
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del Concello de Santiago de Compostela:
O XXXVII Día do Traxe Galego comeza ás 11:30 horas co tradicional desfile dende a Alameda ata a praza do Obradoiro, pasando por Porta Faxeira, praza do Toural, rúa do Vilar e Praterías. Para participar non é preciso inscribirse, só presentarse no paseo central da Alameda cuns minutos de antelación. Ao remate do desfile, os participantes que o desexen asistirán ás doce do mediodía á misa na Catedral de Santiago, onde realizarán a Ofrenda ao Apóstolo. Despois, ao redor das 13:30 horas, haberá unha recepción de honra no Pazo de Raxoi.
Xa pola tarde, ás 16:00 horas, os participantes no Certame do Traxe concentraranse en San Domingos de Bonaval. Ás 19:30 comezará o desfile dos concursantes, dos membros da Asociación do Traxe Galego e de todo aquel que desexe participar. O percorrido previsto é a rúa de Bonaval, Casas Reais, Cervantes, Preguntoiro, Conga, rúa Nova, rúa do Vilar, Praterías, Conga e praza da Quintana. Alí, aproximadamente ás 20:00 horas, comezará a exhibición de traxes e a entrega de premios do certame. No mesmo acto, entregaranse os galardóns anuais da Asociación do Traxe galego ás persoas ou institucións que se teñan destacado polo seu labor na promoción e difusión do traxe tradicional galego. A xornada pecharase coa interpretación do Himno Galego.
A presidenta da Asociación do Traxe Galego asegurou que o Día do Traxe Galego logra reunir cada ano a máis participantes, "e en 2015 superáronse todos os récords, tanto no desfile como no concurso". Pilar Astray fixo un chamamento a toda a veciñanza de Compostela para que saia á rúa cos seus traxes e pediu a colaboración de asociacións culturais e escolas de música e baile para que cedan os seus fondos a aqueles que desexen participar nos desfiles.
Pola súa banda, a concelleira de Acción Cultural agradeceu á Asociación do Traxe Galego o seu traballo "non só nesta xornada de enxalzamento, senón ao longo de todo o ano, con outras iniciativas como os Premios de Investigación Antón Fraguas, que contribúen a poñer en valor as nosas indumentarias tradicionais". Branca Novoneyra tamén quixo lembrar as figuras de Manuel Beiras e Xosé Luís Míguez, "que foron os que tiveron a idea de celebrar este Día do Traxe, a finais dos anos 70".
Por último, o representante de El Corte Inglés mostrou a súa satisfacción "porque como uns composteláns máis queremos estar presentes nas festas do Apóstolo, e máis no ano no que celebramos o noso 75 aniversario". Ángel Quijada comprometeuse a manter o apoio ao Día do Traxe e seguilo patrocinando en vindeiras edicións.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.