Noticias

El responsable de los efectos de nieve en la película Frozen desvela secretos visuales del cine en la Universidade de Santiago de Compostela (USC)

El responsable de los efectos de nieve de la película infantil "Frozen" explica en una conferencia algunos de los secretos en las simulaciones visuales en el cine. La ponencia de Joseph Teran se enmarca en la XIX Conferencia Europea en Matemáticas para la Industria (ECMI2016), que promueve la Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la USC:

A Universidade de Santiago está a ser a sede dun encontro internacional no que destacadas figuras do eido dos negocios, a ciencia e a academia se reúnen para promover o uso das matemáticas innovadoras na industria. A XIX Conferencia Europea en Matemáticas para a Industria (ECMI2016), organizada polo Departamento de Matemática Aplicada da USC e a Rede Española Matemática e Industria (math-in), ten lugar ata o 17 de xuño, coa participación de máis de 350 investigadores e investigadoras de case 40 países de todo o mundo.

No marco do encontro, o martes 14 terá lugar un evento especial destinado ao público en xeral denominado ‘O Camiño Matemático cara aos Oscars’, que pretende mostrar de modo asequible para a cidadanía algúns dos secretos na simulación de efectos visuais nas artes cinematográficas.

A sesión, a desenvolver con tradución simultánea ás 20.00 horas no Auditorio Abanca, comezará cunha conferencia de Joseph M. Teran, profesor da Universidade de California e unha das principais autoridades mundiais no campo da creación de efectos visuais no cine. Teran é colaborador de Walt Disney Animation Studios e foi o responsable dos efectos de neve da película ‘Frozen’, gañadora de dous premios Óscar e un Globo de Oro. Precisamente o seu relatorio leva por título ‘Simulación numérica da neve en películas e na aula’.

Logo da intervención de Teran terá lugar unha mesa redonda que moderará o profesor da USC Jorge Mira e á que se incorporarán Xenxo Álvarez, de The Gearing e Ottiplanet, que falará das tendencias no desenvolvemento de personaxes para películas de animación e videoxogos, e Ignacio Vargas, un dos creadores da empresa Next Limit Technologies, mundialmente recoñecida pola creación de efectos especiais relacionados coa auga. O traballo desta empresa española ten presenza en superproducións como ‘O señor dos aneis: o retorno do rei’ ou ‘Matrix reloaded’.

NoticiaO ECMI2016 inaugurouse na Aula Magna da Facultade de Bioloxía nunha cerimonia que presidiu o reitor da USC, Juan Viaño, e na que participaron tamén o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; o presidente do Consorcio Europeo de Matemática Industrial, Dietmar Hoëmberg; o presidente do comité científico do encontro, Alfredo Bermúdez de Castro; e a presidenta do comité organizador, Peregrina Quintela.

Ademais dos dous relatorios diarios a cargo de especialistas de renome internacional, entre eles o profesor da USC Wenceslao González, o congreso contempla numerosas sesións de comunicacións e minisimposios nos que se darán a coñecer distintas experiencias de matemáticas aplicadas á industria.

Fotografía 2: Gabinete de Comunicación de la USC

R., 2016-06-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES