Noticias

María Xosé Queizán, Sarabela Teatro, Numax y el Museo de Pontevedra, entre los galardonados con los Premios Cultura Galega 2016

El jurado falla los Premios de la Cultura Galega 2016 que recaen en María Xosé Queizán, Miguel Fernández-Cid, Sarabela Teatro, Maximino Zumalave, a cooperativa Numax, la Irmandade Xurídica Galega, el Museo de Pontevedra y Elena Zernova que ven reconocido su trabajo en ámbitos como la creación, conservación del patrimonio y difusión de la cultura gallega.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

María Xosé Queizán en Letras, Miguel Fernández-Cid en Artes Plásticas, Sarabela Teatro en Artes Escénicas, Maximino Zumalave en Música, a cooperativa Numax en Audiovisual, a Irmandade Xurídica Galega en Lingua, o Museo de Pontevedra en Patrimonio Cultural e Elena Zernova en Proxección Exterior son os galardoados nas diferentes modalidades dos Premios da Cultura Galega 2016, entre un total de 40 candidaturas presentadas na edición deste ano.

O conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, abriu a reunión do xurado dos Premios da Cultura Galega 2016, que tivo lugar no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura, e que estivo integrado polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o xerente do Consello da Cultura Galega, Marcelino Fernández Santiago, por delegación do seu presidente; a bibliotecaria-arquiveira da Real Academia Galega, Margarita Ledo, por delegación do seu presidente; e o presidente da Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario, Manuel Quintana Martelo. O reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Viaño, que non puido asistir, delegou o voto na Consellería de Cultura e Educación. Este ano participaron tamén no xurado os profesionais da cultura Xosé Ballesteros, editor; Susana Seivane, gaiteira; Fefa Noia, directora teatral; e Manuel Vilariño, fotógrafo. Actuou como secretaria a subdirectora xeral de Xestión e Coordinación Cultural, Cristina Fabeiro.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca anualmente estes premios co obxecto de apoiar a excelencia creativa, a capacidade de intercambio, a experimentación e a proxección da construción cultural de Galicia nos diferentes ámbitos. O galardón deste ano consistirá nunha escultura do artista Manolo Paz, que os premiados e premiadas recibirán nun acto solemne a realizar en próximas datas.

Escritora e pensadora feminista, o destacado labor de María Xosé Queizán abrangue distintos estilos e xéneros. Como narradora é autora de obras como ‘Amantia’ e a biografía de ‘Emilia Pardo Bazán. Unha nena seducida polos libros’. Como poeta é autora das obras ‘Metáfora da metáfora’, ‘Despertar das amantes’, ‘Fóra de min’, ‘Non o abras como unha flor’ e ‘Cólera’, ademais de diversas pezas teatrais, e como ensaísta publicou, entre outras, ‘A muller en Galicia’, ‘Recuperemos as mans’, e ‘Mary Wollstonecraft Shelley e a súa criatura artificial’. Na actualidade dirixe a revista ‘Festa da Palabra Silenciada’.

Crítico de arte en recoñecidos medios nacionais, Miguel Fernández-Cid foi director do CGAC durante unha década e director da Fundación Torrente Ballester en Santiago de Compostela. Comisario de exposicións de artistas galegos e nacionais e cunha ampla traxectoria docente no ámbito universitario, Fernández-Cid desenvolveu un importante labor de defensa e promoción da cultura plástica en Galicia. Recentemente, coordinou a exposición ‘Gallaecia Petrea’ no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.

Sarabela Teatro é a compañía privada galega que acadou máis premios María Casares da historia. Integrado por Ánxeles Cuña, Elena Seijo, Sabela Gago, Fina Calleja, Fernando Dacosta, Suso Díaz, Tito Asorey e Nate Borrajo, o grupo puxo en escena os seus espectáculos desde a década dos anos oitenta, tanto en Galicia como no ámbito internacional. ‘Ensaio sobre a cegueira’, ‘A Esmorga’, ‘Sexismunda’ e ‘Así que pasen cinco anos’ son algunhas das obras dunha compañía que tamén participa na organización da Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense, da Mostra de Teatro Infantil e do Festival Internacional de Teatro de Ourense.

Director e pianista compostelán, Maximino Zumalave formouse musicalmente en Santiago de Compostela, Madrid, Viena e Stuttgart. É fundador e director do Coro Universitario de Santiago e do Collegium Compostellanum, principal director convidado da Orquestra Sinfónica de Galicia entre 1992 e 1995, e director asociado da Real Filharmonía de Galicia, da que foi fundador; así como director asociado da Escola de Altos Estudos Musicais e profesor de Sinfonismo nos cursos universitarios internacionais ‘Música en Compostela’. Membro da Real Academia Galega de Belas Artes e do Consello da Cultura Galega, foi distinguido en 2008 coa Medalla Castelao.

