Noticias

Pedro Sánchez apuesta en Vigo por trabajar en equipo y ganar el futuro, entre críticas a los políticos que impideron el cambio desde el 20D

Pedro Sánchez, andidato socialista, en su visita a Vigo hizo un llamamiento a la sociedad a "apostar" por el PSOE para que España "trabaje en equipo" y "gane el futuro". Acompañado por el alcalde vigués, Abel Caballero, el líder socialista recién proclamado candidato oficial a las nuevas elecciones generales, dice que este nuevo encuentro con las urnas no es "una segunda vuelta" ni una "simple repetición", sino una "nueva oportunidad".

Nota de prensa del Gabinete del PSOE, del PSdeG y Facebook del PSOE de Vigo:

Pedro Sánchez protagonizou un acto político en Vigo con Abel Caballero e pediu un apoio masivo o 26 de xuño ao PSOE para facer posible o cambio. ‪

Previamente á súa visita a Galicia, a socialista galega Pilar Cancela era presentada en Barcelona por Pedro Sánchez como unha das integrantes do novo equipo do Goberno de Cambio do candidato á presidencia do Goberno. Cancela, que ten unha amplísima experiencia no eido das relacións laborais e o emprego, aportará desde a nosa comunidade propostas sobre sectores como a pesca, a agricultura, a gandeiría ou o desenvolvemento rural, nos que Galicia é un referente para o partido e para o proxecto socialista en toda España.

Pilar Cancela realizou unha intervención de dous minutos no acto de presentación do equipo esta mañá, como o resto dos integrantes do mesmo. A socialista destacou a necesidade urxente de impulsar un sectores produtivos que teñen perdido peso no PIB e no emprego en favor doutros sectores, de potenciar un “relevo xeracional” e a incorporación da xente moza “porque sexa un sector que lles resulte atractivo, e non por resignación ou como última saída”, e alertou sobre a urxencia de combater como prioridade “o despoboamento e a crise demográfica” que afectan ao desenvolvemento do rural e do sector pesqueiro.

NoticiaA socialista chamou a “converter estes sectores nunha oportunidade” a través dunha política de futuro coas ferramentas da “codecisión e o diálogo social” cun diálogo permanente e permeable con estes sectores. A aposta polo I+D+i e o desenvolvemento sostible, e pola fórmula cooperativa para “aproveitar os recursos, asentar a poboación e crear emprego de calidade e estable”, foron outros dos eixos do seu discurso.

Cancela destacou tamén como “clave” o papel da muller no rural e na pesca, onde se deben levar a cabo políticas que acaben coa desigualdade no seu papel, e chamou a revisar o equilibrio dos dereitos dos traballadores do mar cos demais traballadores, a facer fincapé na prevención de riscos laborais, a revisar o modelo de afiliación da PAC ou apostar pola agricultura ecolóxica e a acuicultura nuns sectores “que deben xerar riqueza e emprego, porque son un referente non só económico, senón tamén social e cultural en todo o noso territorio”, afirmou.

Fotografía: Gabinete del PSOE

R., 2016-05-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES