
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O novo filme O Principiño (The Little Prince - Le Petit Prince), agardada adaptación do clásico de Antoine de Saint-Exupéry dirixida por Mark Osborne, fai parada desde o pasado venres e durante as próximas dúas semanas na carteleira do compostelán cinema NUMAX.
A fita proxéctase en versión orixinal con subtítulos en galego no marco da colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística que abrangue o subtitulado e a proxección de cinco filmes ao ano- e inclúese a maiores no catálogo do programa didáctico NUMAX na Escola para o curso 2016-2017. O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu á segunda das proxeccións do día.
O director Mark Osborne adapta, nunha peza de cinema para todos os públicos, o coñecido clásico de Antoine de Saint-Exupéry valéndose dunha innovadora combinación das técnicas de animación 3D e stop-motion que lle outorgan ao filme un acabado visual inesquecible.
O Principiño conta a historia dun piloto que se perde no medio do deserto do Sahara, logo de sufrir o seu avión unha avaría. Alí coñece a un pequeno príncipe que vén doutro planeta e que lle conta anécdotas da vida, nomeadamente do modo que teñen as persoas adultas de vela, prestándolle atención ás cousas realmente importantes.
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.