A cooperativa Numax, primeira sala de cinema galega integrada na Rede de Exhibición Europa Cinemas, enfoca a súa programación integramente á difusión dos filmes en versión orixinal. Ademais disto, impulsa un programa de subtitulación ao galego que permite, xunto coa difusión en sala, a súa divulgación en múltiples formatos. A través do selo Numax Distribución favorece por primeira vez desde Galicia a estrea no resto de España de filmes de autor contemporáneos, en versión orxinal con subtítulos en galego ou castelán. Este proxecto cultural incorpora unha vertente de formación escolar, unha libraría e un laboratorio de gráfica e vídeo responsable do acabado de filmes que circulan en festivais internacionais, catálogos de exposicións etc.

A Irmandade Xurídica Galega é a continuadora dunha tradición de xuristas impulsores do uso da lingua galega na actividade xudicial, como Sebastián Martínez Risco, Ramón Carballal Pernas, Valentín Paz Andrade e Lois Peña Novo. O traballo dos profesionais do dereito que conforman a entidade contribúe de xeito destacado a acadar un maior uso da lingua propia de Galicia no exercicio da Xustiza.

O Museo de Pontevedra é unha institución pública dedicada a conservar, exhibir, investigar e difundir pezas de singular valor patrimonial. Cunha destacada programación expositiva, o museo desenvolve un labor de investigación propio centrado principalmente nos seus fondos, entre os que se inclúen algúns de especial relevancia como os de Castelao e de interese artístico como esculturas de profetas procedentes da fachada exterior da catedral de Santiago, a colección de olaría tradicional ou a colección Sodesco composta por 313 pinturas de autores galegos e foráneos de entre os séculos XV e XX, entre as que se inclúen obras de Berruguete, Sorolla, Van Der Hamen, Rusiñol ou Julia Minguillón.

Elena Zernova dirixe o Centro de Estudos Galegos da Universidade de San Petersburgo. Creado en 1993, un dos centros de referencia no ámbito internacional na tradución ao galego, onde é responsable do ensino de lingua e cultura galegas. Desde 2005 ocupa tamén o cargo de vicepresidenta da Asociación Internacional de Estudos Galegos, e é profesora visitante e colaboradora en universidades de diversos países. Dirixe a ‘Antoloxía da Literatura Galega’ (colección bilingüe ruso e galego), da que xa se levan publicado 21 tomos que recollen desde poesía medieval ata poetas e narradores clásicos; e traduciu obra de autores galegos vivos, como Alfredo Conde, Manuel Rivas, ou Xurxo Borrazás, así como de figuras da literatura hispanoamericana.

Os Premios da Cultura Galega recoñecen o labor creativo que entidades e persoas están a desenvolver en Galicia no ámbito cultural. En edicións anteriores recibiron estes galardóns, entre outros, Fina Casalderrey, Xosé Neira Vilas, Luz Pozo Garza, o Festival de Ortigueira, Miguelanxo Padro, María Bouzas, o Real Coro Toxos e Froles, Ignacio Vilar, a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial-Culturmar e a Galería Trinta.

Fotografía: Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia

R., 2016-09-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (museo_do_pobo_galego_2.jpg) Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas

O concerto de Sofía Ros na Casa do Saber do Campus de Lugo este luns, 26 de outubro, ás 20.15 horas, abre unha nova semana ateigada de citas culturais na USC. Música, diversos faladoiros, así como proxeccións audiovisuais integrarán os vindeiros eventos do Outono Cultural. Ese mesmo 26 de outubr,o no Pazo de Montenegro, a partir das 17.30 horas, desenvolverase o primeiro dos encontros 'Memoria democrática'. María Valcárcel, profesora da USC e periodista cultural, é a persoa coidadora deste proxecto. O acceso require inscrición previa.
A música folk será neste 2026 a gran protagonista do ciclo Música para reCREAr, que a Vicerreitoría do campus promove coa colaboración do Concello de Pontevedra, ao abeiro dun convenio de colaboración. Esta programación botará a andar este xoves 29 de outubro, ás 20.30 horas, no Pazo da Cultura, cunha actuación do grupo Caldo, mentres que o 12 de novembro, á mesma hora, poderá coñecerse o proxecto musical do dúo Abril.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES