Noticias

El Claustro de la Universidade de Santiago aprueba las líneas generales del presupuesto para 2017, que asciende a 218 millones de euros

El rector de la USC, Juan Viaño, destacó que este documento marca "el punto de inicio del proceso negociador para lograr los mejores presupuestos para la USC" y "poco a poco" ir retomando la "senda de la normalidad presupuestaria y de saneamiento económico" según el plan previsto para mejorar la situación. El Claustro Universitario aprobó las líneas generales del presupuesto de 218 millones para 2017.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la USC:

O Claustro Universitario aprobou as Liñas Xerais do Orzamento da USC para 2017 con 112 votos a favor, 62 en contra e 13 en branco. Estas liñas fixan as contas universitarias para o vindeiro ano en 218,19 millóns de euros, o que representa unha variación do 1,46% con respecto ao exercicio anterior. Esta proposta de orzamentos baséase na estimación derivada do Plan Galego de Financiamento Universitario así como dos ingresos propios da USC, deixando á marxe da formulación inicial os aspectos que deben ser concretados no orzamento da Xunta, pendente de aprobación.

As liñas xerais “marcan o punto de inicio do proceso negociador para lograr os mellores orzamentos para a USC”, valorou o reitor Juan Viaño na súa intervención ante o Claustro Universitario, na que tamén sinalou que progresivamente “imos retomando a senda da normalidade orzamentaria e do saneamento financeiro”. Viaño lembrou ademais que o documento orzamentario para 2017 se axusta ao planificado no Plan Económico Financeiro de Reequilibrio aprobado hai dous anos “ e contemplan o escenario que deseñamos naquel momento e que se está cumprindo conforme ao previsto”.

No apartado dos ingresos “seguimos apostando por unha estimación cauta con pequenos reaxustes sobre o planificado e sen incluír ningún ingreso extraordinario ata que sexa efectivo”, aclarou Juan Viaño. Polo que respecta ao capítulo de gastos, os orzamentos contemplan “financiar as previsións de contratación de PDI e PAS, o aforro logrado cos novos contratos de subministro, a mellora de financiamento en I+D, a mellora do crédito destinado a centros docentes, a absorción da débeda e o saneamento financeiro”. En definitiva, concluíu Viaño, as contas para 2017 “suporán unha mellora substancial para a comunidade universitaria e permitirá continuar co escenario de mellora iniciado no ano 2016”.

O Claustro aprobou tamén a actualización de 2016 das Liñas Xerais da Programación Plurianual 2015-18 da USC –por 100 votos a favor, 87 en contra e 9 en branco-. O documento aprobado dá conta da evolución e das correspondentes actualizacións do programado durante o ano 2015 e en 2016 co obxectivo de debater e aprobar os distintos fitos que ou ben foron cumpridos ou ben foron modificados sobre a programación prevista, así como as propostas de actualización para o período 2017-2018. Do total das 28 emendas presentadas ao documento inicial aceptáronse 18.

R., 2016-11-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES