
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, asiste en Lalín ao concerto que o grupo de percusión Odaiko ofrecerá na Praza da vila desa localidade, ás 20.30 horas, ao abeiro do programa "Galicia culturea", que durante este mes de setembro achegará diversas actividades musicais e de dinamización lingüística a 15 novos concellos.
Desde a súa posta en marcha no mes de xullo, "Galicia culturea" ten programado e colaborado en preto de 600 actividades desenvolvidas en 150 concellos, entre as que figuraron espectáculos de maxia, obras de teatro, obradoiros, exposicións, concertos e festivais musicais, recitais de poesía, feiras do libro e actividades de promoción da lectura.
Entre as propostas específicas do programa "Galicia culturea" destacou a acollida dos contacontos "O zapateiro e o raposo" e "Contos vellos para rapaces novos", que Edicións Bolanda desenvolveu en espazos ao aire libre e que remataron esta semana en Carral e na Estrada, respectivamente. Xunto co espectáculo "Palabras máxicas", do mago Dani García, visitaron 59 concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL).
Concretamente, Dani García pecha tamén esta semana a súa xira "Palabras máxicas", que o levou a 20 concellos da RDL, con senllas actuacións hoxe ás 20.00 horas na Praza Maior de Ponteareas e o domingo ás 19.00 horas en Ribadavia, no espazo cultural da igrexa da Madalena.
En canto á programación das actividades específicas do "Galicia culturea" para o mes de setembro, destacan as actuacións que ofrecerán durante a primeira quincena en 13 concellos das catro provincias os grupos Odaiko, Toxos e Froles, Zoar, Coral de Ruada, Galicia Fiddle Orquestra, Hércules Brass e Coral Cantigas e Agarimos.
Más información: http://www.cultura.gal/es/destaque-dinamizacion/24881
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.