
Información recogida del Instituto Galego de Estatística (IGE):
No segundo trimestre de 2016, o indicador de confianza do consumidor (ICC1) reflicte un valor de -16,37 puntos, 2,43 puntos por debaixo do referido ao trimestre anterior. Neste trimestre diminuíron todos os indicadores parciais de perspectivas de evolución, a capacidade futura de aforro diminuíu 4,6 puntos, o indicador de situación económica en Galicia diminuíu 3,14 puntos, o de situación financeira persoal 1,68 puntos e o de desemprego 0,33 puntos.
O indicador de confianza do consumidor varía en función do intervalo de ingresos do fogar. Os fogares con menores ingresos medios mensuais son os que presentan valores máis baixos no ICC, mentres que a confianza aumenta ao incrementárense os ingresos do fogar. Así, o indicador no caso dos fogares con menos de 600 ao mes acada o valor de -42,81, namentres que entre os fogares que máis ingresan ao mes (por riba dos 3.000) o indicador sitúase en 21,25.
No segundo trimestre de 2016 o 44,37% dos fogares galegos chega con facilidade ou moita facilidade a fin de mes, o 46,11% con dificultade e o 9,52% restante con moita dificultade.
Con respecto ao trimestre anterior, prodúcese unha diminución de 1,33 puntos na porcentaxe de fogares que chega con facilidade ou moita facilidade a fin de mes, e de 1,23 puntos na dos que chegan con dificultade. A porcentaxe de fogares que chega con moita dificultade aumentou 2,56 puntos. Con respecto ao segundo trimestre do ano 2015, a porcentaxe de fogares que chega con facilidade ou moita facilidade a fin de mes medrou 5,47 puntos e a porcentaxe de fogares que chega con moita dificultade 2,04 puntos. Pola súa banda, a de fogares que chega con dificultade caeu 7,51 puntos no segundo trimestre de 2016 respecto ao mesmo período do ano anterior.
O 19,91% dos fogares galegos non se permitiu ningún extra nos tres últimos meses. Considéranse como extra os gastos destinados a vacacións ou viaxes, facer fronte a imprevistos ou grandes compras, extras de alimentación, roupa ou calzado, contratar novos servizos para o fogar, saír a cear, ir ao cine, etc. Tamén se inclúe nesta categoría poder aforrar e traballar menos horas ou que algún membro do fogar se permitira deixar de traballar.
O 14,04% dos fogares galegos diminuíu gastos comúns como roupa e calzado, transporte, etc (non se inclúen nesta categoría os gastos en alimentación). Esta foi a medida económica máis habitual empregada polos fogares para reducir os gastos, aumentar os ingresos ou afrontar pagos no segundo trimestre de 2016. Ademais, o 13,25% dos fogares galegos cambiou os seus hábitos de compra, mercando marcas brancas ou produtos de oferta.
O 71,38% dos fogares galegos ten pensado saír a cear, a cafeterías, ir ao cine ou ao teatro nos próximos tres meses, o 32,67% aforrar algo de cartos, o 29,09% facer algún extra en produtos de alimentación e o 19,35% pagarse unhas vacacións, viaxes ou estadías de lecer.
O 17,32% dos fogares galegos está pagando a vivenda principal que compraron, o 8,95% o coche e o 2,73% unha segunda vivenda.
Os obxectivos principais da Enquisa conxuntural a fogares (ECF) son:
- Construír o Indicador de Confianza do Consumidor (ICC) e o Indicador de Sentimento do Consumidor (ISC), que permiten obter un rápido coñecemento dos cambios na percepción do consumidor respecto ás súas expectativas de gasto e aforro así como da situación económica persoal e xeral da Comunidade Autónoma. As percepcións dos fogares, independentemente dos indicadores macroeconómicos, son unha ferramenta moi útil para a análise económica a curto prazo.
- Proporcionar información sobre as medidas que toman, ou pensan tomar, os fogares galegos segundo sexa a súa propia situación económica: decisións sobre os gastos efectuados, aforro, número de horas a traballar, solucións financeiras,etc.
Imagen: Instituto Galego de Estatística (IGE)
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.