Noticias

Anova consultará a sus bases sobre la fórmula de En Marea para concurrir en coalición el 26J

Anova hará una consulta interna propia sobre la fórmula de En Marea. Ferreiro apuesta por "mejorar" En Marea y dice sobre el acuerdo de registrar coalición para concurrir a las nuevas elecciones generales del 26J: "Ni satisfecho ni no satisfecho". También se ratificarán los nombres de esta formación para integrarlos en las candidaturas de la cita electoral del 26J.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

Anova-IN programa unha consulta interna sobre a fórmula xurídica de ‘En Marea’ e as persoas de Anova a integrar nas listas nas novas eleccións. Fai un chamamento para que a cidadanía consciente acuda á Asemblea de ‘En Marea’ convocada para o 15 de maio no Auditorio de Galiza de Compostela, co obxectivo de emprender unha apertura e democratización dese espazo político desde a participación directa, cidadá, desde abaixo, para así combater con máis eficacia as nefastas políticas do Partido Popular no Estado e en Galiza.

Para salvagardar o espazo de confluencia, e debido á cuestión burocrática de que o prazo de inscrición de coalicións remata o día 13 de maio, Anova-IN vese na obriga de asinar preventivamente a coalición ‘En Marea’ antes de consultar a decisión sobre a fórmula xurídica ás súas bases. Malia isto, lembra que aínda queda prazo até o día 23 para poder escoller outra fórmula.

Anova-IN priorizou sempre a Unidade Popular e os espazos de confluencia, sendo ‘En Marea’ un proxecto de continuidade co que se sente comprometida, mais entende que este debe ser democratizado e aberto a cidadanía galega, pois ese foi o compromiso adquirido o 20D.

É por isto que Anova-IN terá moi en conta o sentir da Asemblea do 15M de ’En Marea’ para adoptar unha decisión definitiva neste eido. En última instancia a decisión definitiva sobre a fórmula xurídica será tamén aprobada en consulta a vindeira semana pola militancia de Anova-IN.

Por outra banda, a Comisión Permanente de Anova, delegada pola Coordinadora Nacional e en coherencia cos postulados de democracia interna que rexen na organización, convocará para a semana vindeira un novo proceso de primarias para dilucidar os candidatos e candidatas a se integraren nas listas electorais de ‘En Marea’ para as eleccións ás Cortes do Estado do 26X.

Neste eido concreto, os consensos internos de Anova, nos que imperan a democracia a irmandade e a igualdade, obrigan a facilitar que calquera militante poida optar a formar parte das diferentes convocatorias electorais. Dado que o vindeiro 26X, por mor de que a pasada lexislatura abortou prematuramente, nos enfrontamos a un proceso ‘ex novo’, no que se poden –e de feito así está a acontecer– mudar as candidaturas e as listas, Anova convocará doutra volta unha consulta interna con carácter vinculante.

R., 2016-05-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES