Noticias

En Marea y Adega denuncian el sistema de gestión de residuos de Sogama y lo califican de deficiente

En Marea y Adega denuncian el "perverso e ineficiente" sistema de gestión de residuos de Sogama que, en su opinión, "no cumple con ninguno de los principios de la Ley gallega de residuos ni con la filosofía de las directivas europeas". En Marea y Adega instan a la Xunta a comparecer en el Parlamento gallego para explicar las "paupérrimas" cifras de reciclaje de la entidad pública.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de En Marea:

O viceportavoz de En Marea, Antón Sánchez, e o deputado Marcos Cal, reuníronse co secretario executivo de Adega, Fiz Iglesias, para falar da situación de SOGAMA e a memoria recentemente publicada que tiran por terra as declaracións da Xunta de Galicia e da Conselleira que están a presumir dun “sistema perverso, ineficiente e que non cumpre ningún dos principios da Lei Galega de Residuos galega nin coas directivas europeas”. Segundo os datos coñecidos na Memoria anual, Sogama reciclou no ano pasado un 3,34 por cento dos residuos que entran na planta cando debería estarse reciclando polo menos o 50 por cento, cun descenso ademais do que se reciclou no ano anterior. “Isto é así porque non hai ningún estímulo para reciclar, o negocio de Gas Natural é queimar, canto máis residuos mellor e producir máis electricidade que pagamos nós tamén mediante primas” denunciou Antón Sánchez.

O vicevoceiro de En Marea considerou así mesmo “unha tomadura de pelo” que a Xunta de Galicia presuma de conxelar o canon do lixo, é unha tomadura de pelo despois de incrementar en 2014 un 33 por cento e rebaixar despois un 10 por cento, “so faltaría que presuman de conxelalo despois de incrementalo un 23 por cento e coa evolución dos salarios”.

O secretario executivo de Adega, Fiz Iglesias, afirmou que “o modelo Sogama é un auténtico fracaso, caro, pouco ecolóxico e ineficiente, co que hai que acabar desde abaixo, desde as vilas e concellos, xa que un cambio de políticas do PP semella imposible”. Lembrou que todas as empresas con participación pública teñen obriga de presentar Memoria anual, pero en Galicia “Feijóo secuestrou eses datos e deixouse de publicar a memoria anual de Sogama durante oito anos tendo que o facer agora por imperativo legal”. “Os motivos están ben claros despois de coñecer os datos” destacou o representante de Adega.

O representante de Adega coincidiu en criticar a actitude da Conselleira vendendo como éxito o que é un auténtico fracaso, “unhas cifras de reciclase que podería ter calquera vila nos anos 60-70”. “Presentar unas cifras de reciclaxe despois de 20 anos do 3,3 por cento é algo ridículo” denunciou Fiz Iglesias. Desde Adega salientouse así mesmo a baixa taxa de eficiencia da planta de Sogama que demostran as cifras incluídas na Memoria anual que nin tan sequera cumpre co mínimo marcado pola Unión Europea para poder ser considerado valorización enerxética. Emisión de gases de efecto invernadoiro os datos son igualmente alarmantes xa que entre 2009 e 2015, con menos residuos tratados en 2015 emitiu máis CO2.

A memoria de Sogama evidencia a ineficiencia do sistema, o caro e insolidario xa que se basea na incineración para lle dar negocio á Gas Natural. Desde Adega solicitaron a comparecencia da Conselleira e do presidente de Sogama para explicar en sede parlamentaria como é posible que despois de 20 anos manteña estas “cifras paupérrimas de reciclaxe que poden ser similares as que podía ter calquera vertedoiro dun monte galego”. Sogama recibe anualmente 180 millóns anuais das arcas públicas galegas ao que hai que sumar os máis de 400 millóns investidos na súa construción.

En Marea aposta e traballará por dotar ao noso país dun modelo eficiente, ecoloxicamente sostible e cumprir coa lexislación impulsando políticas de redución, reutilización e reciclaxe.

R., 2016-11-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (medio_ambiente.jpg) Os sistemas de almacenamento enerxético resultan fundamentais para dar estabilidade ao sistema, tanto desde o punto de vista técnico como económico, grazas a súa contribución á resiliencia da rede e na redución das oscilacións dos prezos da factura eléctrica. Na actualidade Galicia conta con 46 expedientes de baterías en tramitación, que suman 492,75 MW, aos que hai que engadirlle outros 3 expedientes (17,75 MW) xa autorizados.
Foto de la tercera plana (comercio-2.jpg) Foi presentada a nova edición da campaña Días Azuis do Comercio Galego, froito da colaboración entre o Executivo autonómico e a Federación Galega de Comercio, que se desenvolverá entre o 10 e o 30 de abril de 2026. Esta iniciativa ten como obxectivo incentivar e dinamizar o comercio de proximidade. Para iso, sortearanse 20.000 euros en premios entre as persoas consumidoras que realicen compras nos establecementos adheridos durante o período da campaña.

Notas

GaliciaDigital consólidase como o referente tecnolóxico para a pequena empresa en Galicia tras alcanzar os 139 beneficiarios no programa Kit Digital, segundo datos do propio programa a 31 de decembro de 2025. A día de hoxe, está preto dos 170 beneficiarios. Cun traxecto de 1.166 días de actividade, a firma lucense destaca pola súa eficiencia e proximidade no ecosistema dixital galego.
Pontes – Semana do Cinema Galego e Portugués abre o prazo de inscrición para a súa sexta edición, que se celebrará en Vigo durante o mes de outubro de 2026. A convocatoria, está dirixida a curtametraxes e longametraxes producidos en Galicia, por creadores galegos ou creadores de calquera dos países da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES