Noticias

A Mesa pola Normalización Lingüística presenta una "app" para activar los derechos lingüísticos de los gallegos "con un clic"

A Mesa Pola Normalización Lingüística pone en marcha el proyecto "A liña do galego", presentando en Santiago de Compostela una aplicación con la que los ciudadanos pueden activar "con solo un clic" sus derechos lingüísticos y denunciar o felicitar el uso de la lengua gallega por parte de empresas e instituciones. En 2015 A Mesa tramitó 200 casos, de los que "el 90% eran quejas".

Nota de prensa de A Mesa Pola Normalización Lingüística:

A Mesa pola Normalización Lingüística presentou en Santiago a App A Liña do Galego, coa que melloran o servizo de asesoramento, queixas e parabéns, que a entidade en defensa da lingua presta de xeito gratuíto desde 2007.

O obxectivo deste aplicativo é proporcionar unha nova forma de comunicación coa Liña do galego, que permita o envío de queixas e parabéns dunha forma sinxela, rápida, segura e cómoda. Unha ferramenta destinada a persoas que fan a elección de vivir en galego, que queren atopar o galego en calquera lugar, que sosteñen o desexo de vivir en galego e que queren mostrar as dificuldades para avanzar mais tamén recoñecer e arroupar quen co seu esforzo, e sen ningún tipo de colaboración da administración, fai que o galego exista.

O aplicativo pode ser descarregado da Play Store e da Apple Store. Unha vez descarregado, a usuaria ou usuario ten que se rexistrar. Para o envío de queixas e parabéns só hai que cubrir un sinxelo formulario e adxuntar fotografía, arquivo ou documento. Aínda que a Mesa non admite denuncias anónimas, garante a confidencialidade e anonimato de todos os datos.

A presentación tivo lugar no espazo enocultural Vide, Vide! de Santiago, ao que A Mesa recoñeceu polo seu uso normal do galego xunto a diferentes marcas de viño. O presidente da entidade, Marcos Maceira, agradeceu a existencia do aplicativo en primeiro lugar aos case 5000 socios e socias da Mesa “ que mateñen vivo o proxecto de activismo a favor da lingua galega, co seu esforzo persoal e tamén coas principais achegas económicas que permiten a existencia de iniciativas tan importantes como A Liña do galego”.

En segundo lugar Maceira destacou “ás únicas entidades públicas que en maior ou menor medida colaboran co traballo da Mesa”, os concellos de Allariz, Arzúa, A Capela, Manzaneda, A Pobra do Brollón, Poio, Pontecesures, Rianxo, San Sadurniño, Teo e Pontevedra.

Por último resaltou a calidade da App grazas ao traballo de Imaxin Software, empresa qu tamén destaca polo compromiso lingüístico no ámbito das novas tecnoloxías.

Segundo indicou ferramentas como a Liña do galego son imprescindíbeis para visibilizar a situación real do galego, axudar que axuda á normalidade da lingua, mais tamén denunciar que só poñen atrancos, exclúen e discriminan quen só utiliza a súa lingua no seu país. Sinalou tamén que a inexistencia de axuda ou colaboración pública, agás os concellos mencionados, a servizos gratuítos de apoio á lingua como este é un caso único nos territorios con lingua propia oficial.

A Mesa, a través da Liña do galego, tramitou case 200 expedientes, maioritariamente de queixa por vulneración de dereitos lingüísticos, coas que elaborou o informe da Liña do Galego que xa foi presentado a organismos internacionais como o Consello de Dereitos da ONU, o Consello de Europa, ou recentemente no Parlamento Europeo.

Segundo afirmou o presidente da Mesa, a esta altura de ano,a Mesa xa igualou a cantidade de expedientes de todo o 2015, “o que demostra que cada vez exite máis conciencia dos dereitos lingüísticos, das discriminacións e da necesidade de ferramentas colectivos como A Mesa para garantir o uso normal do galego”.

Fotografía: A Mesa Pola Normalización Lingüística

R., 2016-07-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (museo_do_pobo_galego_2.jpg) Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas

O concerto de Sofía Ros na Casa do Saber do Campus de Lugo este luns, 26 de outubro, ás 20.15 horas, abre unha nova semana ateigada de citas culturais na USC. Música, diversos faladoiros, así como proxeccións audiovisuais integrarán os vindeiros eventos do Outono Cultural. Ese mesmo 26 de outubr,o no Pazo de Montenegro, a partir das 17.30 horas, desenvolverase o primeiro dos encontros 'Memoria democrática'. María Valcárcel, profesora da USC e periodista cultural, é a persoa coidadora deste proxecto. O acceso require inscrición previa.
A música folk será neste 2026 a gran protagonista do ciclo Música para reCREAr, que a Vicerreitoría do campus promove coa colaboración do Concello de Pontevedra, ao abeiro dun convenio de colaboración. Esta programación botará a andar este xoves 29 de outubro, ás 20.30 horas, no Pazo da Cultura, cunha actuación do grupo Caldo, mentres que o 12 de novembro, á mesma hora, poderá coñecerse o proxecto musical do dúo Abril.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES