
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, promove unha reflexión ao redor do mundo da moda cunha conferencia do director artístico do Museo Thyssen-Bornemisza, Guillermo Solana, e unha master class de Manuel Outumuro, un dos grandes nomes da fotografía de moda en España.
Estas dúas actividades desenvólvense no marco das Xornadas Académicas da exposición Con-fío en Galicia, organizadas polo Museo Centro Gaiás. Debido ao interés suscitado tanto por Guillermo Solana como por Manuel Outumuro, a conferencia e master class ábrense, previa reserva de praza, a interesados que non estean inscritos nas xornadas.
Ao redor do tema A moda nas exposición temporais dos grandes museos de arte, Guillermo Solana dará conta (martes 7 de xuño, 10.15 h.) da súa experiencia á fronte dunha das institucións culturais máis prestixiosas de España, que ten desenvolvido proxectos expositivos ao redor do mundo da moda tan célebres como Hubert de Givenchy ou Vogue like a painting. Na súa charla estará acompañado por Juan Gutiérrez, conservador de coleccións contemporáneas do Museo Nacional do Traxe, cunha intervención que leva por título Entre o permanente e o efémero. Os interesados poden reservar praza en cidadedacultura.gal.
Manuel Outumuro, pola súa banda, impartirá unha master class sobre fotografía e moda o xoves 9 de xuño de 10.15 a 14.15. As súas fotografías constitúen documentos que reflicten boa parte da historia da moda nestes últimos vinte anos. Ademais de ser creador da imaxe gráfica e comunicación visual de grandes deseñadores de moda, como fotógrafo publicou en revistas internacionais como Vogue, Elle ou Zest e españolas como Fotogramas, Telva, Woman, Elle, Marie Claire, ademais de colaborar en xornais nacionais como El País ou La Vanguardia.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.