine, deporte, motor, moda, videoxogos), así como á xeneralización de modelos virtuais 3D, concibidos xa como ferramentas acaídas para o rexistro de información, en multitude de campos (medicina, veterinaria, urbanismo, arquitectura, industrias -moda, automoción, ocio, videoxogos, aeroespacial, agroalimentaria...-, enxeñaría, construción, deporte, patrimonio o, entre outros, accesibilidade). O rápido desenvolvemento que está a experimentar a impresión en 3D constitúe un aliado máis para o éxito de D3Mobile, di o director deste proxecto.

Experiencia educativa en liña para estudantes e docentes
D3Mobile é unha experiencia educativa en liña que persigue a estimulación das competencias STEAM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría, Arte e Matemáticas) para probar a importancia da toma de decisións baseadas na análise de resultados logo dun proceso experimental. Trátase dun campionato aberto a estudantes de entre 12 e 18 anos, distribuídos en equipos de entre 2 e 4 alumnos e un profesor. A inscrición está aberta ata o 14 de marzo na web http://d3mobile.es. As probas serán en abril e os gañadores daranse a coñecer en xuño, tal e como se indica na guía rápida de participación.

Un dos premios destacados para o equipo gañador da D3Mobile Metrology World League 2017 inclúe unha camiseta e gorras asinadas por Marc Márquez, quen se suma así á relación de deportistas, como Pau Gasol, Iker Casillas ou Rafa Nadal, arrouparon outras edicións da D3Mobile. Esta edición contempla asemade catro premios para os equipos que mellor promovan a estratexia da Unesco no horizonte 2014-2021, un galardón para a difusión de resultados de investigación dun científico ou centro de investigación español e outro semellante centrado na I+D+I na USC. A Fundación Mujeres española financia un premio á promoción da muller na nos ámbitos da arquitectura e a enxeñaría.

A alcaldía maior de Bogotá, en colaboración con el Centro Cultural e Educativo Reis Católicos desta cidade, dependente do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte de España financian nesta edición os premios D3mobile-frontera, gres galardóns que irán para os equipos de Colombia ou Quito que mellor potencien a relación entre España e Latinoamérica nos ámbitos industrial, de investigación ou de colaboración sobre a paz.

O proxecto D3Mobile conta cunha ampla e crecente relación de patrocinadores, entre los que figuran Unesco, a Fundación Española para a Ciencia e Tecnoloxía (Fecyt), o Centro Español de Metroloxía (CEM), o Instituto Xeográfico Nacional (IGN), Universia, Banco Santander, Xunta de galicia, Deputación Provincial de Lugo, Concello de Lugo e BQ, entre outras empresas UNIVERSIA, del Banco de Santander; la Xunta de Galicia, la Diputación Provincial de Lugo, Concello de Lugo e BQ, entre outras institucións públicas e privadas.

Moitas das entidades colaboradoras coa organización de D3Mobile participaron este mércores no acto de presentación da quinta edición deste campionato científico celebrado na Escola Politécnica Superior do Campus Terra. O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema; a directora do grupo de investigación USCAN3D do Campus Terra da USC, Mariluz Gil; a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; o deputado provincial da área de Innovación, Participación Cidadá, Mocidade e Deportes da Deputación Provincial de Lugo, Pablo Rivera Capón; a xefa territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, Mariña Gueimunde, e o director do Servizo Rexional do Instituto Xeográfico Nacional en Galicia, Pablo Carballo Cruz, foron algúns dos participantes nesta sesión.

R., 2016-12-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES