Noticias

Contos vellos para rapaces novos homenajea al escritor Neira Vilas en 24 municipios

La actividad de cuentacuentos inspirada en la obra tocaya del crucense más universal busca poner en valor a transmisión oral y la lengua como patrimonio inmaterial por medio de historias atesoradas en el imaginario colectivo de pueblos de los cinco continentes. Se trata de una de las tres actividades lingüísticas que llegarán a 59 ayuntamientos en el marco del nuevo programa Galicia culturea.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A actividade de dinamización lingüística Contos vellos para rapaces novos homenaxea a Xosé Neira Vilas en 24 concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta no marco do novo programa 'Galicia culturea. Lingua e cultura no verán', que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria está a despregar nestes meses estivais en máis de 160 concellos de Galicia por medio case 600 propostas culturais e lingüísticas. Así o anunciou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, esta mañá en Mondoñedo, concello anfitrión da primeira das sesións da actividade, nun acto no que estivo acompañado pola alcaldesa, Elena Candia; polo presidente da Fundación Xosé Neira Vilas, Luís Reimóndez; e por Teresa Rocamonde, de Edicións Bolanda, a empresa xestora.

“Con esta proposta queremos poñer en valor a lingua como o noso patrimonio e ben inmaterial máis prezado e a súa transmisión oral”, detallou o secretario xeral, “a través de historias que perviviron no imaxinario colectivo de pobos dos cinco continentes e que foron recompiladas por Neira Vilas na obra que leva o mesmo título”. “Esta é unha das tres actividades lingüísticas que levaremos a 59 concellos da RDL durante este verán no marco do programa 'Galicia culturea', no que a lingua galega ten un papel destacado para visibilizala e ofrecer propostas de calidade nela destinadas ao ocio estival, nas principais festas e tamén nas rúas, nas prazas e nos espazos exteriores máis concorridos”, concluíu.

Ademais da nova actividade 'Contos vellos para rapaces novos', a Secretaría Xeral de Política Lingüística programa en concellos da RDL, no marco do programa 'Galicia culturea. Cultura e lingua no verán', outras dúas propostas destinadas a ampliar a oferta de ocio en lingua galega e visibilizar o idioma propio de Galicia nas principais festas e eventos do verán de 59 localidades, nunha ampla axenda que abrangue do 26 de xullo ao 4 de setembro.

A primeira das sesións de 'Contos vellos para rapaces novos' do 'Galicia culturea' poderase gozar mañá a partir das 19:30 horas, con entrada libre e de balde, na Praza do Concello mindoniense ou, en caso de choiva, na Casa da Xuventude. A actividade chegará nesta semana tamén a Quintela de Leirado (en colaboración coa Mancomunidade Terras de Celanova) e mais a Burela (en colaboración coa Mancomunidade da Mariña Lucense). Toda a información e calendario completo en http://www.lingua.gal/galicia-culturea.
'Contos vellos para rapaces novos'

Cunha proposta de contacontos inspirada na obra homónima de Xosé Neira Vilas, o programa Galicia Culturea réndelle homenaxe ao escritor para achegarlle ao público xeral e, nomeadamente, ao familiar con cativada dos 5 aos 10 anos, unha manchea de historias que recrean mostras da narrativa tradicional de comunidades dos cinco continentes. Así, a actividade leva á rúa contos de tradición oral que chegan desde a Europa albanesa, eslovaca ou ucraína até as afastadas Nova Zelandia ou Australia, pasando polas asiáticas Birmania, India ou Xapón, as africanas Liberia, Malí ou Nixeria e narracións brasileiras, cubanas ou peruanas, entre outras. Quen participe nela terá oportunidade de facerse cun exemplar do fermoso libro editado en gran formato por Bolanda Edicións con ilustracións de Antía Barba.

Chegará entre xullo e agosto a 24 localidades da RDL: Abegondo, Ames, A Baña, Boqueixón, Cee, Ponteceso, A Laracha, Muxía, Noia, Ordes, Ribeira, Vedra, Zas, A Estrada, Marín, Pontecesures, Valga, Vila de Cruces, Cartelle, Ourense, Quintela de Leirado, Mondoñedo, Triacastela e Burela.
'O zapateiro e o raposo'

A segunda das propostas de dinamización lingüística chega tamén en formato de contacontos e, tamén destinada ao público de todas as idades, pon de novo en valor a oralidade en lingua galega para achegarnos nunha escenificación baixo carpa os lances máis divertidos dos protagonistas da nova saga do zapateiro. A cativada participante nesta actividade de rúa recibirá cadanseu exemplar do libro para darlle continuidade á narración na casa.

Chegará tamén durante xullo e agosto a 16 localidades da RDL: Bergondo, Boiro, Carral, Cabana de Bergantiños, Curtis, Santa Comba, Corcubión, Arbo, Mos, Salceda de Caselas, O Barco de Valdeorras, O Bolo, Cospeito, Palas de Rei e Sober.
'Palabras máxicas'

A terceira proposta de promoción do uso do galego no lecer é unha peza de maxia para público de todas as idades a cargo do mago Dani García. O público asistente terá participación no espectáculo, ata o punto de que serán el quen determine o seu guión, ademais de axudar a Dani a superar unha serie de retos que o fagan digno dun magnífico sombreiro de mago. A actividade de rúa, que se moverá por 20 municipios da RDL, é unha adaptación para fins de promoción da lingua doutra xa existente. Agora ofrece novos diálogos e números para presentar o idioma propio de Galicia como parte esencial da vida cotiá dos galegos e das galegas nun contexto estival e festeiro.

Poderase gozar en 20 entidades da RDL, de xullo a setembro: Arteixo, Boimorto, Laxe, Lousame, Melide, Ortigueira, Padrón, A Pobra do Caramiñal, A Cañiza, As Neves, Moraña, Ponteareas, Silleda, Ribadavia, Xinzo de Limia, O Pereiro de Aguiar, Barreiros, Quiroga, Viveiro e Portomarín.
'Galicia culturea'

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria promove durante este verán o novo programa 'Galicia culturea', co obxectivo de reforzar as celebracións festivas e o ocio estival con preto de 600 actividades culturais e de dinamización lingüística en 166 concellos.

Trátase de espectáculos de maxia, obras de teatro, obradoiros, exposicións, concertos, recitais de poesía e actividades de dinamización á lectura, entre outras propostas. Todas elas, ou ben son promovidas directamente por diferentes departamentos da propia consellería, ou ben contan coa implicación e colaboración dela.

Fotografía: Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia

R., 2016-07-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) CiberLabFP configúrase como un espazo de aprendizaxe, experimentación e desenvolvemento de competencias en contornos reais que integran tecnoloxías da información (IT) e de operación (OT) para así adaptar a Formación Profesional aos novos escenarios de transformación dixital. Entre as súas funcionalidades destacan a formación especializada do profesorado, a simulación de ciberataques e defensa en contornos virtuais, a análise forense industrial ou a validación de sistemas. Ademais, contará cunha estación móbil que permitirá levar a tecnoloxía a centros educativos e realizar demostracións en empresas e feiras.
Foto de la tercera plana (costa-litoral-illas-cies.jpg) Celebrouse hoxe a sesión constitutiva do Foro do Litoral de Galicia, que será o máximo órgano colexiado de consulta e participación do conxunto da sociedade co fin de optimizar a xestión e ordenación da costa galega. Nel están representadas a Administración autonómica e as locais así como os sectores social, científico, económico e medioambiental e as entidades implicadas na protección do patrimonio natural co fin último de garantir unha gobernanza que permita unha participación suficiente de todos os sectores da sociedade interesados no litoral. A constitución do foro facilitará a partir de agora facer un seguimento das normas, políticas e instrumentos do litoral.

Notas

Baixo o lema A inclusión no centro: perspectivas internacionais para o cambio institucional desenvolverase entre os días 4 e 8 de maio a International Staff Week 2026, unha iniciativa coa que a Vicerreitoría de Internacionalización persegue un triplo obxectivo: fortalecer as relacións internacionais da UVigo: explorar novas oportunidades de colaboración académica; e compartir boas prácticas en materia de mobilidade internacional.
Un estudo realizado por persoal investigador do grupo de Neurobioloxía Celular e Molecular da Enfermidade de Parkinson do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CiMUS) e da Universidade de Cambridge, coa colaboración doutras institucións europeas como o Instituto Karolinska, propón unha nova forma de entender como se dana e se repara o cerebro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES