Noticias

Fallece el escritor villalbés Agustín Fernández Paz, uno de los autores más valorados de la literatura infantil y juvenil de Galicia

Numerosas muestras de condolencia tras conocerse el fallecimiento del escritor lucense Agustín Fernández Paz, considerado como una de las figuras más reconocidas de la literatura infantil y juvenil de Galicia. La Xunta de Galicia emite un comunicado oficial lamentando su muerte y destacando su "contribución á cultura galega e a súa implicación e compromiso na tarefa de crear unha literatura xuvenil de calidade en galego".

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A Xunta de Galicia lamenta o pasamento do escritor Agustín Fernández Paz, un dos autores máis coñecidos e valorados no ámbito da literatura infantil e xuvenil en Galicia e no conxunto de España.

Nesta liña, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou do escritor a súa contribución á cultura galega e a súa implicación e compromiso na tarefa de crear unha literatura xuvenil de calidade en galego. Tamén agradeceu a contribución dos seus textos ao traballo educativo nas aulas galegas nas últimas décadas.

Nado en Vilalba en 1947, ademais de Perito Industrial Mecánico, foi mestre e licenciado en Ciencias da Educación. Un oficio, o de docente de primaria e secundaria, que compaxinou durante máis de trinta anos coa súa ampla actividade cultural e divulgativa.

Agustín Fernández Paz é un autor prolífico, con máis de cincuenta títulos. Os seus libros, escritos en galego, foron traducidos a diversas linguas como o castelán, catalán, éuscaro, portugués, coreano, búlgaro, inglés, ou chinés entre outros; e gozan do aprecio da crítica e dos lectores.

Nese sentido, cómpre lembrar que as súas obras mereceron as máximas distincións literarias, foi galardoado ata en dúas ocasións como o mellor autor do ano, no 2004, pola Federación de Libreiros de Galicia e no 2007, pola Asociación Galega de Editores. Tamén recibiu o premio ao mellor libro de LIX do ano, da AELG e o seu libro O único que queda é o amor obtivo en 2008 o Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil que concede o Ministerio de Cultura de España. Ademais, en xaneiro de 2013 foi investido Doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo.

A súa figura e obra tamén foron recoñecidas internacionalmente. No ano 2011, foille outorgado en México o VII Premio Iberoamericano SM de la Literatura Infantil y Juvenil, en homenaxe á súa traxectoria literaria. E obtivo catro designacións, promovidas pola OEPLI, ao Astrid Lindgren Memorial Award, nos anos 2008, 2009, 2010.

Fotografía: Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia

R., 2016-07-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (museo_do_pobo_galego_2.jpg) Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas

O concerto de Sofía Ros na Casa do Saber do Campus de Lugo este luns, 26 de outubro, ás 20.15 horas, abre unha nova semana ateigada de citas culturais na USC. Música, diversos faladoiros, así como proxeccións audiovisuais integrarán os vindeiros eventos do Outono Cultural. Ese mesmo 26 de outubr,o no Pazo de Montenegro, a partir das 17.30 horas, desenvolverase o primeiro dos encontros 'Memoria democrática'. María Valcárcel, profesora da USC e periodista cultural, é a persoa coidadora deste proxecto. O acceso require inscrición previa.
A música folk será neste 2026 a gran protagonista do ciclo Música para reCREAr, que a Vicerreitoría do campus promove coa colaboración do Concello de Pontevedra, ao abeiro dun convenio de colaboración. Esta programación botará a andar este xoves 29 de outubro, ás 20.30 horas, no Pazo da Cultura, cunha actuación do grupo Caldo, mentres que o 12 de novembro, á mesma hora, poderá coñecerse o proxecto musical do dúo Abril.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES