
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria autoriza a impartición de nove títulos universitarios novos para o curso 2016-2017 nas tres universidades do Sistema Universitario Galego (SUG), tal como publica o DOG do mércores 13 de xullo ( enlace web http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160713/AnuncioG0164-040716-0004_gl.html).
Impartiranse catro novos máster e un programa de doutoramento na Universidade da Coruña (UDC), outros tres máster na Universidade de Santiago de Compostela (UDC) e un grao na Universidade de Vigo (UVigo). Na Coruña as novas titulacións aprobadas para o próximo curso son os máster universitarios en Bioinformática para Ciencias da Saúde, en Eficiencia e Aproveitamento Enerxético, en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos, e en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria. Así mesmo, tamén na UDC, se impartirá o Programa de Doutoramento en Ciencias Sociais e do Comportamento.
Na Universidade de Santiago impartiranse por primeira vez no curso que comeza en setembro o máster Erasmus Mundus en Lexicografía, unha ensinanza que se oferta de forma conxunta con universidades de Alemaña, Hungría, República Sudafricana, Portugal, Italia, Francia e Polonia. Tamén na USC se oferta o máster en Xornalismo e Comunicación: Novas Tendencias en Produción, Xestión e Difusión do Coñecemento, e o máster universitario en Filosofía, Coñecemento e Cidadanía. Así mesmo, modifícase a denominación do título de Grao en Lingua e Literatura Modernas, que pasa a chamarse Grao en Linguas e Literaturas Modernas.
Pola súa banda, na Universidade de Vigo impartirase o novo grao en Enxeñaría Aeroespacial. Todas estas novas ensinanzas universitarias contan coa devandita verificación do Consejo de Universidades do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.