
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la USC:
Logo de debater sobre os transxénicos e o cambio de fuso horario, as Regueifas de Ciencia volven á USC para discutir nesta ocasión se está xustificado o uso de animais en experimentación científica. Será o mércores 21 de setembro ás 20.00 horas na Facultade de Ciencias da Comunicación cando os catro especialistas confronten as súas posturas.
Regueifas de Ciencia é unha iniciativa da Universidade de Santiago de Compostela financiada pola FECYT que consiste en diversos debates tipo Oxford (con moderador, quendas de palabra cronometrados, estrutura por bloques
) sobre cuestións polémicas baseadas na ciencia.
O equipo a favor da experimentación animal compóñeno o filósofo Fernando Savater e Emma Martínez-Sánchez, da Asociación Europea para a Investigación Animal (EARA). Os detractores serán o filósofo e profesor da USC Óscar Horta e o avogado e membro do comité científico do Centro para a Ética Animal da Universidade Pompeu Fabra, Eze Paez.
Posturas enfrontadas
No debate do mércores atoparanse dúas posturas fortemente enfrontadas. Por unha banda, a da comunidade científica que defende estas prácticas á vista da multitude de controis e normativas para garantir que se utilicen animais só naqueles casos nos que non hai alternativas. Argumentan que non se pode facer ciencia sen eles, polo menos mentres os ordenadores non sexan capaces de mimetizar a complexidade dun organismo.
Por outra parte, os detractores deste sistema pregúntanse ata qué punto é lícito ou eticamente aceptable levar a cabo experimentos con animais ou se compensa o seu sufrimento a cambio do beneficio humano. Poñen en dúbida certos experimentos como a inoculación de virus, descargas eléctricas, privación de comida, intoxicacións ou aplicación de substancias irritantes nos ollos e na pel.
Todos participan
Ademais de dar a coñecer os argumentos das distintas posicións ao redor dun tema, os debates cumpren unha función de aprendizaxe e enriquecemento na audiencia que participa del. De feito, para comprobar a efectividade desta clase de accións dialécticas, á entrada na sala preguntaráselle ao público a través dun sistema de voto electrónico cal é a súa postura inicial sobre o tema a tratar, que será confrontada xusto ao remate do debate.
O equipo que organiza estes debates, que se retransmiten en streaming dende a facultade, comezou xa a preparar o terreo da regueifa animando a un debate previo a través das súas contas en Facebook (http://www.facebook.com/regueifas) e Twitter (@regueifaciencia).
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.