
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:
A Comisión Europea accedeu finalmente á petición do BNG de dar a coñecer o informe elaborado pola Dirección Xeral de Transporte comunitario en relación ao accidente do tren Alvia en Angrois, tras a reiterada insistencia e as reclamacións da forza nacionalista.
Na sede do Executivo da UE, a portavoz do Bloque en Bruxelas, Ana Miranda, coñece o contido do documento da man do responsable de Seguridade Ferroviaria, Herald Ruijters, e de Josef Doppelbauer, director executivo da Axencia de Seguridade Europea (ERA).
Na cita tamén estarán representantes da Plataforma de vítimas, ás que o BNG apoio en todo momento incluíndo a organización dunha viaxe á capital comunitaria con encontros ao máximo nivel que están na orixe do informe que agora se dará a coñecer.
Tras esa viaxe auspiciada polo Bloque no pasado mes de novembro de 2015, a Comisión Europea comprometerase co BNG e cos representantes das vítimas a elaborar un informe, -encargado á ERA-, sobre o accidente do Alvia, tras admitir ter recibido datos adicionais de gran importancia, e co compromiso de entrega en maio de 2016. Pero, sorprendentemente, a Comisión negouse a facilitar o informe por considerar que podía afectar a unha investigación en curso contra o estado español por incumprimento da Directiva de Seguridade Ferroviaria. A través da portavoz en Europa, Ana Miranda, o BNG presentou un recurso ante a Unidade de Transparencia da Comisión Europea, que tivo como resposta a confirmación de que adiaba a entrega do informe.
Unha demora que Miranda atribúe a presións do Estado español e que motivou que de novo no pasado mes de xuño, o BNG volvese reclamar o informe á Comisión Europea. Finalmente, o Executivo comunitario trasladará o documento na reunión prevista para maña con Ana Miranda e unha representación das vítimas.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.