Noticias

El impacto de la prensa local en la configuración social y política, a debate en la Universidad de Verano de la USC

El impacto de la prensa local en la configuración del tejido social y político: El caso de La Voz de Ortigueira es el título del curso que abrió la programación de la Universidad de Verano de la USC 2016 en el campus de Lugo. La Facultad de Humanidades se convirtió en un foro abierto para el análisis del cometido de la prensa local en la actual era de la globalización.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la USC:

Suscitar unha fonda reflexión sobre a importancia da prensa de proximidade e sobre a contribución que esta segue a prestar na actual configuración social e política e Galicia figura tamén entre as premisas que alentaron a organización deste curso estival da USC, un programa dirixido polos profesores María Isabel González Rey e Xosé López García que recupera a memoria de publicacións centenarias como La Voz de Ortigueira e Heraldo de Viveiro, pero que tamén supón unha fiestra para pensar sobre os retos dalgunhas cabeceiras de prensa galegas, tales como El Progreso ou La Voz de Galicia.

O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno; a concelleira de Economía do Concello de Lugo, Ana Prieto, e o deputado provincial Álvaro Santos, ademais da decana de Humanidades, María Isabel González Rey, participaron na sesión inaugural deste curso de verán da USC, cuxa sesión de relatorios comezou de seguido cunha intervención do xornalista e director xeral do Grupo El Progreso, José de Cora, quen fará unha exposición baixo o título ‘El Progreso, unha experiencia de 108 anos’.

A prensa comarcal, a incidencia da información e da comunicación no desenvolvemento da contorna, o semanario ¡Guau! ¡Guau! e a imprenta Fojo e a prensa ortegana, centrarán a temática dos relatorios programados na sesión matinal da primeira xornada deste curso, nas que interviron como relatores os xornalistas Xosé López García, Luís Celeiro, Juan Soto e o historiador Anxo Rosende. Xa en quenda de tarde, as persoas inscritas neste programa realizaron visitas didácticas ás sedes de El Progreso, de La Comarca del Eo, e da delegación luguesa de La Voz de Galicia.

Estas primeiras intervencións permitiron constatar a importancia histórica da Mariña luguesa e de Ortigueira como enclaves do florecemento da prensa local e comarcal, un patrimonio histórico e cultural que sería interesante conservar, ensinar e darlle promoción, segundo indicou o xefe de Comunicación da USC, Luís Celeiro, quen aproveitou a súa intervención neste foro para lanzar a proposta de creación e posta en marcha dun museo, a xeito de centro de referencia da prensa local, comarcal e das artes gráficas.

Este museo museo didáctico de ámbito galego e carácter público podería estar focalizado en tres puntos, ou con tres sedes, en Ribadeo, Viveiro e Ortigueira. Este novo itinerario cultural e económico a carón do mar permitiría que todos os cidadáns destas comarcas, así como do resto de Galicia e demais visitantes, puideran coñecer como eran as fábricas de cultura na época, como eran os sistemas de impresión, de maquetación, de elaboración de xornais, libros e moitos materiais gráficos de tanto valor aínda na actualidade.

A posta en marcha deste museo, que na opinión de Luís Celeiro, tería unha positiva implicación educativa e axudaría aos mestres de forma transversal na súa tarefa didáctica, debería implicar ás deputacións provinciais de Lugo e da Coruña, ademais da Xunta de Galicia, a través das consellerías de Cultura e Educación e de Economía, e dos concellos.

O programa de relatorios deste curso continuará este venres na Facultade de Humanidades de Lugo, onde o xornalista e colaborador de La Voz de Galicia Ernesto Sánchez Pombo abrirá a quenda de intervencións cunha exposición sobre o futuro da prensa local no mundo global. As experiencias audiovisuais de proximidade, o último medio século de Heraldo de Viveiro, a prensa local de Ribadeo e a prensa infantil e escolar na comarca do Ortegal capitalizarán a temática das intervencións de Ana Isabel Rodríguez, Juan Carlos Neira Brochs, Javier Rivera e Xosé Antonio Neira Cruz ao longo da sesión matinal.

A comitiva do curso desprazarse ata Viveiro, onde logo de visitar a sede de Heraldo de Viveiro, o historiador e cronista local Carlos Nuevo Cal ofrecerá unha charla sobre a importancia da prensa local viveiresa e a súa interacción coa estrutura social e política na bisbarra.

Unha visita a exposición conmemorativa organizada en Ortigueira co gallo do centenario de La Voz de Ortigueira cerrará o venres a programación dun curso que chegará ao seu colofón o sábado 4 de xuño na sede da Fundación Ortegalia de Ortigueira, onde se desenvolverán ao longo de toda a xornada diversos relatorios e táboas redondas sobre a temática da prensa local e comarcal.

R., 2016-06-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) CiberLabFP configúrase como un espazo de aprendizaxe, experimentación e desenvolvemento de competencias en contornos reais que integran tecnoloxías da información (IT) e de operación (OT) para así adaptar a Formación Profesional aos novos escenarios de transformación dixital. Entre as súas funcionalidades destacan a formación especializada do profesorado, a simulación de ciberataques e defensa en contornos virtuais, a análise forense industrial ou a validación de sistemas. Ademais, contará cunha estación móbil que permitirá levar a tecnoloxía a centros educativos e realizar demostracións en empresas e feiras.
Foto de la tercera plana (costa-litoral-illas-cies.jpg) Celebrouse hoxe a sesión constitutiva do Foro do Litoral de Galicia, que será o máximo órgano colexiado de consulta e participación do conxunto da sociedade co fin de optimizar a xestión e ordenación da costa galega. Nel están representadas a Administración autonómica e as locais así como os sectores social, científico, económico e medioambiental e as entidades implicadas na protección do patrimonio natural co fin último de garantir unha gobernanza que permita unha participación suficiente de todos os sectores da sociedade interesados no litoral. A constitución do foro facilitará a partir de agora facer un seguimento das normas, políticas e instrumentos do litoral.

Notas

Baixo o lema A inclusión no centro: perspectivas internacionais para o cambio institucional desenvolverase entre os días 4 e 8 de maio a International Staff Week 2026, unha iniciativa coa que a Vicerreitoría de Internacionalización persegue un triplo obxectivo: fortalecer as relacións internacionais da UVigo: explorar novas oportunidades de colaboración académica; e compartir boas prácticas en materia de mobilidade internacional.
Un estudo realizado por persoal investigador do grupo de Neurobioloxía Celular e Molecular da Enfermidade de Parkinson do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CiMUS) e da Universidade de Cambridge, coa colaboración doutras institucións europeas como o Instituto Karolinska, propón unha nova forma de entender como se dana e se repara o cerebro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES