
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del Ayuntamiento de Santiago:
Un ano máis, a noite do 24 de xullo volveu congregar a milleiros de persoas nas rúas de Compostela para presenciar, dende a praza do Obradoiro ou dende outros puntos da cidade, os tradicionais Fogos de Apóstolo. Santiagueses e visitantes gozaron dunha intensa sesión pirotécnica, que completou un espectáculo audiovisual que repasou parte da historia e dos personaxes ilustres da cidade.
Os últimos dez minutos do espectáculo foron exclusivamente de lanzamentos pirotécnicos, o que permitiu o seu visionado dende diversos puntos da cidade. Ata ese momento combináronse as proxeccións audiovisuais -novamente sobre o Pazo de Raxoi a causa das obras na Catedral- coa música e con algúns momentos pirotécnicos.
Esta parte audiovisual dos Fogos dividiuse en catro bloques. No primeiro falouse das orixes de Compostela e da Catedral, a segunda foi unha alegoría do Apóstolo, a terceira representou un paseo astral por Santiago, e a última fixo un repaso por persoeiros ilustres de Compostela. Estas proxeccións audiovisuais combináronse con escenas teatralizadas nas que participaron 25 figurantes.
O espectáculo audiovisual repetirase na praza do Obradoiro os días 25, 26 e 27, a partir das doce da noite. Ademais, o día 31 haberá os tradicionais fogos fin de festa, cun espectáculo piromusical de 20 minutos no que se combinarán os fogos artificiais cunha banda sonora composta por temas de todos os estilos e todas as épocas.
Fotografía 1: Gabinete de Comunicación del Ayuntamiento de Santiago
Fotografía 2: CRTVG
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.