Noticias

La RAG celebra el Día das Letras Galegas homenajeando a Manuel María en Outeiro de Rei

La Casa de Hortas donde Manuel María pasó su infancia es hoy la Casa-Museo dedicada al poeta que acoge el acto de homenaje de las Letras Galegas 2016, dedicado a su figura. La RAG celebra en este escenario una sesión extraordinaria para recordar la trayectoria vital y literaria del escritor.

Nota de prensa de la Real Academia Galega (RAG):

"Gardo dentro de min toda a fragancia / dos amados rincós da miña infancia / e os recendos que tiña a vella casa". Manuel María Fernández Teixeiro dedicoulles versos coma estes ao fogar de Outeiro de Rei no que naceu o 6 de outubro de 1929 e no que pasou a súa infancia, a Casa de Hortas. Este lugar, esencial na súa vida e na súa obra, e hoxe convertido en Casa-Museo Manuel María, escenario no que a Real Academia Galega celebra o 17 de maio o Día das Letras Galegas, nunha sesión extraordinaria aberta ao público.

Manuel María foi o autor dalgunhas das obras máis populares das letras galegas da segunda metade do século XX e unha persoa cun compromiso coa lingua propia de Galicia inquebrantable desde a súa mocidade. Foi, de feito, o primeiro escritor novo en publicar un libro en galego na Galicia da posguerra, Muiñeiro de brétemas, que creou cando só tiña 19 anos. Iniciaba así unha prolífica traxectoria literaria na que foi sobre todo poeta pero na que tamén cultivou a narrativa, o teatro, o ensaio e a prosa xornalística, ademais de desenvolver un importante labor de activismo e divulgación cultural por toda Galicia que mantivo ata pouco antes de falecer, en setembro de 2004.

Na cerimonia, tres membros de número da Academia, Manuel Rivas Barrós, Margarita Ledo Andión e Darío Xohán Cabana, encárganse de recordar a traxectoria vital e literaria do escritor. O presidente da RAG, Xesús Alonso Montero, pecha o acto.

Fotografía: Real Academia Galega (RAG)

R., 2016-05-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (museo_do_pobo_galego_2.jpg) Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas

O concerto de Sofía Ros na Casa do Saber do Campus de Lugo este luns, 26 de outubro, ás 20.15 horas, abre unha nova semana ateigada de citas culturais na USC. Música, diversos faladoiros, así como proxeccións audiovisuais integrarán os vindeiros eventos do Outono Cultural. Ese mesmo 26 de outubr,o no Pazo de Montenegro, a partir das 17.30 horas, desenvolverase o primeiro dos encontros 'Memoria democrática'. María Valcárcel, profesora da USC e periodista cultural, é a persoa coidadora deste proxecto. O acceso require inscrición previa.
A música folk será neste 2026 a gran protagonista do ciclo Música para reCREAr, que a Vicerreitoría do campus promove coa colaboración do Concello de Pontevedra, ao abeiro dun convenio de colaboración. Esta programación botará a andar este xoves 29 de outubro, ás 20.30 horas, no Pazo da Cultura, cunha actuación do grupo Caldo, mentres que o 12 de novembro, á mesma hora, poderá coñecerse o proxecto musical do dúo Abril.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES